Solicitude de anulación de matrícula de bacharelato

A Orde do 24 de xuño de 2008 (DOG do 27), pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, determina no seu artigo 11º, que o alumnado poderá solicitar a anulación de matrícula á dirección do centro educativo, antes do 30 de abril, cando circunstancias de enfermidade prolongada, incorporación a un posto de traballo ou obrigas de tipo familiar ou persoal impidan seguir, en situación normal, os estudos.
A solicitude, que estará acompañada das xustificacións pertinentes, será resolta nun prazo de 10 días pola dirección do centro.
Pódese descargar un modelo de solicitude premendo nunha das seguintes ligazóns:

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE_ANULACION_MATRICULA.doc258.5 KB
SOLICITUDE_ANULACION_MATRICULA.pdf218.19 KB