Listaxes provisionais alumnado admitido para o curso 2020-2021

Están expostas no taboleiro do centro as listaxes provisionais do alumnado que foi admitido para o vindeiro curso 2020-2021.

  • Poderanse formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.
  • A publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria: do 1 ao 10 de xullo de 2020.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2020

INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBA DE ACCESO

IMPORTANTE LER CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS

Xa está dispoñible a asignación de sede para as probas. Consulta aquí: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8668

Para o IES Monte da Vila a asignación de centro-sede é o IES Luis Seoane (Pontevedra)

Actualizaronse as datas das probas de acceso a ciclo e medio e superior.

  • As probas de acceso a ciclos de grado medio serán o 10 de xuño de 2020.
  • As probas de acceso a ciclos de grado superior serán o 11 de xuño de 2020.

Consulta o documento adxunto para saber os documentos que precisas e como se desenvolverán as probas.

Consulta as convocatorias:

Fondo de Libros Curso 2020/2021

Abriuse o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto “Fondolibros”, que poderán realizarse ata o día 19 de xuño.

A realización de solicitudes pode realizarse de forma electrónica, a través do seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

No caso de realizala de forma presencial, rogamos entreguen a documentación cuberta a ordenador.

Pregamos ás familias que, se é posible, se axusten ás seguintes datas para a entrega da documentación do fondo de libros, segundo o curso para o cal realicen a solicitude da axuda, co fin de evitar aglomeracións:

  • 1º ESO: 25 e 29 de maio. 4, 10 e 16 de xuño
  • 2º ESO: 26 de maio. 1,5, 11 e 17 de xuño.
  • 3º ESO: 27 de maio. 2, 8, 12 e 18 de xuño.
  • 4º ESO: 28 de maio. 3, 9, 15 e 19 de xuño.

Evitar, ademais, esperar á derradeira semana. O horario da Secretaría do Centro é de 9 a 14 horas.

Actualización das instrucións para o terceiro trimestre (04/05/2020)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar unhas orientacións provisionais. En base ás mesmas, tentaremos organizar o traballo e informar á comunidade educativa.

A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo

Resolución pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial (23/04/20)

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se ditan instrucións para a realización das ABAU

 

 

1. TRABALLO DO TERCEIRO TRIMESTRE - ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.

Desde o centro queremos animar a todo o alumnado a traballar segundo as instrucións que recibirán do profesorado, tanto para recuperar ou reforzar contidos de avaliacións anteriores, como para adquirir uns coñecementos necesarios para o curso seguinte. É importante que o alumnado, na medida das súas posibilidades, traballe seguindo estas orientacións para o seu beneficio presente e futuro.

O profesorado actualizou as instrucións correspondentes e subíu as adaptacións das programacións no apartado “Departamentos” desta páxina web con acceso a través do botón "Departamentos"

 

2. INFORMACIÓN SEMANAL DE TAREFAS

De cara a unha mellor información e coordinación de actividades, temos creado unha páxina por curso onde poderán consultar, semanalmente as actividades a desenvolver polo alumnado, no seguinte enlace

O IES MONTE DA VILA – TAREFAS SEMANAIS

 

 

3. AXUDA AO ALUMNADO: COORDINACIÓN E CONTACTO CON TITORES E PROFESORADO

Para desenvolver adecuadamente estas tarefas pretendemos establecer un calendario de contacto dos titores e profesorado co alumnado. Este contacto será, na medida do posible, a través de sesións semanais virtuais de titoría de grupo e de materia. Poden consultar o calendario de cada curso no enlace anterior.

Estas sesións engaden unha canle de comunicación directa ás xa existentes para que o alumnado comunique as dificultades para desenvolver as tarefas propostas ou seguir as indicacións do profesorado, resolución de dúbidas, etc. A comunicación entre persoas titoras e familias realizarase a través de abalarMóbil. A problemática pode vir de diferentes situacións que comentamos a continuación.

 

3.1. PROBLEMAS NO ACCESO Á AULA VIRTUAL

No caso de que algún alumno/a non teña acceso á aula virtual ou perdera a contrasinal, deberá enviar un correo electrónico ao administrador da mesma (rsmozos@edu.xunta.es) indicando o seu nome, curso e dirección de correo electrónico ao que desexa vincular a conta da aula virtual.

 

3.2. DIFICULTADES CO EQUIPAMENTO INFORMÁTICO PARA ACTIVIDADES ONLINE

Dende as titorías do instituto estamos a consultar a todo o alumnado as súas necesidades para tentar darlles solución. No caso de ter calquera problema neste sentido, ademais de informar á persoa titora, pode enviar unha mensaxe ao correo do instituto.

 

3.3. LIBROS OU MATERIAL NO INSTITUTO

A partir do luns 13 de abril comezamos a entregar de novo material ao alumnado que o deixara no centro. En caso de necesitar recoller calquera material no centro, deberá enviarse un correo a ies.monte.vila@edu.xunta.es indicando o nome do alumno/a, curso e grupo, relación de material que solicita, ubicación detallada do mesmo (no caso de estar na súa mesa, ubicación da mesma na aula), e un teléfono de contacto. Unha vez localizado o material, indicarase a forma de recollelo seguindo as normas de seguridade indicadas polo servizo de emerxencias do Grove.

 

4. ABALARMÓBIL

Pregamos a todas as familias que, no caso de non ter instalado o abalarmobil, o instalen canto antes para poder recibir a información que enviamos a toda a comunidade educativa e para ofrecer información personalizada ás familias.

 

5. ADMISIÓN E MATRÍCULA

   Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

     Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible nesta ligazón:       Máis información sobre o proceso de admisión

   As persoas que desexen entregar a solicitude no centro deberán acudir entre o luns 11 e o venres 18 de maio en horario de 9 a 14 horas. Deben facelo mantendo unha distancia de seguridade mínima de 2 m entre elas en todo momento e seguir ás indicacións que reciban ao chegar ao centro.

Prazos

 Presentación de solicitudes:

entre o luns 11 e o venres 18 de maio de  2020

 Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo:

ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido:

antes do 9 de xuño de 2020.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais

no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido:

ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación secundaria obrigatoria e bacharelato:

Prazo ordinario:

do 1 ao 10 xullo.

Prazo extraordinario:

do 1 ao 10 de setembro.

 

 

 

 

 

6. MÁIS INFORMACIÓN

No momento en que recibamos máis instrucións desde a Consellería, farémoslla chegar.

 

En caso de calquera dúbida, poden enviar unha mensaxe ao correo do centro: ies.monte.vila@edu.xunta.es

 

Actualización das instrucións para o período de suspensión das actividades lectivas no centro (31/3/2020)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar diferentes medidas e informacións dende a comunicación do estado de alarma

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días contados dende o día 16 de marzo de 2020

Consenso xeneralizado entre Ministerio e CCAA en manter o calendario escolar e aprazar a ABAU

A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo

 

TAREFAS E INSTRUCIÓNS PARA O ALUMNADO 

O profesorado incorporou nos últimos días, as instruccións correspondentes no apartado "Departamentos" desta páxina web, con acceso a través do botón "Departamentos", para que o alumnado poida realizar diferentes tarefas relacionadas cos contidos curriculares no seu domicilio. Nestas instruccións, cada profesor indica a/as plataformas de formación online que debe utilizar o alumnado.

 

PROBLEMAS CO ACCESO Á AULA VIRTUAL

No caso de que algún alumno/a non teña acceso á aula virtual ou perdera a contrasinal, deberá enviar un correo electrónico ao administrador da mesma (rsmozos@edu.xunta.es) indicando o seu nome, curso e dirección de correo electrónico ao que desexa vincular a conta da aula virtual.

 

DIFICULTADES CO EQUIPAMENTO INFORMÁTICO PARA ACTIVIDADES ONLINE

O Concello do Grove facilitaralle equipamento informático para continuar a súa formación a distancia ao alumnado que o precise.

Instrucións para a súa solicitude

Dende as titorías do instituto estamos a consultar a todo o alumnado as súas necesidades para tentar darlles solución.

 

LIBROS OU MATERIAL NO INSTITUTO

Atendendo ao RD Lei 10/2020, o centro permanecerá pechado ata novo aviso. Por este motivo, non é posible recoller fisicamente material no instituto. En caso de necesitar materiais, deberá enviarse un correo a ies.monte.vila@edu.xunta.es explicando a situación e indicando nome do alumno/a, grupo e materia, para poder trasladarlle a petición ao docente correspondente e poida así proporcionar os contidos necesarios ou unha alternativa aos mesmos en formato dixital.

 

IMPORTANTE ABALARMÓBIL

Pregamos a todas as familias que, no caso de non ter instalado o abalarmobil, o instalen canto antes para poder recibir a información que enviamos a toda a comunidade educativa e para ofrecer información personalizada ás familias.

 

ADMISIÓN E MATRÍCULA

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes”

O proceso de prematricula queda aprazado ata novo aviso. O procedemento para a mesma será comunicado ao longo do mes de abril.

 

CUALIFICACIÓNS DA 2ª AVALIACIÓN

 

As cualificacións da 2ª avaliación enviaranse pola aplicación Abalarmóbil na mañá do venres 3 de abril. Por esa razón, de non ter esta aplicación instalada no teléfono móbil, polo menos un dos responsables do alumnado deberá:

 

Opción 1 (a máis recomendable): instalar a aplicación Abalarmobil  antes do venres día 3.

 

Opción 2: Enviar antes do venres día 3 un correo electrónico ao centro (ies.monte.vila@edu.xunta.es) indicando, no asunto:

 

Asunto: Cualificacións 2º av de …………………… (nome e apelidos do/da alumno/a).

 

E poñendo no texto principal:

 

Eu, (nome e apelidos do/da responsable) .......................solicito o envío a esta dirección de correo electrónico as cualificacións na 2ª avaliación do meu/miña fillo/a.

Para comprobar a identidade, deberá enviar igualmente os seguintes datos:

DNI e teléfono fixo e móbil do representante.

DNI do alumno/a.

 

INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA SOBRE A AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE (2ª Avaliación)

A avaliación do segundo trimestre realizarase seguindo as instrucións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do pasado 27 de marzo, nas que se concreta o seguinte:

 1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

3. No caso das ensinanzas de formación profesional de grao medio e grao superior na avaliación parcial de módulos do segundo curso no réxime ordinario o equipo docente tomará as decisións de acceso do alumnado á FCT e, nos ciclos de grado superior o módulo de proxecto.

 

 

3ª AVALIACIÓN

Non temos instrucións sobre a concrecion de medidas a adoptar en relación á terceira avaliación, en canto as teñamos, publicarémolas para o seu coñecemento.

 

 

En caso de calquera dúbida, poden enviar unha mensaxe ao correo do centro: ies.monte.vila@edu.xunta.es

 

Prematrícula Curso 2019/20 - Información

Podedes consultar os itinerarios da ESO e os itinerarios de Bacharelato 

Podedes consultar a seguinte información por curso:

a) Impreso de prematrícula: todas as materias a escoller. Enlace en PDF. Enlace en Word.

b) Información facilitada polos departamentos sobre determinadas materias. Enlace a cada unha delas.


1º ESO

Impreso prematrícula 1º ESO (PDF) (Word)


2º ESO

Impreso prematrícula 2º ESO (PDF) (Word)

OptatividadeFrancés


3º ESO

Impreso prematrícula 3º ESO (PDF) (Word)

Troncais de opción: Matemáticas académicas   Matemáticas Académicas Sección Bilíngüe  Matemáticas Aplicadas.

Materias específicas:     Cultura clásica      Francés      


4º ESO

Impreso prematrícula 4º ESO (PDF) (Word)

Troncais de opción (académicas):    

Troncais de opción (aplicadas):

Específicas:


1º BAC

Impreso prematrícula 1º BACH (PDF) (Word)

Troncais de opción

Específicas:  

Libre configuración:  


2º BAC

Impreso prematrícula 2º BACH (PDF) (Word)

Troncais de opción:  

Específicas:  

Libre configuración


Sistemas Microinformáticos e Redes

Información xeral sobre o grado medio de Formación Profesional


Máis información en DEPARTAMENTOS

Caderno 4º ESO para Familias e Alumnado 2019-2020

O Departamento de Orientación pon a disposición da comunidade educativa un caderno coa información académica e profesional para os estudantes de 4º da ESO. Entre outras detállanse:

  • Criterios de Titulación.
    • ACLARACIÓN: Estos son os criterios habituais para obter o título en ESO pero este curso, de forma excepcional, motivado polo COVID-19, debemos aínda esperar ao que dispoña a Consellería de Educación da Xunta de Galicia ou o Ministerio de Educación y Formación Profesional.
  • Posibilidades para continuar os estudos: Grados de Formación Profesional, Bacharelatos, ensinanzas de réxime especial.
  • Oposicións a corpos e forzas de segurudade do estado.

 

Distribuir contido