Novas destacadas

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO CURSO

Estimadas familias, o curso 2020 - 2021 comeza e temos que adaptarnos ás novas normas derivadas da situación actual que estamos a vivir en todo o mundo. Pedimos a súa colaboración, como parte fundamental na educación do noso alumnado, para axudar a que se cumpran as medidas establecidas no plan de adaptación á situación covid19 no curso actual ao que poderán ter acceso nos vindeiros días. 
 
Ante todo, queremos transmitir que o mes de setembro está sendo moi complicado pola indecisión e tardanza da Consellería á hora de enviar profesorado. Inicialmente concedíannos soamente un docente, pero despois de moito insistir, conseguimos un segundo, que nos garantiza a PRESENCIALIDADE PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
 
Achégase o novo CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS, no que se modifica o horario con respecto á anterior información. Recorden que despois da presentación CONTINUARÁN AS CLASES DURANTE TODA A XORNADA e vindeiros días.
 

  • Mércores 23
    • 8:45h: 1º de ESO
    • 12:00h: 2º de ESO
    • 14:00h: 1º BACH e 1º de ciclo medio de SMR
  • Xoves 24
    • 8:45h: 3º de ESO
    • 12:00h: 2º BACH e 2º de ciclo medio de SMR
  • Venres 25
    • 8:45h: 4º de ESO e 1º e 2º de FP Básica

 
Haberá servizo de transporte para o alumnado que teña a presentación á 1ª hora e para todo o alumnado á hora da saída.
 
O día previo á presentación recibirán a través de Abalar Móbil información sobre o grupo que lle corresponde a cada alumno/o, polo que deberían estar pendentes da aplicación. Haberá tres ringleiras á entrada do centro, para cada un dos grupos. Recorden que os pais/nais non poden entrar no recinto escolar.
 
Para coñecer o horario exacto no que o autobús pasa por cada unha das paradas, consultar no grupo da ANPA. Nós a información da que dispoñemos é que a liña de Porto Meloxo chega ao centro ás 8:25 aproximadamente e as demais liñas ás 8:40.
 
Mentres non publiquemos na web o protocolo mencionado anteriormente e, tendo en conta que é un documento algo extenso, queremos compartirlles un resumo desas medidas que consideramos deben ler e ter presente antes de comezar o curso, tanto os alumnos e alumnas como as familias.
 
Hai 3 actuacións a desenvolver durante toda a xornada lectiva que nos parece que se deben ter presentes e non esquecer en ningún momento:

  1. No centro educativo todas as persoas deben manter a distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros.
  2. O uso da máscara é obrigatorio como medida de protección individual e colectiva en todo momento. (Tamén é obrigatorio levar unha de reposto nun estoxo). 
  3. A hixiene de mans como principal xeito de protexernos de posibles contaxios por contacto de obxectos ou persoas.

 

Benvid@s ao curso 2020/2021 
 
Poden acceder ao resumo das medidas de protección e ás normas de comezo de curso no documento adxunto.

 

Tamén poden consultar os diferentes plans que temos elaborado en relación á COVID-19 no noso instituto:

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID DO IES MONTE DA VILA

PLAN DE CONTINXENCIA DO IES MONTE DA VILA

Calendario de setembro

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA  CURSO 2019-2020 

  • As probas terán lugar os días 1 e 2 de setembro de 2020 segundo o horario establecido. 
  • As probas desenvolveranse nas Aulas de Usos múltiples, 1º bacharelato C ou aulas específicas. 
  • As probas das materias pendentes realizaranse á mesma hora que a do curso actual. 
  • A data prevista para a entrega de cualificacións é o xoves 3 de setembro ás 13 h. 
  • Reclamacións ás cualificacións ata as 13 h. do luns 7 de setembro. 
  • Matrícula ESO e Bacharelato: Venres 4 setembro, de 9 a 14 h. 
  • Transporte escolar: Non haberá servizo de transporte escolar ata o comezo das actividades lectivas. 
  • Modificacións: Calquera modificación a este calendario será actualizada, tanto na páxina web do centro coma no taboleiro de anuncios. 

Consulta horarios e datas de exame no ficheiro adxunto.

Libros de Texto Curso 2020/2021

A listaxe de libros de texto para o curso 2020-2021 atópase dispoñible no seguinte arquivo.

ADMISIÓN GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 2020-21

CONVOCATORIA ADMISIÓN GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

FORMACIÓN PROFESIONAL

 CURSO 2020-2021

Dirección do enlace:

http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2020-2021

Na dirección de enlace figuran:

  • Instrucións sobre como realizar a solicitude web.
  • Vídeo de axuda para realizar a solicitude.
  • Asistente informático para realizar a solicitude.
  • Instrucións xerais do proceso de admisión.
  • Oferta actualizada 2020-2021.

Tamén é importante consultar as instrucións xerais do proceso de admisión para o réxime ordinario, como os prazos e datas, no seguinte documento.

CALENDARIO MATRÍCULA XULLO 2020

(para o alumnado que promocione ou titule en xuño)

Pensando na seguridade das persoas, é moi importante respectar as datas de matrícula que figuran a continuación para cada un dos niveis educativos. Grazas pola colaboración.

DATA NIVEL DATA NIVEL
1 de xullo 2º BACHARELATO 6 de xullo 3º ESO
2 de xullo 1º BACHARELATO 7 de xullo 2º ESO
3 de xullo 4º ESO 8 de xullo 1º ESO
9, 10 de xullo Poderá formalizar matrícula o alumnado que non puido facelo con anterioridade.

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS, DEVOLUCIÓN DE MATERIAL E PERÍODO DE RECLAMACIÓNS

A entrega de cualificacións terá lugar o martes 23 de xuño e o xoves 25 de xuño na aula de referencia do grupo, segundo o horario que figura a continuación.

O alumnado esperará no patio e entrará no centro acompañado do profesorado titor, con mascarilla, mantendo a distancia de seguridade e seguindo as indicacións do persoal do centro. É necesario que todo o alumnado traia un bolígrafo.

Na aula, o profesorado titor entregará, ademais do boletín de notas, o sobre de matrícula ao alumnado que promocione de curso na convocatoria de xuño, para evitar aglomeracións en Secretaría. O alumnado poderá recoller outro tipo de material que aínda estea no centro (patíns, material de plástica,...), pero debe esperar ás instrucións do profesorado titor.

Devolverase todo o material (fondo libros, ANPA) seguindo as instrucións do profesorado titor.

É obrigatorio devolver todos os libros do fondo. Unha vez que o profesorado titor comprobe que se devolveron, poderanse levar de novo en préstamo os libros das materias que o alumnado teña que recuperar en setembro.

Martes 23 de xuño Xoves 25 de xuño
HORA GRUPO HORA GRUPO
    10:00 3º ESO A
10:30 1º ESO A 10:20 4º ESO A
11:00 1º CM SMR 10:40 1º FPB
11:20 2º ESO A 11:00 3º ESO B
11:40 2º CM SMR 11:20 4º ESO B
12:00 1º ESO AB 11:40 1º BACH. A
12:30 2º ESO B 12:00 3º ESO C
12:50 1º ESO B 12:20 1º BACH. C
13:10 2º ESO AB 12:40 2º FPB
    13:00 1º BACH. B

 

RECLAMACIÓNS:

As reclamacións terán que presentarse dentro das 48 horas seguintes á entrega das cualificacións.

Matrícula nas ABAU

Proceso de matrícula ordinaria nas ABAU para o alumnado de 2º de bacharelato.

O prazo para entregar a documentación no centro será entre o día 10 e 17 de xuño.

Documentación:

  • Copia do DNI en vigor.
  • Impreso de matrícula ABAU.
  • Resgardo de pagamento de taxas título de bacharelato (pedir modelo de taxas en secretaría).
  • Resgardo de pagamento de taxas ABAU.

 A documentación cumprimentarase a través dos modelos publicados pola CIUG a excepción do modelo de taxas do título de bacharelato.

 Enlace á web da CIUG. https://ciug.gal/gal/abau

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2020

INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBA DE ACCESO

IMPORTANTE LER CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS

Xa está dispoñible a asignación de sede para as probas. Consulta aquí: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8668

Para o IES Monte da Vila a asignación de centro-sede é o IES Luis Seoane (Pontevedra)

Actualizaronse as datas das probas de acceso a ciclo e medio e superior.

  • As probas de acceso a ciclos de grado medio serán o 10 de xuño de 2020.
  • As probas de acceso a ciclos de grado superior serán o 11 de xuño de 2020.

Consulta o documento adxunto para saber os documentos que precisas e como se desenvolverán as probas.

Consulta as convocatorias:

Distribuir contido