EXPOSICIÓN DE PROXECTOS DE TECNOLOXÍA NO CENTRO

O Departamento de Tecnoloxía expón polos corredores do centro os proxectos que os alumnos e as alumnas de diferentes cursos fixeron neste trimestre:

 

 

 

Charla sobre Doazón e Transplante de Órganos

O luns 29 de xaneiro o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha charla sobre trasplantes e doazón de órganos para o alumnado de Bioloxía de 3º da ESO. Lucas Lage Cendón, Coordinador de Transplantes do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, acudiu ao centro con Carlos Sánchez Montes, un paciente trasplantado que relatou a súa experiencia persoal. Durante unha sesión e media explicaron o funcionamento do proceso e a súa importancia, co obxectivo de lograr unha reflexión por parte do alumnado.

 

    

 

   

Charlas sobre o acoso escolar (segunda parte)

Continúan as charlas para as familias sobre o acoso escolar, nesta ocasión será o martes 30 de xaneiro, ás 17:30 na aula de convivencia do IES Monte da Vila.

Charla “Drons, imaxe aérea e imaxe satélite”

O pasado martes 23 de xaneiro D. Fernando Martín Rodríguez, Doutor en Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, impartiu unha charla didáctica para o alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato, titulada “Drones, imagen aérea e imagen satélite”.

Nesta charla o relator explicou os fundamentos do funcionamento dos drons (giroavións/multirrotores e de ala fixa) e as tecnoloxías implicadas (eléctricas, mecánicas, electrónicas, comunicacións, piloto automático, estabilización de cámara...). Tamén se explicou cómo facer capturas de imaxes cartográficas (voo fotogramétrico, ortomosaicos) e o procesado das imaxes aéreas. E por último, describironse as plataformas de observación terrestre dende satélites, os tipos de sensores, o portal de Copernicus (ESA) e o procesado de imaxe satélite.

 

      

 

Semana Branca en Andorra - 2024

Outro ano máis, o Departamento de Educación Física organizou a Semana Branca a Andorra. Repetimos na estación do curso pasado, Ordino-Arcalís. Acompañamos ao alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato. O tempo foi máis amable que o curso pasado e favoreceu a aprendizaxe e o desfrute no tempo libre. Exprimimos as xornadas ao máximo saíndo a explorar as pistas, os remontes e desfrutando das vistas dende os telesillas. Tamén nos relaxamos (toleamos, mellor dito) no balneario Caldea e visitamos en varias ocasións Andorra La Vella. Esta saída é dura, intensa e esixente e o alumnado estivo á altura. Voltaremos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2024.

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Convocatoria Erasmus+ curso 2023-2024

Ábrese o proceso de inscrición para a participación no programa Erasmus +  do curso 2023-2024 do IES Monte da Vila. As prazas dispoñibles son as seguintes:

  • 5 prazas para alumnado do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, para realizar unha estadía de 100 días en un dos seguintes destinos:
    • Italia (Pescara/Palermo)
    • Irlanda (Dublín)
    • Grecia (Atenas)
    • Malta
    • Polonia (Cracovia)
    • Croacia (Osijek)
    • República Checa (Praga)
    • Alemania (Berlín)
    • Francia (Niza)
    • Holanda (Róterdam)
    • Portugal (Lisboa, Oporto)
  • 2 prazas para o alumnado do ciclo de FPB de Informática de Oficina, para realizar unha estadía nos mesmos destinos.

Deberán entregarse as solicitudes no prazo de 10 días laborais, a contar a partir do día 22 de xaneiro de 2024, luns. A partir da finalización deste prazo, comezará o proceso de selección. Publicarase nesta páxina en vindeiras datas a listaxe de persoas seleccionadas e a orde correspondente na listaxe de espera das persoas non seleccionadas.

Os criterios de selección indícanse a continuación:

  • Expediente académico (30 %)
  • Coñecemento de idiomas (30 %)
  • Méritos (10 %)
  • Entrevista persoal (20 %)
  • Interese polo programa Erasmus (10%)

En caso de empate, os criterios de desempate serán, por esta orde:

  • A maior puntuación no expediente
  • A maior puntuación en formación de idiomas

En caso de continuar empatados, o desempate determinarase por sorteo.

Baremo

1) EXPEDIENTE ACADÉMICO (30 %)
 
Valorarase ata un máximo de 3 puntos, calculando a media aritmética das cualificacións obtidas nas materias do ciclo formativo de grado medio.

  • De 6 a 6,99. Aprobado. 1 punto.
  • De 7 a 8,99. Notable. 2 puntos.
  • De 9 a 10 Sobresaliente. 3 puntos.

Non se terán en conta as cualificacións convalidadas.
 
2. COÑECEMENTOS DE IDIOMAS (30 %)
 
2.1. Certificados de nivel do idioma do país de destino (ou inglés no seu defecto, por exemplo no caso de Grecia). Por certificado oficial da Escola Oficial de Idiomas ou un equivalente legalmente homologado. Sumarán ata un máximo de 3 puntos.

  • A1: 1 punto.
  • A2: 1,5 puntos.
  • B1: 2 puntos.
  • B2: 2,5 puntos.
  • C1 o C2: 3 puntos.

Sen certificado oficial: realización dunha proba de nivel (escrito + oral), ata un máximo de 1 punto.
 
2.2. Baremo dun segundo idioma
 
Valorarase o coñecemento de outro idioma cun nivel mínimo de A2 e coa acreditación dun certificado oficial, da mesma forma que para un idioma vehicular do país de destino (ou inglés no seu defecto), ata un máximo de 1 punto:

  • A2: 0,5 puntos
  • B1, B2, C1, C2.: 1 punto

A puntuación máxima que pode obterse neste apartado é de 3 puntos.
 
3. MÉRITOS (10 %)
 
Valorarase con 0,5 puntos cada título de formación profesional de grado medio diferente ao que da acceso á mobilidade, ata un máximo de 1 punto, en caso de FP Básica este punto non é aplicable.
 
4. ENTREVISTA PERSOAL (20 %)
 
Habilidades persoais e sociais suficientes para desenvolverse en contornas distintas das habituais. Valorarase a participación en programas de voluntariado.
 
5) INTERESE POLO PROGRAMA ERASMUS (10%)
 
Proba de coñecemento do programa Erasmus e de toda a información que recibiu na fase previa a este proceso selectivo.

 

Obra “Frida” no Teatro Principal en Santiago de Compostela

O pasado xoves os estudantes de 3ºESO foron ao Teatro Principal a ver e escoitar a obra "Frida" por parte da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela:

Un día Frida, unha adolescente “aburrida da vida”, descobre unha marabillosa carta que a súa avoa Henriqueta lle escribira a FRIDA KALHO. Nela dáballe as grazas por mostrarlle que a arte é un talismán que o cura todo. A partires de entón, comeza un proceso de transformación que revolucionará a vida da cativa e todo o que está ao seu arredor. A maxia da arte fará que a creatividade de Frida se dispare, fará que pinte cadros, que cante, que baile, que vista o espazo de cores da vida e que á fin, coñeza a FRIDA KAHLO

 

 

No escenario a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e a actriz Cristina Collazo. 

PROTOCOLO PARA O USO DE TELÉFONOS MÓBILES E DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS NOS CENTROS EDUCATIVOS

De acordo co protocolo adxunto da Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos, determínanse as seguintes pautas a implantar nos centros educativos, que se identifican como boas prácticas educativas en materia de convivencia escolar:

1. Nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que ofrezan algunha das ensinanzas reguladas na lei orgánica educativa en vigor, a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos.

2. Considéranse aos efectos deste protocolo como períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.

3. Os centros poderán establecer excepcionalmente normas para a correcta utilización dos dispositivos indicados como ferramenta pedagóxica, supervisada polo profesorado.

4. Exceptuarase desta restrición o emprego proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de oportunidade ou necesidade, médicas ou de outra índole, sempre e cando o motivo estea xustificado da maneira que se considere en cada caso atendidas as circunstancias, e así sexa autorizado pola dirección do centro, ou, de non ser isto posible, polo profesorado.

5. Este protocolo ten un carácter básico e deberá ser contextualizado á realidade do centro e incluído nas súas normas de convivencia. Os centros educativos que impartan ensinanzas de formación profesional de grao superior, de réxime especial ou de adultos, en base á súa autonomía organizativa e ás súas características, poderán adaptar este protocolo respecto destas ensinanzas no relativo ás limitacións establecidas para os períodos non lectivos.

Programa Aditus

Lanzado en 2017, el objetivo del Programa Aditus es orientar, formar y facilitar el acceso de estudiantes de 1º de Bachillerato, con expediente académico brillante y recursos limitados, a universidades internacionales de primer nivel. Además de Estados Unidos, los estudiantes seleccionados podrán recibir asesoramiento sobre procesos de admisión a otras universidades europeas; en concreto y para para esta convocatoria, a Países Bajos.

El Programa Aditus proporciona a sus estudiantes tutores individuales para asesoramiento durante todo el proceso de admisión, preparación para exámenes obligatorios, y asignación de beca según renta para sufragar gastos de pruebas académicas de acceso, que se realizan en España. 

Los estudiantes que sean seleccionados no tienen que realizar ninguna aportación económica por participar en el Programa Aditus.

Aditus ha preparado a siete promociones de estudiantes admitidos en universidades como Harvard, Yale, Columbia, Pennsylvania, Duke, Georgia Tech, Northwestern, Cornell, Harvey Mudd, Rochester, Imperial College, Bath, UCL, Manchester o Warwick.​

Para la convocatoria 2023/2024, queremos ampliar la difusión del Programa Aditus al mayor número de estudiantes que quieran intentar este ilusionante proceso.

Para ello, les facilitamos:

1.- Enlace para acceder a las bases, requisitos y formulario de la convocatoria, que estará abierta desde el 15 de diciembre de 2023 al 31 de enero de 2024, para que puedan trasladarlo a los alumnos y alumnas de 1º Bachillerato (de cualquier modalidad), que puedan estar interesados: https://programaaditus.org/solicitud/

2.- Folleto informativo que pueden imprimir o remitir a los estudiantes y sus familias. 

Distribuir contido