O Grove
Bouzas, 22 - Apdo. Correos 88 - 36980 O GROVE (Pontevedra)
Tf: 886151412 - Fax: 886151417 - email: ies.monte.vila@edu.xunta.es
Procedemento de admisión curso 2021/22
Faise público o procedemento de admisión do IES Monte da Vila para o curso 2021/2022 para ESO e Bacharelato.
Datas:
- Presentación de solicitudes do 1 ó 22 de marzo.
- Resolución provisional antes do 25 de abril.
- Resolución definitiva antes do 15 de maio.
- Matrícula:
- 25 de xuño ó 10 de xullo (prazo ordinario).
- 1 ó 10 de septembro (prazo extraordinario).
O número de prazas e os detalles do procedemento poden consultarse no ficheiro adxunto.
COVID-19: Historia dunha pandemia. Leccións por aprender.
O venres 12 de febreiro o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO e 1º Bacharelato tivo unha charla con Alberto José Coelho Cotón, docente e investigador do Departamento de Química Organica da USC.
A charla versou sobre a pandemia que estamos a vivir, de aí a súa necesidade e utilidade. Para poñernos en contexto comezou contándonos como se viviron pandemias tan famosas como a Peste Negra ou a mal chamada Gripe Española. Seguidamente explicou, en xeral, que son os virus; a súa estrutura e funcionamento, incluíndo as famosas mutacións; vías de transmisión; e tratamentos dispoñíbeis. Isto permitiulle poñer o foco finalmente no SARS-CoV-2, pechando a xuntanza cun debate sobre a abordaxe política da pandemia, a seguridade da vacina e as medidas de prevención
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2021
ORDE DE CONVOCATORIA
Orde do 21 de Xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021. Consulta a seguinte ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210209/AnuncioG0598-280121-0010_gl.html
Convocatorias
- ACESSO GRAO MEDIO consulta a seguinte ligazón http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual
- ACCESO GRAO SUPERIOR consulta a seguinte ligazón http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual
CALENDARIO DAS PROBAS DE ACCESO
INSCRICIÓN PARA A PROBA DE ACCESO GRAO SUPERIOR | 18 DE FEBREIRO AO 3 DE MARZO |
INSCRICIÓN PARA A PROBA DE ACCESO GRAO MEDIO | 15-26 DE MARZO |
CELEBRACIÓN DA PROBA GRAO SUPERIOR | 15 ABRIL |
CELEBRACIÓN DA PROBA GRAO MEDIO | 27 MAIO |
Consulta todas as datas relevantes na seguite ligazón http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/9041
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN TELEMÁTICA GRAO MEDIO E SUPERIOR
A solicitude é telemática e pode facerse na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do
INFORMACIÓN DE INTERESE
Os lugares e sedes para a realización das probas están pendentes de publicación. Informaremos cando se fagan oficiais.
Consulta o documento adxunto para saber os requisitos, documentos que precisas, o desenvolmento das probas, exames de convocatorias pasadas e familias profesionais de cada opción.
Entroido IES Monte da Vila
ENTROIDO IES MONTE DA VILA
RETOS DIARIOS E CONCURSO DE DISFRACES 2021
Coa finalidade de fomentar a participación do alumnado no entroido, establécense as seguintes actividades para os días entre o 8 e o 12 de febreiro (incluídos):
PRIMEIRA: RETOS DIARIOS DE DISFRACE
- Cada día da semana entre o luns 8 e o xoves 11 haberá un desafío de disfraces diario, e común a todos os cursos.
- As temáticas foron deseñadas polo alumnado de 2o de Bacharelato, e buscan que todo o mundo poida participar empregando roupa e complementos que teña por casa.
- Ao escoller o voso disfrace, tende en conta que non pode interferir co uso da mascara, emprego do hidroxel, etc. É dicir: nin luvas nin caretas, ou outros elementos que tapen a cara. Igualmente, non podemos esquecer o mantemento das normas de seguridade (distancia persoal, evitar o contacto, non compartir material, etc).
- As temáticas son as seguintes:
- Luns 8: deportes. Individual ou por equipos, o importante é participar!
- Martes 9: celebración. Aproveita e saca a roupa de festa! Vodas, bautizos e comuñóns do Monte da Vila!
- Mércores 10: pixama. Iso si, non vale durmirse!
- Xoves 11: labregos. A rebuscar no armario dos avós!
SEGUNDA: CONCURSO DE DISFRACES POR GRUPOS
- O venres 12 celebraremos un concurso de disfraces por clases.
- A temática é libre, pero cada clase ten que escoller a súa antes do día 9 e inscribirse.
- Ao igual que nos retos diarios, o cumprimento das normas de seguridade e hixiene fronte á Covid é fundamental.
- Para inscribirse no concurso, os delegados de cada clase entregaranlle aos seus titores ou ao vicedirector unha folla coa listaxe de participantes da súa clase, e a temática escollida.
- Lembrade que se non vos inscribides non teredes a oportunidade de gañar o premio!
TERCEIRA: XURADO E PREMIOS
- De luns a xoves, o profesorado valorará a cada grupo na sesión de clase correspondente, tendo en conta os disfraces, a participación do conxunto do grupo, a adecuación á temática diaria e o cumprimento das normas. O grupo que teña maior puntuación final obterá o seguinte premio:
- Almorzo na cafetería do centro e diploma.
- O venres haberá un xurado composto por entre 3 e 5 profesores, encargado de valorar os disfraces, a súa adecuación á temática escollida e o cumprimento das normas.
- No concurso de disfraces entregarase o seguinte premio:
- Almorzo na cafetería do centro ao mellor grupo de disfraces e diploma.
- A participación no concurso supón a aceptación destas bases e o fallo do xurado.
Resolución Erasmus +
Tras o proceso de selección, o alumnado das movilidades correspondentes é o seguinte:
CRETA (GRECIA)
- 3 prazas para alumnado do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, para realizar unha estadía de 100 días en Rétino, na illa de Creta (Grecia).
- SMR 2:
- Castro Pérez, Rubén
- Padín Troncoso, Iago
- Soutullo Otero, Alberto
BRAGA (PORTUGAL)
- 2 prazas para o alumnado do ciclo de FPB de Servizos Administrativos, para realizar unha estadía de 62 días en Portugal.
- FPB2
- Cerviño Fraga, Carmen
- Gondar Soutullo, Pablo
Orde da listaxe de espera:
SMR2:
- Otero Castro, Pablo
FPB2:
- Cerviño Fraga, Lola
- Casal Camacho, Esmeralda
- Piñeiro Estévez, Candela
- Domínguez Blanco, Francisco José
- Cacabelos Ramos, Lara
Calendario de exames finais de ciclo e materias pendentes
Publícase o calendario de exames finais:
Publícase o calendario de exames finais de materias pendentes:
