Skip to Content

Blogues

UN CRUCEIRO DE PRACER, de Alfred Hitchcock (Teatro filmado)

Os perigos da ludopatía ou cando alguén está disposto a arriscalo todo para gañar unha aposta.

 

SHAKESPEARE PARA IGNORANTES, de Quico Cadaval (Teatro filmado-2019)

Aquí podes ver as películas que gravamos a partir das seguintes representacións teatrais do noso alumnado: Shakespeare para ignorantes, de Quico Cadaval (na páxina); Estes zocos non son para min, de Raquel Castro, e mais Un cruceiro de pracer, de Alfred Hitchcock:

Concerto de Uxía Senlle

  O pasado 3 de maio contamos no noso centro coa extraordinaria voz da cantante galega Uxia Senlle, unha das grandes embaixadoras musicais da cultura galega no mundo da lusofonía. Xunto co guitarrista brasileiro Sergio Tannus, Uxia fixo un percorrido polo seu máis recente repertorio, incluído no album "A palabra cantada". Uxía falounos sobre as cantigas de amigo, a importancia das mulleres na tradición oral, algúns dos nosos poetas máis relevantes (Rosalía, Curros Enríquez, Manuel María, Uxío Novoneyra...) e a conexión da cultura galega co eido lusófono. No remate do concertocantamos todos con Uxía algunhas cancións galegas e portuguesas. 

 

 

 

 

VÍCTOR F. FREIXANES FÁLANOS DO LIBRO "UNHA DUCIA DE GALEGOS"

O Presidente da Real Academia Galega mantivo un encontro na Biblioteca co alumnado de 2ºBACH para falar do libro de entrevistas "Unha ducia de galegos", unha obra mítica que leron os nosos estudantes este ano e que lles causou unha fonda impresión, aínda que non maior ca a de escoitar ao noso extraordinario orador.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut