Skip to Content

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020/2021

Restablecese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado para a ESO e  Bacharelato  a partir do vindeiro luns 11 de maio e rematará o 18 do mesmo mes.

O horario de atención ao público da secretaría do centro será de 09:30 a 13 horas.

Seguindo as recomendacións sanitarias a establecer nos centros educativos durante as xornadas presencias e nos procedementos de atención ao público, aconsellamos utilizar o teléfono e/ou correo electrónico para posibles consultas sobre o procedemento. Todo isto sen prexuízo da garantía a recepción de solicitudes ou atención ao público no horario establecido polo centro.

Para calquera dúbida poden contactar no 986 333 956 ou por correo electrónico no ies.ribeira.louro@edu.xunta.es, poñendo no asunto A/A Secretaría.

 

Iniciar sesión

  Biblioteca           



page | by Dr. Radut