Novas

Nadal 2015 no Monte da Vila

O día 18 de decembro remataban as clases do primeiro trimestre e no IES Monte da Vila celebramos a chegada das festas de Nadal con varias actividades. O departamento de Educación Física organizou un campionato de voleibol no que o equipo de profes resultou claramente vencedor. Coa axuda da responsable da cafetería e do departamento de Plástica, o alumnado preparou uns doces que puideron levar á casa en pequenos paquetes que eles mesmos prepararon. E, para rematar, o departamento de Equipos Electrónicos xunto con Néstor Amador, puxeron a punto o material necesario para que o karaoke tivese o éxito que vén sendo habitual.

 

Nadal 2'15

 

 

Álbum de fotos

 

Teatro en francés

O día 26 de xaneiro de 2016 o alumnado de francés dos cursos 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato acudiu á representación da obra de teatro titulada "Dom Juan ou le festin de Pierre" escrita en 1665 polo autor francés Molière e que recrea o mito de Don Juan, o individuo que desafía á moral e á relixión e que segue fascinando aínda actualmente pola súa rebeldía, o seu pulso constante á autoridade divina e á orde social.

A obra representouse en Vigo no cine Salesianos. Despois da representación os actores e actrices sometéronse ás preguntas do público. O alumnado interesouse por diversos aspectos relacionados coa obra, coa súa posta en escea e coa profesión de actor.


Ao final do coloquio os actores e actrices dignáronse, con toda amabilidade e simpatía, a fotografarse con todos nós, como aquí vemos.


En xeral foi unha experiencia positiva e moi agradable.

 

Visita ao centro arqueolóxico de Neixón

O día 26 de novembro o alumnado de 1º ESO visitou o complexo arqueolóxico de Neixón, no concello de Boiro. O Departamento de Historia organizou a actividade para que os rapaces e rapazas estudasen, sobre o terreo, a tres manifestacións culturais que dominan a Prehistoria galega: o Megalistismo da época Neolítica, a arte rupestre da Idade do Bronce, e a cultura castrexa da Idade do Ferro.

 

 

Álbum de fotos da saída

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller

  

Cada 25 de novembro conmemórase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller. O pasado 24 de novembro, o Concello do Grove organizou no instituto uns obradoiros nos que participou todo o alumnado de 2º da ESO. Deses obradoiros saíron traballos moi interesantes que foron presentados e expostos no Concello ao día seguinte.

Álbum de fotos

Magosto 2015 no Monte da Vila

 

 

O pasado 13 de novembro celebramos o Magosto. Ademais da xa habitual degustación de castañas puidemos contar este ano cun extenso conxunto de xogos populares. A ANPA ofreceunos castañas, bebidas e pais e nais que axudaron no seu reparto, a panadería Chaves colaborou cos seus fornos para asar as castañas e Cándido Mascato cedeu os xogos populares do Grove por uns días ao instituto.Tivemos sorte e o tempo acompañounos, o que contribuíu a que tanto profesores como alumnos se animasen a practicar e demostrar a súa destreza cos xogos populares.

 

Álbum de fotos completo

 

 

COMEZO DO CURSO ACADÉMICO 2015/2016

 De interese para toda a comunidade educativa

 

A Dirección do IES Monte da Vila comunica que o martes 15 de setembro, primeiro día do curso, seguirá o horario xeral do centro.

 

Polo tanto, as actividades lectivas comezarán ás 8:45 h. e rematarán ás 14:25 h.

 

O servizo de transporte escolar fará as rutas habituais.

 

CALENDARIO DE EXAMES E MATRÍCULA DE SETEMBRO

A convocatoria de avaliación extraordinaria do curso 2014/2015 terá lugar os días 1, 2 e 3 de setembro, tanto para a Educación Secundaria Obrigatoria como para o Bacharelato. No seguinte calendario detállanse as datas e o horario dos diferentes exames, así como da entrega de cualificacións e do prazo de matrícula.

A mesma información está dispoñible no taboleiro do IES e en Secretaría.

LIBROS DE TEXTO 2015/2016

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016

A seguinte listaxe, que se achega en documento .pdf xa ten un carácter definitivo. Debido ás últimas modificacións lexislativas algúns departamentos didácticos decidiron o cambio de material en 1º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato, afectados pola entrada en vigor da nova Lei educativa (LOMCE). Eses libros novos aparecen destacados na listaxe. Ademais, lémbrase que, segundo os casos, debe "falar co profesor antes de mercalo".

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016

 

FESTA DE NADAL

Como cada ano, o centro celebrou o fin das actividades lectivas do ano con diversos concursos que intentaron fomentar a convivencia. Os resultados foron os seguintes:

DECORACIÓN DE AULAS NADAL ‘14

PRIMEIRO CICLO: 2º A e 2º B

SEGUNDO CICLO: 4º A e FPB

CONCURSO DE DOCES:

·       PRIMEIRO PREMIO: Antón Galiñanes (1º C)

·       SEGUNDO PREMIO: Aitana Arnoso (2º B)

CONCURSO DE KARAOKE:

·       PRIMEIRO PREMIO: Abel Arnoso, Daniel Otero e Pablo Garrido (1º Bacharelato B)

SEGUNDO PREMIO: Olga Espino (1º C)

 

Aquí está un dos grupos gañadores en plena actuación:

 

 

Asimesmo, o alumnado de 4º da ESO que participou na campaña de recollida fixo entrega dos alimentos a Cáritas na mesma mañán do día 19 de decembro.

 

 

25 N: DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

A comunidade educativa do IES Monte da Vila realizou un acto en conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Acudiron tamén representantes do concello, que está a desenvolver varias actividades e proxectos en colaboración co centro. A máis importante delas é a promoción do blog Estamos contigo, que trata aspectos relacionados coa violencia de xénero e pretende ser unha axuda para as persoas afectadas por ela. O blog é un proxecto levado a cabo por alumnas e alumnos de bacharelato aberto á participación de todos.

Foron os responsables do blog aqueles que redactaron o manifesto. Asistimos á súa lectura pública todo o profesorado, todo o alumnado e os representantes do concello: a concelleira de igualdade, a de educación e o de xuventude.

O acto tivo a súa repercusión na prensa.

Pódese ler o manifesto aquí.

Grazas pola vosa colaboración!

 

Lectura do manifesto 

 

Os redactores do manifesto

Distribuir contido