Secretaría

Xa se poden recoller os vales de material para o curso 22/23

Xa están a disposición das familias beneficiarias os vales de material para a adquisición de material escolar para o vindeiro curso 2022/23.

Póndense recoller na secretaría do centro.

Listaxe provisional de vales de material para o curso 22/23

Xa están publicadas no taboleiro de anuncios do centro, as listaxes provisionais de axudas para a adquisición de material escolar para o vindeiro curso 2022/23

Oferta de formación profesional para o curso 2022-2023 e prazos do proceso de admisión

Publicada no Portal FP a oferta de formación profesional sostida con fondos públicos polo réxime ordinario e polo réxime para persoas adultas en centros de Galicia, así como a oferta de cursos de especialización e de programas formativos básicos.>

 


Publicados tamén os calendarios de admisión para réxime ordinario e réxime das persoas adultas, para FP dual e para cursos de especialización.

 

 

Máis información:

PRAZOS DE ADMISIÓN FP BÁSICA CURSO 2022-23

Prazos do proceso de admisión:

  • Presentación de solicitudes do 27 de xuño ó 6 de xullo.
  • Publicación da listaxe provisional de solicitudes 8 xullo.
  • Reclamación á listaxe provisional do 8 ó 12 de xullo.
  • Publicacicón da listaxe definitiva de solicitudes 20 xullo.
  • Publicación da axudicación de prazas 20 de xullo.
  • Matriculación das persoas con praza adxudicada dende o 20 xullo.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

Mér, 18/05/2022 - 10:10

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Orde do 29 de abril de 2022 (DOG)Extracto da Orde do 29 de abril de 2022 (DOG)

Listaxe Provisional de alumnado admitido para o curso 2022/2023 da ESO e BACHARELATO

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a Listaxe Provisional de alumnado admitido para o curso 2022/2023 da ESO e BACHARELATO.

Só se poderá consultar presencialmente no centro.

Admisión a ciclos formativos. Ciclos e módulos formativos con prazas dispoñibles (ciclos liberados)

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 21 de xullo ás 9:00 horas ata o día 26 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.

No ciclo medio que se imparte no noso centro - Sistemas Microinformáticos e Redes - quedan dispoñibles 3 prazas.

Toda a información en: www.edu.xunta.es/fp

Recollida de vales de material escolar

Xa están dispoñibles na secretaría do centro os vales de material escolar para o vindeiro curso 2021/2022.

A listaxe das axudas concedidas e denegadas está dispoñible no taboleiro da secretaría.

Reclamación de cualificacións

RECLAMACIÓNS CURSO 2020/21

As datas e o procedemento para a reclamación de cualificacións para o curso 2020/21 son as seguintes:

RECLAMACIÓN DE 2º BACH – CONVOCATORIA ORDINARIA

Publicación das cualificacións a través da plataforma abalar: 18 de maio de 2021.

Reclamación no centro: 19 e 20 de maio de 2021 (ata as 14h).

Entrega de resolución dos departamentos a xefatura de estudos: 21 de maio ás 14h. Entrega ao alumnado ás 14h do 21 de maio.

Prazo para a reclamación do alumnado ante á Inspección educativa: 24 e 25 de maio ata as 14h.

RECLAMACIÓN DE 2º BACH – CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Publicación das cualificacións a través da plataforma abalar: 23 de xuño de 2021.

Reclamación no centro: 24 e 25 de xuño de 2021 (ata as 14h).

Entrega de resolución dos departamentos a xefatura de estudos: 28 de xuño ata as 14h. Entrega ao alumnado ás 14h do 28 de xuño.

Prazo para a reclamación do alumnado ante á Inspección educativa: 29 e 30 de xuño ata as 14h.

RECLAMACIÓN ESO, 1º BACH e FP – CONVOCATORIA ORDINARIA

Publicación das cualificacións a través da plataforma abalar: 23 de xuño de 2021.

Reclamación no centro: 24 e 25 de xuño de 2021 (ata as 14h)

Entrega de resolución dos departamentos a xefatura de estudos: 28 de xuño ata as 14h. Entrega ao alumnado ás 14h do 28 de xuño.

Prazo para a reclamación do alumnado ante á Inspección educativa: 29 e 30 de xuño ata as 14h.

 

NORMATIVA APLICABLE

ORDE de 2 de marzo de 2021

Circular 2/2021 da Secretaría de Educación e Formación Profesional

 

Distribuir contido