Universidades

Opcións Bacharelato Artes

POSIBLES OPCIÓNS BACHARELATO DE ARTES

1. ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO FP (2 ANOS)
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/oferta educativa aappdO05042019.pdf

2. ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO (4 ANOS)
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/1. oferta educativa ee ss de deseno.pdf

3. GRAO EN BELAS ARTES (4 ANOS)
http://belasartes.uvigo.es/es/estudios/grao-en-belas-artes/

4. CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS (4 ANOS)
https://escolaconservacion.gal/?langzes

5. ESCOLA AUDIOVISUAL DE VIGO FP GRAO SUPERIOR (2ANOS)
https://iesaudiovisualvigo.es/oferta-formativa/
http://centros.edu.xunta.es/iesaudiovisualvigo/ciclos.html

6. ESCOLASDE IMAXEE SON FP GRAO SUPERIOR (2 ANOS)
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm send/9302

7. GRAO EN CREACIÓN DIXITAL UNIVERSIDADE CORUÑA, ANIMACIÓN E VIDEOXOGOS (UDC) (4 ANOS)
https://comunicacion.udc.es/es/plan estudios cdav

8. GRAO EN COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL UNIVERSIDADE SANTIAGO (4 ANOS)
https: //www.usc.gal/es/estudios/grados/ciencias-sociales-juridicas/grado-comunicacion-audiovisual

1.-OFERTA EDUCATIVA DE ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO EN CENTROS PÚBLICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL
2 ANOS

Son ciclos formativos de grao superior os denominados GS
Son ciclos formativos de grao medio os denominados medio CM

PROBAS PARA ACCEDER ÁS ENSINANZAS ARTÍSTICAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO DE GRAO SUPERIOR

Descargar: Resolución do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2023/24.

Modalidades de acceso.

Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior as
persoas aspirantes que estén en posesión do título de bacharelato, ou equivalente para os
efectos académicos, e superar a correspondente proba específica.
As persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia de bacharelato poderanse
presentar á proba específica de acceso, ben que, no momento de formalizar a matrícula
deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida, e poderán optar á praza
solicitada.


Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao superior das ensinanzas
profesionais de artes plásticas e deseño a que se fai referencia esta resolución Título de
bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
As persoas aspirantes que non estean en posesión da titulación requirida deberán ter
cumpridos no ano de realización da proba os dezanove anos, superar a proba que substitúe
o requisito de titulación de bacharelato establecida e superar a correspondente proba
específica.
A inscrición para o acceso e a admisión farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior
de Deseño pública elixida en primeiro lugar, na que se impartan as correspondentes
ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ou ben telematicamente mediante a
ligazón habilitada na aplicación CodexPro na páxina web da escola.
Proba que substitúe o requisito académico do título de bacharelato: día 21 de xuño, desde
as 10.00 ata as 17.00 horas.
Proba específica: día 3 de xullo, desde as 10.00 ata as 19.00 horas.


O prazo de inscrición para as persoas aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe
o requisito académico de titulación de bacharelato, comprende desde o día seguinte ao da
publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 12 de xuño.
A inscrición para as persoas aspirantes que só teñan que realizar a proba específica e para as
que solicitan exención da mesma comprende desde o día seguinte ao da publicación desta
resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 22 de xuño.


Calendario de probas
A proba Substitutiva de bacharelato realizarase nas EASD de Galicia [EASD Pablo
Picasso (A Coruña) – EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela) – EASD
Ramón Falcón (Lugo) – EASD Antonio Faílde (Ourense) ]
▪ Realización da proba: 21 de xuño de 2023 (de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 17:00h).
▪ Listaxe provisional de cualificacións: 23 de xuño de 2023.
▪ Reclamacións á listaxe provisional: 26 e 27 de xuño de 2023.
▪ Listaxe definitiva de cualificacións: 29 de xuño de 2023.
A proba específica realizarase nas EASD de Galicia [EASD Pablo Picasso (A
Coruña) – EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela) – EASD Ramón Falcón
(Lugo) – EASD Antonio Faílde (Ourense) ] As probas realizaranse nas escolas de arte
e superiores de deseño nas que estean inscritas as persoas aspirantes.
▪ Realización da proba: 3 de xullo de 2023 (de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00).
▪ Listaxe provisional de cualificacións: 5 de xullo de 2023.
▪ Reclamacións á listaxe provisional: 6 e 7 de xullo de 2023.
▪ Listaxe definitiva de cualificacións: 11 de xullo de 2023.


Características da proba específica:
Proba específica para o alumnado que reúne os requisitos académicos. A valoración de
cada un dos exercicios dos que constan as probas expresarase en termos numéricos,
utilizando para iso a escala de cero a dez con dous decimais. Para a superación das probas
será necesario acadar unha cualificación igual ou superior a cinco en cada un dos
exercicios dos que constase. A cualificación final da proba específica será a media
aritmética destes exercicios, expresada coa escala de cero a dez con dous decimais.

Ciclos formativos de grao superior.
Estrutura, contidos e cualificación da proba específica:
a) Primeiro exercicio: Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha
hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados
coa historia da arte. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-
artísticos, a sensibilidade ante creacións artísticas, así como a madurez do criterio estético
b) Segundo exercicio: Realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos
e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior execución.
Valoraranse as destrezas, as habilidades, as capacidades de percepción, de observación e
de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos
correspondentes á familia profesional.
c) Terceiro exercicio: A partir dos bosquexos realizados no exercicio anterior e durante un
tempo máximo de dúas horas, execución dun traballo definitivo relacionado cos estudios
que desexa realizar. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o
sentido do espazo e a capacidade compositiva, capacidade de observación e percepción,
expresividade, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos
correspondentes á familia profesional.
A cualificación final da proba específica de acceso é o resultado da media aritmética das
cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada un dos seus exercicios. Cada unha das
partes cualificarase de 0 a 10 puntos, con dous números decimais. Considerarase superada
a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.
Lembramos que para facer trámites nas Secretarías das Escolas é preciso solicitar cita
previa.


2.- OFERTA EDUCATIVA DE ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO
EQUIVALENTES A ESTUDOS UNIVERSIARIOS DE GRAO
4 ANOS


Descargar: RESOLUCIÓN DO 4 DE ABRIL DE 2023, ACCESO E ADMISIÓN DO
ALUMNADO NAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES DE DESEÑO PARA O CURSO
2023/24.


As datas de inscrición para as persoas aspirantes que realicen as probas
substitutivas de bacharelato. Presentación de solicitudes: ata 22 de maio de 2023.
As datas de inscrición para as persoas aspirantes que non realicen as probas
substitutivas de bacharelato. Presentación de solicitudes: ata o 26 de xuño de 2023.
Calendario de probas:
▪ Datas e horario da proba substitutiva de Bacharelato. Realización: 30 de maio de 2023, no
IES San Clemente (Santiago de Compostela) en horario de 11:30h a 14h e de 16h a 19:30h.
▪ Datas e horario da proba Específica. Realización: 4 de xullo de 2023. Nas 4 EASD de Galicia
[EASD Pablo Picasso (A Coruña) – EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela) – EASD
Ramón Falcón (Lugo) – EASD Antonio Faílde (Ourense) ] de 11h a 13h e de 16h a 20h.
▪ Publicación das cualificacións provisionais: 7 de xullo de 2023.
▪ Prazo de reclamación ás cualificacións provisionais: 10 e 11 de xullo de 2023.
▪ Publicación da listaxe de cualificacións definitivas: 13 de xullo de 2023.
▪ Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as para cada Escola: 17 de xullo de 2023.
▪ Datas matrícula novo ingreso:
▪ Primeiro prazo: 19 a 21 de xullo de 2023.
▪ Segundo prazo: 27 e 28 de xullo de 2023.


Condicións das persoas aspirantes. Requirirá estar en posesión do título de bacharel
e superar a proba específica. A proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas
superiores de Deseño terá por obxecto demostrar que a persoa aspirante posúe a
madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos,
será única para as diferentes especialidades destas ensinanzas e terá carácter unificado
para toda as persoas aspirantes. A superación da proba específica de acceso ás ensinanzas
superiores de Deseño faculta, únicamente, para matricularse no ano académico para o cal
fose convocada e realizada a proba específica, en calquera dos centros do Estado en que
se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.
Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente
algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión
e realizar a devandita proba. No caso de superala, poderán optar á asignación da praza
solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharel.


Proba que substitúe o requisito de titulación de bacharel para o acceso ás
ensinanzas artísticas superiores.
As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos,
non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os
coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as
correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.
As persoas aspirantes deberán realizar un total de cinco exames no IES San Clemente, rúa
de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 30 de maio de 2023.
Horario:
11.30 horas: presentación.
Das 12.00 ás 13.00 horas: Filosofía.
Das 13.00 ás 14.00 horas: Historia de España.
Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Galega e Literatura.
Das 17.00 ás 18.00 horas: Lingua Castelá e Literatura
Das 18.30 ás 19.30 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés)
Os exames de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (inglés ou francés) e Lingua
Galega e Literatura constarán cada un deles de dous exercicios. O primeiro exercicio será
tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito. Os exames de Filosofía e
Historia de España constarán cada un deles de dous exercicios. O primeiro exercicio será
tipo test e o segundo consistirá na elaboración dunha redacción a partir dun texto
proposto.
Cada un dos cinco exames cualificarase entre 0 e 10 puntos. A cualificación de apto/a
obterase cando a media aritmética das cualificacións obtidas en cada un dos cinco exames,
calculada con dous decimais, sexa igual ou superior a 5. A cualificación de non apto/a
obterase cando a media aritmética das cualificacións obtidas en cada un dos cinco exames,
calculada con dous decimais, sexa inferior a 5.


Probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño
As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial
de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.
Realizaranse o día 4 de xullo nas catro EASD de Galicia, de acordo co seguinte horario:
a) Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas
b) Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas.
– 1º exercicio: das 16.00 ás 18.00 horas.
– 2º exercicio: das 18.00 ás 20.00 horas.
a) Primeira parte. Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou
material audiovisual proporcionado polo tribunal, as persoas aspirantes deberán facer por
escrito un comentario crítico e razoado e responder a/as cuestión/s que o tribunal lles
formule ao respecto.
Nesta parte da proba o tribunal valorará:
– A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e
síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.
– A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.
– O coñecemento dos valores significativos do deseño en xeral no contexto
histórico, cultural e socioeconómico.
– A identificación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis
representativos en relación co deseño.
b) Segunda parte. As persoas aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo durante un
máximo de catro horas:
– 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da
documentación facilitada, dun modelo proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito
sobre papel tamaño DIN A3.
– 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de
representación máis apropiadas, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio
anterior.
Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os
coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.


Cualificación da proba específica de acceso. Cada unha das partes da proba cualificarase
nunha escala de 0 a 10, con dous decimais. A cualificación final da proba específica de
acceso será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa
aspirante en cada unha das súas partes, expresada con dous decimais. Considerarase
superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.

3.-OFERTA EDUCATIVA DE ENSINANZAS DE CONSERVACIÓN E
RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS DE GALICIA.
EQUIVALENTE A ESTUDOS UNIVERSIARIOS DE GRAO
4 ANOS

Infórmate na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/oferta_educativa_crbbcc.pdf
OFERTA: https://escolaconservacion.gal/?lang=es
Resolución 4 de abril de 2023 para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas
superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2023/2024
DESCARGA: Resolución DOG Xoves, 20 de abril de 2023 (xunta.gal)

Acceso
Bacharelato+ proba específica de acceso. Solicitude ata o 26 de xuño.
Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente
algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión
e realizar a devandita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza
solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharelato.
En caso de non ter o bacharelato: Proba de madureza+ proba específica de acceso.
Solicitude 22 de maio. As persoas que queiran optar á proba de madureza deben ser maiores de
dezaoito anos.

Matrícula
Para formalizar a matrícula, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens
Culturais de Galicia facilitaralles ás persoas interesadas os modelos para o efecto.
Probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de
Conservación e Restauración de Bens Culturais.
As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial
de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.
Realizaranse na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de
Galicia, rúa do Xeneral Martitegui, s/n, Pontevedra, o día 4 de xullo, de acordo co calendario e
horario que estableza o tribunal encargado da súa realización e cualificación.
A proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración
de Bens Culturais constará de dous exercicios:
a) Primeiro exercicio: Este exercicio consistirá na análise dun texto relacionado cos bens culturais,
nun tempo máximo de noventa minutos, e terá como obxecto apreciar a madureza e formación
xeral do alumnado, especialmente no referente á compresión de conceptos, utilización da linguaxe
e capacidade de síntese e relación. A cualificación do exercicio realizarase entre o 0 e 40 puntos.
b) Segundo exercicio. Aptitude plástica. Inclúe as seguintes probas:
1º. Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético e con modelo real, exento e
inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e
acabamento do traballo.
2º. Realización dun traballo sobre representación da cor. Considerarase a correcta utilización das
técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades da cor
3º. Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os
estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a
meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo. O tempo máximo para a realización deste
exercicio será establecido polo tribunal de acceso. Este exercicio terá por obxecto apreciar as
aptitudes das persoas aspirantes, tanto plásticas como específicas, para a conservación e
restauración.
A súa cualificación será a media aritmética da puntuación obtida en cada epígrafe, que se cualificará
entre 0 e 20 puntos. 5. A cualificación global da proba de acceso específica resultará da media
ponderada das cualificacións obtidas nos distintos exercicios. O primeiro ponderarase un 40 % e o
segundo nun 60 %. Para a superación da proba de acceso exixirase unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos.

RECOMENDACIÓNS
*IMPORTANTE VER PLANS DE ESTUDO DAS OPCIÓNS ELEXIDAS.
*IMPORTANTE LER TODA AS RESOLUCIÓNS NORMATIVAS.
* IMPORTANTE LER NA RESOLUCIÓN PRAZO, LUGAR E FORMA DE PRESENTACIÓN DAS
SOLICITUDES

DIRECCIÓNS DE INTERESE
PÁXINAS WEB
EASD ANTONIO FAILDE
https://www.escolarte.com/ (Ourense)
EASD PABLO PICASSO
https://eapicasso.com/ (CORUÑA)
EASD MESTRE MATEO
https://www.edu.xunta.gal/centros/escolaartemestremateo/ (SANTIAGO)
EASD RAMÓN FALCÓN
https://escoladeartelugo.com/ (LUGO)
ESCOLA DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS
https://escolaconservacion.gal/?lang=es (PONTEVEDRA)
FACULTADE DE BELAS ARTES
http://belasartes.uvigo.es/es/ (PONTEVEDRA)

ASPECTOS DE INTERESE
A. COMO PODEMOS FACER PARA SUBIR NOTA?
1. Matricúlaste, por exemplo, en Diseño de Producto, e despois fas un traslado de
expediente a Deseño gráfico que esixe máis nota de acceso.
2. Se non tes boa nota de acceso, matricúlaste en ciclo superior porque terías acceso
directo cando o aprobes.
3.- Non suelen quedar prazas vacantes para setembro. Se un alumno ou alumna se
matricula en outra Comunidade autónoma hai que preguntar a esa Escola en concreto
como determinan o proceso de admisión.
4.- Podes esperar a aprobar as materias pendientes de Bacharelato, pero vas detrás na
listaxe do alumnado que fixo a proba de madureza.
5.- Para a proba de ciclo superior de Madureza non se pagan tasas, pero si para os Estudos
Superiores (64 euros+/-).
6.- Para os ciclos superiores, a proba de madureza faise na Escola de Arte elexida e para
Estudos Superiores en San Clemente (Santiago de Compostela)
7.- Para os ciclos superiores, a proba de madureza leva cualificación de 1 a 10; e para Estudos
Superiores leva APTO/NON APTO.

Dubidas que estudar?

Bota unha ollada á sección de Orientación académica e profesional do Departamento de Orientación.

En particular, recomendamos:

UNIVERSIDADE 2021-2022

UNIVERSIDADE 2019-2020

Becas Universidade Carlos III para o curso 2020/21

BECAS UNIVERSIDADE CARLOS III, MADRID. O prazo de solicitude é do 11 de maio ó 19 de junio de 2020, para o curso escolar 2020/2021.

Dirixidas a estudantes con bo expediente académico e escasos recursos económicos, esta axuda consta de 3.000€ por curso. Non facilitan só axuda económica, senón apoio durante a súa etapa universitaria, ademais da posibilidade de estar en contacto con todos os donantes, dándolles a oportunidade de empezar a tecer unha rede de contactos.

Estas axudas son compatibles coas becas do Ministerio de Educación, polo que se poderían solicitar ambas.

Feira Universidades Virtual

Do 1 ao 5 de abril, primeira Feira de Universidades Virtual. Participan máis de 50 Universidade públicas e privadas de toda España. Poden participar profesores, pais e alumnado. Para darse de alta so fai falta indicar un correo electrónico. http://www.uniferia.org

Distribuir contido