Skip to Content

Visita ao "Pergamiño Vindel"

O pasado 2 de marzo alumnado do noso centro visitou o "Pergamiño Vindel", onde se conservan as sete cantigas de amigo que Martín Codax escribiu a finais do século XIII. Esta xoia da literatura medieval galego-portuguesa mostrouse ata o 4 de marzo de 2018 no Museo do Mar en Vigo.

Pergameo Vindel

Preme sobre a foto para ver o álbum

Logo da visita ao museo, e desafiando o mal tempo climatolóxico, fixemos unha excursión en barco á illa de San Simón. Esta illa é un lugar emblemático da ría de Vigo, referente para poetas medievais e testigo dunha intensa historia: foi mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos.

Como homenaxe aos artistas que se inspiraron na nosa ría recitamos cantigas medievais e cantamos a cantiga V do pergamiño.  Así mesmo, lemos un fragmento do "Lapis do carpinteiro" como lembranza do terrible pasado da illa.

 

 Podes descargar o noso arranxo dende o arquivo adxunto

AdxuntoTamaño
Quantas_sabedes_amar_amigo.pdf178.21 KB

Iniciar sesión

  Biblioteca           



page | by Dr. Radut