ESO

Educación secundaria obrigatoria

             A ordenación académica da Educación Secundaria Obrigatoria ven regulada polo Decreto 86/2015, do 25 de xuño ( DOG do 29 de xuño de 2015), así como pola Orde do 15 de xullo de 2015 ( DOG do 21 de xullo de 2015) e a Orde do 13 de xullo de 2016 ( DOG do 04 de agosto de 2016), que determinan entre outras cousas a carga horaria por materia, os curículos, as condicións de promoción por curso e a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros.

A continuación amósase un resumo da estructura das materias para cada curso coa adaptación á oferta que se realiza da mesma no noso centro. Após del recóllense algún aspectos xerais que tamén poden ser de interese: Acceso e permanencia; Promoción e titulación na Educación Secundaria; Medidas de Atención a Diversidade; Programas de Mellora; Relixión e Valores Éticos 

Descagar na seguinte ligazón a oferta educativa dA ESO: DESCARGAR PDF (0,5MB)

 

OFERTA EDUCATIVA.

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

 

1º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

MATERIAS OBRIGATORIAS

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN

DO CENTRO

· Bioloxía e Xeoloxía                                     (4 h)

· Ciencias Sociais. Xeografía e Historia.          (3 h)

· Educación Física.                                       (2 h)

· Educación Plástica, Visual e Audiovisual.      (2 h)

· L. Castelá e Literatura.                               (4 h)

· L. Galega e Literatura.                                (4 h)

· L. Estranxeira (escoller):                           (3 h)              

         ¨  Francés

         ¨  Inglés

· Matemáticas                                               (5 h)

· Relixión / Valores Éticos:                             (1 h)

         ¨  Relixión Católica

         ¨  Valores Éticos

· Segunda Lingua Estranxeira.                       (2 h)

Escoller:

    ¨  Francés

    ¨  Inglés

· Titoría                                                         (1 h)

(Todas de 1 h semanal)

A materia que elixas non poderás cursala en 2º

¨  Agricultura Ecolóxica e Nutrición

¨  Iniciación á Programación

¨  Promoción de Estilos de Vida Saudables

¨  Santiago e os seus camiños

 

2º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

MATERIAS OBRIGATORIAS

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN

DO CENTRO

· Ciencias Sociais. Xeografía e Historia.       (3 h)

· Educación Física.                                     (2 h)

· Física e Química.                                     (3 h)

· L. Castelá e Literatura.                             (3 h)

· L. Galega e Literatura.                              (3 h)

· L. Estranxeira (escoller):                        (3 h)              

         ¨ Francés

         ¨  Inglés

· Matemáticas                                             (5 h)

· Música                                                     (2 h)

· Relixión / Valores Éticos:                           (1 h)

         ¨  Relixión Católica

         ¨  Valores Éticos

· Segunda Lingua Estranxeira. Escoller:  (2 h)

    ¨  Francés

    ¨  Inglés

· Tecnoloxía                                                (3 h)

· Titoría                                                      (1 h)

(Todas de 1 h semanal)

ATENCIÓN! Non se poderá elixir a materia que se cursou en 1º de ESO

¨  Agricultura Ecolóxica e Nutrición

¨ Iniciación á Programación

¨  Promoción de Estilos de Vida Saudables

¨  Santiago e os seus camiños

 

3º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

MATERIAS OBRIGATORIAS

MATERIAS OPTATIVAS

· Alternativas referidas á relixión:                               (1 h)

        ¨  Relixión Católica

        ¨  Valores Éticos

· Ciencias Sociais. Xeografía e Historia. (Elixir):           (3 h)

        ¨  Bilingüe (Inglés)

        ¨  Non bilingüe

       (De non poder ser impartida por problemas organizativos, será  substituída por Bioloxía e Xeoloxía)

· Bioloxía e Xeoloxía.                                                 (2 h)

        ¨  Bilingüe (Inglés)

        ¨  Non bilingüe

· Educación Física.                                                    (2 h)

· Educación Plástica, Visual e Audiovisual.                  (2 h)

· Física e Química.                                                    (2 h)

· L. Castelá e Literatura.                                           (3 h)

· L. Galega e Literatura.                                            (3 h)

· L. Estranxeira (escoller):                                        (3 h)      

        ¨  Francés

        ¨  Inglés

· Matemáticas. Elixir entre:                                    (4 h)

    ¨ Matemáticas orientadas ás ensinanzas Académicas

        (Para cursar Bacharelato)

    ¨ Matemáticas orientadas ás ensinanzas Aplicadas.

        (Para cursar ciclos formativos medios)

 

NOTA: O tipo de Matemáticas cursadas non se poderá

modificar en 4º de ESO.

· Música                                                              (2 h)

          ¨  Bilingüe (Inglés)

          ¨  Non bilingüe

· Tecnoloxía.                                                        (2 h)

· Titoría                                                                (1 h)

¨ Cultura Clásica   (2 h)

¨ 2ª Lingua Estranxeira. Escoller:

¨  Francés  (2 h)

¨  Inglés     (2 h)

4º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

MATERIAS COMÚNS

Marcar a opción de matemáticas, Lingua estranxeira, Relixión ou Valores éticos

· CC SS Xeografía e historia   (3 h)

· Educación física                    (2 h)

· Lingua castelá e literatura     (3 h)

· Lingua galega e literatura      (3 h)

· Matemáticas:(Obrigatorio cursar a opción elixida en 3º)

¨  Ensinanzas académicas (Para Bacharelato)  (4 h)

¨  Ensinanzas aplicadas (Para F. Profesional)   (4 h)

· Primeira lingua estranxeira:  (3 h)

¨  Francés I

¨  Inglés I

· Elixir entre:                           (1 h)

¨  Relixión

¨  Valores éticos

OPCIÓNS

(Marca a opción elixida e, abaixo, as materias optativas que correspondan)

OPCIÓN ENSINANZAS ACADÉMICAS

-      

BACHARELATO -  (3 + 3 = 6 h)

OPCIÓN ENSINANZAS APLICADAS

-      

CICLOS FORMATIVOS - (3 + 3 = 6 h)

CIENCIAS:

· Bioloxía e xeoloxía (3 h)

¨ Bilingüe (en Inglés)

¨ Non bilingüe

· Física e química     (3 h)

LETRAS:

· Economía  (3 h)

· Latín         (3 h)

ENSINANZAS APLICADAS

· Iniciación á actividade emprendedora e empresarial                

                                                                                  (3 h)

Elixir unha materia entre:

¨  Ciencias aplicadas á actividade profesional                (3 h)

¨  Tecnoloxía                                                              (3 h)

MATERIAS OPTATIVAS (3 + 3 = 6 h)

(Marca TRES en cada columna por orde de preferencia)

Só se cursará unha de cada columna

MATERIAS OPTATIVAS (3 + 3 = 6 h)

(Marca TRES en cada columna por orde de preferencia)

Só se cursará unha de cada columna

¨  2ª lingua estranxeira

¨  Cultura clásica

¨  TICs

¨  Cultura científica

¨  Economía

¨  Educación plástica e visual

¨  Filosofía

¨  Música

¨  Tecnoloxía

¨  2ª lingua estranxeira

¨  Cultura clásica

¨  TICs

¨  Educación plástica e visual

¨  Filosofía

¨  Música

· Troncal non elixida antes:

¨  Ciencias aplicadas á actividade profesional

¨  Tecnoloxía

             

 

Acceso e permanencia.

A ESO é unha etapa educativa que ten carácter obrigatorio e gratuíto e que se cursa, de xeito ordinario, entre os 12 e os 16 anos. Ao seu remate obtense, coas condicións que se indican máis adiante, o título de graduado en ESO, que é necesario para continuar estudos de Bacharelato ou de Formación Profesional de grao medio.

            O alumnado pode permanecer cursando a ESO no réxime ordinario ata o ano no que cumpra os 18 de idade. Porén, pódese permanecer ata os 19 no caso de ter que repetir 4º curso e só ter repetido unha vez en toda a etapa.

Despois do límite de idade anterior, no caso de non obter o título de graduado en ESO poden rematarse estes estudos polo réxime de ensinanzas para adultos. Tamén poden seguir estudos no réxime de adultos os maiores de dezaseis anos que teñan un contrato laboral que non lles permita acudir aos centros educativos en réxime ordinario e os deportistas de alto rendemento. Ademais, o alumnado maior de 18 anos pode presentarse ás probas libres para a obtención do graduado en ESO que organiza cada ano a Consellería de Educación.

            Promoción e titulación na ESO.

Ao remate de cada curso lévase a cabo unha sesión de avaliación final ordinaria, no mes de xuño, na que se determina o grado de consecución das competencias e o logro dos obxectivos a través dos criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe. Se o alumno/a non acadan os mínimos esixidos en unha ou varias materias deberán realizar as probas extraordinarias correspondentes, que se levan a cabo nos primeiros días do mes de setembro.

No caso de 1º, 2º e 3º de ESO, para promocionar ao curso seguinte é necesario superar o curso anterior ou ter como máximo dúas materias con avaliación negativa cando non se cumpran as condicións que seguidamente se redactan. Repetirán curso cando teñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas materias que sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.

De forma excepcional, poderá autorizarse a promoción dun alumno ou unha alumna con avaliación negativa en tres materias cando se dean conxuntamente as seguintes condicións:

a) Que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.

b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa non lle impide ao alumno ou á alumna seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa.

c) Que se lle apliquen ao alumno ou á alumna as medidas de atención educativa propostas no consello orientador.

Poderá tamén autorizarse de xeito excepcional a promoción dun alumno ou unha alumna con avaliación negativa en dúas materiasque sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas, cando o equipo docente considere que o alumno ou a alumna poden seguir con éxito o curso seguinte, que teñen expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa, e sempre que se lle apliquen ao alumno ou á alumna as medidas de atención educativa propostas no consello orientador. Para os efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou a alumna deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque.

As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da educación secundaria obrigatoria consideraranse como materias distintas.

Se non se promociona deberáse repetir o curs, agás que xa se estivese repetindo, en cuxo caso pásase ao seguinte, xa que a normativa impón un límite máximo dunha repetición por curso (agás en 4º, que se pode repetir por terceira vez se non se repetiu ningún outro curso de ESO). Ademais, só se pode repetir nun máximo de dous cursos en toda a etapa.


            É importante ter presente que cando se pasa ao curso seguinte con materias suspensas, estas deberán ser recuperadas, o que significa na práctica que o alumno ou alumna terá unha maior carga no número de materias que debe superar para acadar unha avaliación final completamente positiva. En definitiva, as materias pendentes contan como unha materia máis no cómputo, anteriormente sinalado, do número de materias que determina a promoción (e a titulación).

  Ao remate do 4º curso a avaliación determina a titulación ou non do alumnado. Os alumnos e as alumnas que obtivesen ou ben avaliación positiva en todas as materias ou ben negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas obterán a titulación sen facer a proba de avaliación final ( coñecida como reválida) mentres quede en suspenso a súa aplicación e/ou se modifique a actual lexislación.

Para finalizar con estes aspectos, sinalaremos que ao repetir curso o alumnado deberá volver a cursar todas as materias que teñen carácter obrigatorio, pero pode cambiar a súa matrícula nas que teñan carácter optativo e, no caso de 4º de ESO, o itinerario escollido.

 

Atención a Diversidade.

            O centro ten autonomía para organizar os grupos e as materias de maneira flexible e para adoptar as medidas de atención á diversidade máis adecuadas ás características do seu alumnado e que permitan o mellor aproveitamento dos recursos de que dispoña. As medidas de atención á diversidade  forman parte do proxecto educativo.

            Para o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), polas súas altas capacidades intelectuais, por se incorporar tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar, estableceranse as medidas curriculares e organizativas necesarias co fin de que poida alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais e os obxectivos e competencias establecidas en cada etapa para todo o alumnado.

            A escolarización do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo rexerase polos principios de normalización e inclusión, e asegurará a súa nondiscriminación e a igualdade efectiva no acceso e na permanencia no sistema educativo.

 

Programas de Mellora

            Os programas de mellora da  aprendizaxe e do rendemento constitúe unha medida de atención  á diversidade que se pode desenvolver a partir do segundo curso da educación secundaria obrigatoria, segundo o procedemento establecido pola consellería con competencias en materia de educación.

            Estes programas irán dirixidos preferentemente a alumnos e alumnas que presenten dificultades relevantes de aprendizaxe non imputables á falta de estudo ou esforzo.

            O equipo docente poderalles propor aos pais, ás nais ou aos/ás titores/as legais a incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento dos/das alumnos/as que repetisen cando menos un curso en calquera etapa e que, logo de cursado o primeiro curso de educación secundaria obrigatoria, non estean en condicións de promoción ao segundo curso, ou que logo de cursar o segundo curso non estean en condicións de promoción ao terceiro. 

            O programa desenvolverase a o longo dos cursos segundo e terceiro no primeiro suposto, ou só en terceiro curso no segundo suposto. Os alumnos e as alumnas que, cursando terceiro curso de educación secundaria obrigatoria, non estean en condicións de promoción ao cuarto curso poderán incorporarse excepcionalmente a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento para repetir terceiro curso.

            En todo caso, a súa incorporación requirirá a avaliación tanto educativa como psicopedagóxica, a través de informe do equipo docente e do ditame emitido polo Departamento de Orientación, e realizarase despois de oídos/as os/as propios/as alumnos/as, e os seus pais ou nais ou titores/as legais.

            A avaliación do alumnado que curse un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento terá como referente fundamental as competencias e os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, así como os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables.

 

Valores éticos e relixión

Ao inicio de cada curso, no proceso de matriculación, os pais, nais ou titores legais do alumnado menor de 18 anos deberán indicar a opción que escollen para estas ensinanzas, sen que esa elección condicione a dos anos escolares seguintes (é dicir, pode cambiarse mesmo repetindo curso)

No caso da Relixión pódese optar por calquera das confesións relixiosas que recolle a disposición adicional segunda da Lei orgánica 2/2006 (actualmente son as seguintes: católica, evanxélica, islámica e xudaica).

 Tanto a materia de Valores Éticos como de Relixión son avaliables, computándose do mesmo xeito que calquera outra materia aos efectos de promoción e titulación anteriormente sinalados. Porén, non computarán en convocatorias nas que se consideren os expedientes académicos (becas e axudas, por exemplo), nin na obtención da nota media para diversos efectos (como a admisión do alumnado ou cando se trate de procesos de selección de calquera tipo).

            A materia de Valores Éticos ten como obxectivo básico orientar o alumnado adolescente na escolla do seu proxecto de vida persoal. A orientación de  Valores Éticos permitirá que ese proxecto se vaia enchendo de xeito acorde coa racionalidade práctica. Isto supón que o proxecto, por racional, vai requirir virtudes intelectuais como o rigor, a coherencia, a honradez intelectual ou o apego á realidade. Pola dimensión práctica desa racionalidade, o proxecto requirirá que o alumnado vaia construíndo, desde a reflexión, un código ético de valores e normas que determinarán as súas decisións para guiar a súa conduta de tal xeito que realce a súa dignidade persoal e, ao mesmo tempo, permita a súa realización plena e feliz como persoas e a promoción de relacións sociais marcadas polo recoñecemento das outras persoas, o respecto cara a elas, e pola finalidade de alcanzar cotas cada vez maiores de xustiza, tanto no nivel máis próximo á persoa como no nivel global.

 

Enlaces:

 

Distribuir contido