FP

Oferta de formación profesional para o curso 2022-2023 e prazos do proceso de admisión

Publicada no Portal FP a oferta de formación profesional sostida con fondos públicos polo réxime ordinario e polo réxime para persoas adultas en centros de Galicia, así como a oferta de cursos de especialización e de programas formativos básicos.>

 


Publicados tamén os calendarios de admisión para réxime ordinario e réxime das persoas adultas, para FP dual e para cursos de especialización.

 

 

Máis información:

A experiencia ERASMUS+ de Carmen, Hugo, Lola e Luis en empresas de Pescara (Italia) Curso 21/22

Unha ano máis, no curso 2021/22 o alumnado de FPB Carmen Cerviño, Lola Cerviño e Luis Basallo recibiron formación coma aprendices para titulados e Hugo Dopico realizou parte da Formación en Centros de Traballo (FCT) en Pescara, dentro do programa Erasmus+ / KA102 do IES Monte da Vila, que leva por título “Unha nova oportunidade”. A súa estancia formativa en Portugal durou dende o 22/04/2022 ata o 31/05/2022.

A experiencia ERASMUS+ de Carmen e Pablo en empresas de Braga (Portugal) Curso 20/21

No curso 2020/21 os alumnos de FPB Pablo Gondar Soutullo e Carmen Calviño Fraga realizaron a Formación en Centros de Traballo (FCT) en Braga, dentro do programa Erasmus+ / KA102 do IES Monte da Vila, que leva por título “Unha nova oportunidade”. A súa estancia formativa en Portugal durou desde o 26/04/2021 ata o 24/06/2021.

Carmen e Pablo, coa coordinadora da FCT, Ana Gómez, e a actual directora do instituto, Nuria Santiago.

Pablo realizou a súa formación na empresa JOSÉ SOARES E RODRIGUEZ, LDA (SORAUTO). Nas súas propias palabras, a participación no proxecto Erasmus+ foi “unha grande experiencia, na que aprendes a ser responsable e autosuficiente, e na que coñeces a moita xente, fas novos amigos e descobres lugares interesantes”.

 

 

Carmen realizou a súa formación na empresa STOCK – CAR, tamén en Braga. Como ela mesma di, “foi unha experiencia incrible. Coñecín un país, unha cultura, un idioma, e aprendín un traballo”.

Agardamos que a enriquecedora experiencia de Carmen e Pablo anime ao alumnado de Formación Profesional a presentar a súa candidatura para as futuras convocatorias do proxecto Erasmus+.

 

Distribuir contido