Destacados

Resolución provisional fondo libros 2019/2020

Lun, 15/07/2019 - 18:18
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Publícanse as relacións provisionais de admitidos no fondo solidario de libros de texto e das axudas para a adquisición de material escolar.

Lembrando a Ángeles de la Sota

Xov, 11/07/2019 - 14:17

 

A partir de mañá venres 12 de xullo ás 11 horas, na biblioteca do IES Monte da Vila, tedes un punto de encontro para quen desexe deixar unha mensaxe á nosa querida compañeira.

 

 

Libros de texto Curso 2019/2020

Mér, 03/07/2019 - 23:38

A listaxe de libros de texto para o curso 2019-2020 atópase dispoñible no seguinte arquivo.

  

Avaliación extraordinaria do curso 2018-2019: Convocatoria de setembro.

Mér, 03/07/2019 - 23:17
  • Os exames serán os días 2 e 3 de setembro.
  • As cualificacións entregaranse o día 5 de setembro as 10:00h.
  • A matrícula será os días 5 e 6 de setembro.
  • Non haberá transporte escolar ata o comezo das clases.

Tódolos detalles de horarios de exames e turnos de matrícula según curso poden consuntarse no seguinte arquivo de 3 páxinas.

ADMISIÓN CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR, CONVOCATORIA 2019-2020

Lun, 24/06/2019 - 11:56
  • INSTRUCIÓNS SOBRE COMO REALIZAR A SOLICITUDE WEB e INSTRUCIÓN XERAL DO PROCESO DE ADMISIÓN.
  • PRAZO: DO 24 DE XUÑO AO 2 E XULLO ÁS 13:OO HORAS.

Máis información

Fondo de Libros Curso 2019/2020

Lun, 03/06/2019 - 12:51
FONDO LIBROS/AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL CURSO 2019/2020

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e se convocan axudas para adquirir libros de texto e MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020. (DOG, 20 MAIO 2019)


PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: dende o 21 de maio ao dia 21 de xuño de 2019 (ambos os dous incluídos).


PODEN SOLICITAR:

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: para os que se matriculen en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2019/20
  • MATERIAL ESCOLAR (CHEQUE): para os que se matriculen en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2019/20.

O alumnado que obtivese praza noutro centro, deberá presentar a solicitude nese.


O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2019/20, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA SOLICITAR O FONDO SOL. DE LIBROS E/OU A AXUDA DE MATERIAL: 

  • SOLICITUDE (ANEXO I)
  • Comprobación de datos dos membros computables (ANEXO II)
  • COPIA DO LIBRO DE FAMILIA (Se reflicte a situación real a 31/12/2017)... se non fose así poderán achegar , entre outros: algún dos seguintes documentos:
  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que NON pertenza á xunta de Galicia.
  • Só de ser o caso, documentación xustificativa de violencia de xénero.
  • Só no caso de incapacitación xudicicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

(DEBERÁ traer tamén os orixinais para poder comprobar a súa autenticidade)


As solicitudes presentaránse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)


Opcionalmente poderán presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A solicitude estará dispoñible nas oficinas do centro; no portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal, entre outras....


NOTA: LEMBRÁMOSLLES A OBRIGA DE DEVOLUCIÓN DOS LIBROS dos beneficiarios de axudas no curso 2018/19, tanto de fondo como os adquiridos con vale. De non ser así será causa de exclusión para esta convocatoria, e a Consellería iniciará un expediente de reintegro da axuda concedida. DEVOLVERÁNSE aos titores entre os días 17 e 21 de xuño, en coordinación coa vicedirección do centro para o correcto rexistro da súa entrega.

Calendario de fin de curso do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes

Xov, 30/05/2019 - 16:48
Calendario de fin de curso do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes

Preme no seguinte enlace para ver o calendario de fin de curso do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes.

 

Probas extraordinarias de 2º Bacharelato e materias pendentes de 1º de Bacharelato

Ven, 24/05/2019 - 22:26
Probas extraordinarias de 2º Bacharelato e materias pendentes de 1º de Bacharelato

Prema no seguinte enlace para ver o calendario de xuño de probas extraordinarias de 2º Bacharelato e materias pendentes de 1º de Bacharelato.

Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2018/2019

Lun, 06/05/2019 - 15:44
RECLAMACIÓN DE 2º BACH – MAIO (Convocatoria ordinaria)
  • Reclamación no centro: 22 e 23 de maio de 2019 (ata as 14h).
  • Entrega ao alumnado da resolución: ás 14h do 24 de maio.
  • Reclamación ante a comisión de supervisión: antes das 18h do 27 de maio.
RECLAMACIÓN DE 2º BACH – XUÑO (Convocatoria extraordinaria)
  • Reclamación no centro: 25 e 26 de xuño de 2019 (ata as 14h).
  • Entrega ao alumnado da resolución: ás 12h do 27 de xuño.
  • Reclamación ante a comisión de supervisión: antes das 14:00h do 27 de xuño. 

Enlace á Circular e Orde que as regula