Skip to Content

Blogues

Actividades do primeiro e segundo trimestres

No primeiro trimestre fixemos:

1. Plantamos na horta do noso instituto unha serie de produtos de época que traballaramos na aula de Proxecto Compentencial.

2. Adiouse a actividade de homenaxe ós mártires de Sobredo na que iamos participar co estudantado de 4º da ESO.

3. No mes de novembro, o estudantado de primeiro da ESO de Português escenificou A lenda do galo. Traballaron con debuxos, experimentos co cambio da cor e a representación teatral.

4. No mesmo mes de novembro, entregouse o Premio do V Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño.

 

No segundo trimestre desenvolvemos:

1 Un taller de BD para cuarto da ESO impartido por Pablo Prado.

Sobre min - Pablo Prado

2. Na materia de Proxecto Competencial, en terceiro da ESO, fixeron unha análise das mudanzas no territorio do concello do Porriño que podedes consultar neste enlace.

https://sites.google.com/d/1chcm_BNCzxqbsEfjUZywCyy47Sp-LGK3/p/19eyAnckCAOGZjzzFLzSeGs-3YqN9KtKl/edit

3. O 16 de febreiro visitounos Emma Pedreira e faloulle da súa obra ó estudantado de 1eiro de BAC.

Os libros que hai en min» de Emma Pedreira – Lecturafilia

 

 

4. Concurso Reto do entroido galego que gañou os Merdeiros de Pontellas de 1eiro da ESO C.

5. Exposición dos entroidos tradicionais de Portugal, elaborada polos estudantes de portugués de primeiro e terceiro da ESO.

6. No día 24 de febreiro participamos no Día de Rosalía con diferentes actividades nunha xornada de encontro dos diferentes centros de educación secundaria do noso concello.

O estudantado de 1eiro e 2º da ESO participan na nosa xa tradicional Ruada Rosaliana.

Estudantes de 3eiro da ESO leron textos de Rosalía e de Murguía (por ser o centenario da súa morte) nesa xornada.

Xa no 23 o estudantado fixera a Ruada Rosaliana no noso centro e no luns 27 de marzo ruaron coas composicións que non lles deran tempo a cantar no acto da vila.

7. No mes de febreiro publicouse a convocatoria para o VI Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño.

8. En todo o curso, sendo a final na Semana das Letras, realizamos na Biblioteca un concurso de Pasapalabra.

9. No 8M as actividades do noso centro foron desenvolvidas polo Comando de Igualdade, no que nos encontramos varios docentes do noso departamento. Mais tamén, como xa vén sendo tradición, un grupo de nenas representaron unha serie de monólogos de mulleres senlleiras. A coordinación desta actividade correo a cargo de Delio.

 

10. No centro festexamos o Día da Poesía cun recitado do noso estudantado en todas as linguas que se imparten no noso centro. O noso departamento tamén participou nesta actividade con composicións en galego e en portugués.

 

Traballo Proxecto Competencial

Neste ano lectivo 22-23, no noso centro a hora de Proxecto Competencial está dedicada a estudar a horta. A aproximación a este ámbito de coñecemento farase dende diferentes perspectivas científico-técnicas. No curso de primeiro da ESO, estudan a horta dende o ollar da Bioloxía. En terceiro da ESO, é dende unha perspectiva filolóxica.

No primeiro trimestre, elaboramos:

Un vídeo cos resultados dese traballo: https://drive.google.com/file/d/10ulPHQyWsGkBfAeXo1RfPF77BXgUOxv0/view?usp=drivesdk

Un dicionario visual: https://sites.google.com/view/eixidodalourinha/inicio

Traballos do primeiro trimestre en Proxecto Competencial

Este ano académico, no noso centro, estudamos a horta na hora de Proxecto Competencial. En cada curso faise dende un ollar científico-técnico diferente. Deste modo, en primeiro faise dende a Bioloxía e en terceiro dende a Filoloxía Galega.

Os resultados de traballo deste trimestre son:

 

1. sites.google.com/view/eisidodalourinha/inicio

 

2. Vídeo Proxecto competencial: está anexo a esta entrada.

 

HAMLET (soliloquio), de W. Shakespeare

O monólogo máis famoso da historia do teatro interpretado no curso 2020-21 polo alumno de 1 ESO Nicolás Freiría Casal

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut