Novas anteriores

Listaxe Bolsas de Estudio 2015/2016

Adxúntase PDF coas Bolsas de Estudios 2015/2016

Listaxe PDF

Listaxes do alumnado admitido curso 2016/2017

Adxúntase PDF cos datos relativos ao alumnado admitido para o curso 2016/2017.

Listaxe (PDF)

CONCERTO DIDÁCTICO

Concerto

O Departamento de Música organizou unha saída a Santiago de Compostela para asistir a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia. Isto realizouse o día 19 de xaneiro cos grupos de 3º da ESO A e B cun total de 46 alumnos e alumnas, os dous profesores de música Ángeles de la Sota e Miguel Besada Costa, a profesora de Lingua Castelá de 3º ESO Rosa Rodiño e mais a profesora lectora de inglés Vienna.

A interpretación correu a cargo da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalabe. A obra interpretada foi a 8ª sinfonía de Beethoven.

 A actividade comezou ás 11 da mañá e durou unha hora e media, porque aínda que a obra non é tan longa, o director paraba o concerto despois de cada movemento para explicar fragmentos ou poñer exemplos musicais. O comportamento de todo o alumnado foi excelente.

FESTA DE NADAL 2011

Karaoke

O día 21 de decembro de 2011 a Vicedirección do centro organizou unha Festa de Nadal para despedir o primeiro trimestre.  A participación do alumnado foi masiva nos distintos concursos que se celebraron. En primeiro lugar un xurado percorreu todas as aulas para outorgar os premios ás aulas mellor decoradas, sendo 3º da ESO A a gañadora; en segundo lugar quedou 1º da ESO A1 e en terceiro PCPI A (premio á orixinalidade).

Seguidamente pasouse ao concurso de Karaoke con éxito tanto de participantes como de público. O primeiro premio foi para Tamara e Nuria de 4º da ESO A e o segundo foi para Óscar e Benjamín de 1º da ESO A2.


Visita a "Unitour - Vigo"

Unitour

 

 

DATA:

 20 de decembro de 2011

LUGAR:

Hotel Pazo de los Escudos, Vigo

DEPARTAMENTO:

Orientación

DESTINATARIOS:

Alumnado de 2º de Bacharelato

 

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:

O día 20 de decembro de 2011 o Departamento de Orientación organizou unha saída a “Unitour – Vigo” coa finalidade de asesorar e orientar ao alumnado en todo o posible para que fagan a elección correcta tanto de grao como de Universidade. Pretendeu ser unha xornada de orientación universitaria. Esta saída estaba dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato e participaron 35 alumnos/as.


Proxecto Multilateral "Comenius"

 

Visita ao IES Monte da Vila

DATA:

Do 8 ao 13 de outubro de 2011

LUGAR:

IES Monte da Vila do Grove

DEPARTAMENTO:

Instituto Monte da Vila

DESTINATARIOS:

Profesorado integrante do proxecto “Comenius”

 

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:

Baixo o título “A primeira década do século XXI”, reuníronse no IES Monte da Vila os integrantes do Proxecto Comenius para planificar as actividades do curso 2011 – 12.

Este grupo está integrado por profesorado (un total de 11) pertencente a diferentes países como son Bulgaria (Veliko Tarnovo), Italia (Catania), Romanía (Galati), Eslovenia (Trboljie), Turquía (Ankara), Polonia (Chelm) e España (O Grove).

Durante a súa estancia en Galicia, os integrantes do Proxecto participaron en saídas e visitas de todo tipo co obxectivo de coñecer a paisaxe, a gastronomía, a arte e, en xeral, a cultura do noso país. Entre as visitas máis destacadas están Santiago de Compostela e a vila de Cambados, onde se inclúe unha bodega de viño albariño.

O obxectivo principal do programa é o manexo das linguas estranxeiras, das novas tecnoloxías e o coñecemento doutras culturas.


Distribuir contido