Seccións bilingües

Características xerais das Seccións Bilingües

O IES Pontepedriña foi un dos dous centros cos que se iniciou en Galicia, no curso 1999-2000, o plan experimental de Seccións europeas, que posteriormente deu lugar ao plan de Seccións bilingües, regulado pola Orde do 18 de abril de 2007 (DOG do 7 de maio de 2007).

As seccións bilingües son materias de ESO ou Bacharelato ou módulos de Formación profesional que se imparten de xeito bilingüe, en galego ou castelán e nunha lingua estranxeira.

O profesorado que imparte as clases, ademais de ser titular da materia correspondente, posúe a titulación mínima no idioma que determina a normativa anteriormente citada.

No caso do noso centro, as Seccións bilingües autorizadas son as seguintes, todas elas pertencentes ao idioma inglés:

  • Bioloxía e xeoloxía (3º e 4º de ESO)
  • Música (3º ESO)
  • Ciencias sociais, xeografía e historia (3º e 4º de ESO)

A introdución da lingua estranxeira en cada sección faise de xeito progresivo, co propósito de asegurar, ademais do reforzo das aprendizaxes do idioma, a adquisición dos contidos propios da materia obxecto da sección.

Para incorporarse aos grupos de seccións bilingües tan só se require a autorización escrita dos pais (pode descargarse un modelo nesta ligazón). Porén, a experiencia amosa que é moi recomendable que o alumnado posúa uns coñecementos aceptables, para o seu nivel educativo, da lingua estranxeira, principalmente para non poñer en risco a súa aprendizaxe dos contidos das áreas de ESO nas que se desenvolven as seccións.

Distribuir contido