Primeiro de bacharelato

            O Decreto 86/2015, , do 125 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 29 de xuño de 2015), a Orde do 15 de xullo de 2015, polo que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria e Baclarelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta ( DOG do 21 de xullo de 015), a Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se amplica a relacion de materias de libre configuración autonómica  de elección para os centros docentes nas etapas de Educación Secundaria e Bacharelato e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG do 04 de agosto de 2016) e a Resolución do 15 de xullo de 2016  da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, pola que se dictan instruccións para impartir, no curso 2016-17, do currículo establelcido no decreto 86/2015, do 25 de xuño ( DOG do 01 de agosto de 2016) regulan o Bacharelato na actualidade.

            Como complemento a esta lexislación publicarónse unhas Aclaracións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa a diversos aspectos do bacharelato derivado do réxime transitorio da implantación da Lei Orgánica 8/2013, de 09 de decembro ( LOMCE), realizadas en resposta as consultas formuladas no inicio do curso 2016-17.

            A continuación amósase o listado das materias de cada curso, coa adaptación á oferta que se realiza no noso centro, no que se imparten as modalidades de Ciencias e de Humanidades e ciencias sociais. Após recóllense algúns aspectos xerais que tamén poden ser de interese, como son o límite de permanencia na etapa, a promoción de curso e titulación, os cambios de modalidade, e as ensinanzas de Relixión e Valores Éticos

            É importante que se teña en conta que nas materias que teñen na súa denominación "II" é necesario superar previamente a "I" para que poida ser avaliada a II correspondente. No caso da Lingua estranxeira o idioma ten que ser o mesmo na I que na II.

            Así mesmo, hai materias de 2º curso para as que é necesario ou ben cursar (e superar) previamente unha materia de 1º ou ben acreditar os coñecementos necesarios, segundo o procedemento que establecen os departamentos didácticos correspondentes. Estas materias indícanse coa nota "precisa de..."

 

Descagar na seguinte ligazón a oferta educativa de primeiro de bacharelato:

  

OFERTA EDUCATIVA - PRIMERO BACHARELATO

1º DE BACHERELATO DE CIENCIAS

 

1º DE BACHERELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

 

 

Algúns aspectos normativos sobre o Bacharelato

Acceso e permanencia

             Poderán acceder aos estudos de bacharelato os alumnos e as alumnas que estean en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria e teñan superada a avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas académicas.

            De acordo co artigo 53.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, o título de técnico de artes plásticas e deseño permitirá o acceso directo a calquera das modalidades de bacharelato. Así mesmo, conforme o artigo 65.3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, o título de técnico deportivo permitirá o acceso a calquera das modalidades de bacharelato.

            O bacharelato abrangue dous cursos, desenvolverase en modalidades diferentes e organizarase de modo flexible, coa finalidade de que poida ofrecer unha preparación especializada ao alumnado acorde coas súas perspectivas e os seus intereses de formación ou permita a incorporación á vida activa logo de finalizado este.

            Os alumnos e as alumnas poderán permanecer cursando bacharelato en réxime ordinario durante catro anos. Despois dese período pódese continuar estudos no réxime de ensinanzas de persoas adultas.


Nos casos de enfermidade prolongada, incorporación a un posto de traballo ou de obrigas de tipo familiar ou persoal que impidan seguir de xeito normal os estudos,pódeselle solicitar á dirección do centro, antes do 30 de abril, a anulación da matrícula. A solicitude(*) debe ir acompañada das xustificacións pertinentes. Se a resolución é favorable o ano non computará aos efectos do límite de permanencia máxima na etapa antes mencionado.

 

(*)Pódese descargar un modelo de solicitude nesta páxina

            Ao remate do bacharelato obtense o título de bacharel, que faculta para acceder aos estudos universitarios e de Formación profesional de grao superior.

 

Promoción e titulación

Ao final de cada curso lévase a cabo unha sesión de avaliación final ordinaria, no mes de xuño, na que se determina o grao de consecución dascompetencias e o logro dos obxectivos da etapa nas avaliacións continua e final das materias dos bloques de materias troncais, específicas e de libre configuración autonómica

Os alumnos e as alumnas terán promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando teñan superadas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias, como máximo. En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro. Os centros docentes deberán organizar as consecuentes actividades de recuperación e a avaliación das materias pendentes. 

            Para os efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou  a alumna deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración  autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque.

            Sen superar o prazo máximo para cursar o bacharelato, os alumnos e as alumnas poderán repetir cada un dos cursos de bacharelato unha soa vez como máximo, aínda que excepcionalmente poderán repetir un dos cursos unha segunda vez, logo dun informe favorable do equipo docente

  

Cambio de modalidade

 

PRIMEIRO CURSO DE BACHARELATO 

O alumnado que no ano académico 2015- 2016 realizou o primeiro curso de bacharelato e deba permanecer no mesmo curso no 2016 -2017, deberá matricularse de todas as materias, repetir o curso na súa totalidade e non manterá as cualificacións obtidas no curso anterior.

 

SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO 

O  alumnado que cursou as ensinanzas de segundo de bacharelato no curso 2015-2016 e finalizou con avaliación negativa nalgunha das materias cursadas poderá optar, por repetir o curso completo ou por matricularse unicamente das materias non superadas. Os centros garantirán que o alumnado teña información sobre esta posibilidade.

O alumnado que opte por repetir o segundo curso de bacharelato completo non manterá as cualificacións das materias superadas previamente.

O alumnado que se matricule no 2ºcurso de bacharelato unicamente das materias non superadas rexerase polas seguintes regras en cada un dos casos:

a) Materias pendentes de superación de segundo curso con idéntica denominación na planificación LOE e LOMCE e incluidas na planificación da LOMCE no bloque de materias troncais xerais: deberá cursar a mesma materia ou materias que tivera pendentes de superar. 

b) Materias pendentes de superación de segundo curso con diferente denominación LOE e LOMCE eincluídas na planificación da LOMCE como materias troncais xerais pero incluídas no anexo único da Orde ECD/462/2016,  [300]de 31 de marzo (o caso da Lingua estranxeira): deberá cursar a materia. 

c) Materias pendentes de superación de segundo curso con idéntica denominación en LOE e LOMCE e clasificadas en LOMCE como materias troncais de opción ou específicas, o alumnado poderá optar por:

—Cursar a mesma materia ou materias que tivera pendentes de superar de segundo.

—Substituír o mesmo número de materias pendentes de superar por outras, entre as perencentes ao mesmo bloque de materias determinadas no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, non cursadas previamente. No caso de materias troncais de opción, se opta por substituílas por outra deberá ser da mesma modalidade e non cursada previamente. Cando a materia pendente sexa Historia da Filosofía, que pasa de ser materia común de todas as modalidades de bacharelato na LOE a ser materia troncal de opción da modalidade de Humanidades coa LOMCE, o alumnado da modalidade de Humanidades que teña suspensa a materia de Historia da Filosofía, se opta por substituíla debe ser por outra pertencente ao mesmo bloque de materias troncais de opción, da mesma modalidade e non cursada previamente. 

Se o alumnado cursa a modalidade de Ciencias ou de Artes e ten pendente de superar a materia de Historia da Filosofía pode optar por:

 —cursala de novo, na condición de materia específica dentro das materias troncais de opción doutra modalidade.

— substituíla, por outra materia dentro do bloque das materias específicas. Hai que ter en conta que dentro dese bloque de materias específicas pode estar incluída unha materia  troncal de opción.

d) Materia ou materias pendentes de superación de segundo curso LOE que desaparecen da oferta educativa do segundo curso LOMCE.

            O alumnado que ten pendente a materia de Literatura Universal, materia propia das modalidades de Humanidades e Artes na LOE e que na estrutura LOMCE non está incluída nese segundo curso, deberá substituíla por outra da súa elección dentro das troncais de opción ou específicas.

e) Materias pendentes de segundo curso con idéntica denominación en LOE e LOMCE e incluidas en LOMCE como materias de libre configuración autonómica, o alumnado poderá optar por:

 —Cursar a mesma materia ou materias que tivera pendentes de segundo (Sería o caso da materia Electrotecnia)

—Substituíla por outras entre as pertencentes ao mesmo bloque de materias. 

            Os centros, de acordo coa súa organización docente, permitirán que o alumnado que o solicite poida asistir ás clases das materias que ten superadas e daquelas materias (como Latín, Matemáticas Aplicadas ás CC.SS e Fundamentos da Arte) que algún alumnado non cursou pero que podería preparar para a realización da avaliación individualizada, no caso de que opte por realizar esta proba.

            Todas aquelas situacións individuais do alumnado que non estean contempladas na Orde  ECD/2016 de 31 de marzo, serán resoltas pola Dirección Xeral, previo informe do Servizo de  Inspección Educativa.

 

Relixión e Valores Éticos. 

            Ao inicio de cada curso, no proceso de matriculación, o alumnado maior de idade ou, en caso contrario, os seus pais, nais ou titores legais, deberá indicar a opción que escolle para estas ensinanzas, sen que esa elección condicione a dos anos escolares seguintes.

            No caso da Relixión pódese optar por calquera das confesións relixiosas que recolle a disposición adicional segunda da Lei orgánica 2/2006 (actualmente son as seguintes: católica, evanxélica, islámica e xudaica). 

            A avaliación da materia de relixión católica realizarase nos mesmos termos e cos mesmos efectos ca a das outras materias do bacharelato. A avaliación doutras confesións relixiosas axustarase ao establecido nos acordos de colaboración en materia educativa subscritos con elas polo Estado español.

            Coa finalidade de garantir o principio de igualdade e a libre concorrencia, as cualificacións desta materia non computarán na obtención da nota media para os efectos de acceso á universidade, a ciclos superiores de formación profesional e a outros estudos nin nas convocatorias para a obtención de bolsas e axudas ao estudo en que deban entrar en concorrencia os expedientes académicos.

            A materia de Valores Éticos ten como obxectivo básico orientar o alumnado adolescente na escolla do seu proxecto de vida persoal. A orientación de  Valores Éticos permitirá que ese proxecto se vaia enchendo de xeito acorde coa racionalidade práctica. Isto supón que o proxecto, por racional, vai requirir virtudes intelectuais como o rigor, a coherencia, a honradez intelectual ou o apego á realidade. Pola dimensión práctica desa racionalidade, o proxecto requirirá que o alumnado vaia construíndo, desde a reflexión, un código ético de valores e normas que determinarán as súas decisións para guiar a súa conduta de tal xeito que realce a súa dignidade persoal e, ao mesmo tempo, permita a súa realización plena e feliz como persoas e a promoción de relacións sociais marcadas polo recoñecemento das outras persoas, o respecto cara a elas, e pola finalidade de alcanzar cotas cada vez maiores de xustiza, tanto no nivel máis próximo á persoa como no nivel global.

 

Enlaces: