Novas anteriores

Teatro: Le malade imaginaire

DATA:

 22 de novembro de 2011

LUGAR:

Teatro Principal, Pontevedra

DEPARTAMENTO:

Francés

DESTINATARIOS:

Alumnado de 3º e 4º da ESO

O día 22 de novembro de 2011 o departamento de francés organizou unha saída ao teatro principal de Pontevedra para acudir á representación teatral da obra “Le malade imaginaire” de Molière. Esta saída estaba dirixida ao alumnado de francés de 2º da ESO e participaron 33 alumnos/as de 2º da ESO, só quedaron 8 alumnos/as que non quixeron asistir a esta actividade voluntaria.

O obxectivo desta actividade era achegar o alumnado á lingua oral francesa, xa que a obra era maioritariamente en francés, aínda que nalgúns fragmentos había traducións ou explicacións en castelán para facilitar a comprensión do argumento da obra, posto que son alumnos que só están no seu segundo ano de francés.

A valoración da actividade é positiva, porque conseguimos o obxectivo de achegalos á lingua francesa, así como o de sensibilizalos ao teatro.


Magosto 2011

Magosto

DATA:

 10 de novembro de 2011

LUGAR:

IES Monte da Vila, O Grove

DEPARTAMENTO:

Vicedirección

DESTINATARIOS:

Todo o alumnado do centro

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:

O día 10 de novembro, xoves, a partir do 2º recreo (12:25 horas da mañá) celebrouse no centro a festa do Magosto 2011. Esta celebración baseada na tradición galega tivo como actividades principais a degustación de castañas asadas e a celebración dun concurso de Karaoke. A participación foi masiva por parte da comunidade educativa.


Teatro: Bodas de sangre


DATA:

 9 de novembro de 2011

LUGAR:

Cine Colexio Salesianos, Vigo

DEPARTAMENTO:

Lingua Castelá e Literatura

DESTINATARIOS:

Alumnado de 3º e 4º da ESO

O día 9 de novembro, alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Monte da Vila asistiu á representación teatral Bodas de sangre de Federico García Lorca, no cine Salesianos de Vigo. A actividade desenvolveuse durante toda a mañá con total normalidade.

Esta traxedia poética, adaptada ao público de secundaria e dunha hora de duración, estivo representada polo grupo teatral Eina d’Escola (Teatro del repartidor) e a súa finalidade é dar a coñecer a faceta teatral de García Lorca e a súa vinculación cos dramas rurais daquela época.

Bodas de sangre

Teatro: Memorias das memorias dun neno labrego

DATA:

3 de novembro de 2011

LUGAR:

Teatro Principal, Pontevedra

DEPARTAMENTO:

Lingua Galega e Literatura

DESTINATARIOS:

Alumnado de 1º da ESO

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:

 

O día 9 de novembro alumnado de 1º da ESO asisitiu en Pontevedra, no Salón Teatro, á obra de teatro titulada “Memorias das memorias dun neno labrego”. A obra procura un achegamento a un clásico da literatura galega con motivo do cincuentenario da súa publicación. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, foi publicado en Bos Aires en 1961 e para conmemorar este cincuentenario, a compañía Abrapalabra presenta un espectáculo emotivo e divertido no que se conta a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director teatral coa súa longa e recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista cómico. Así, Pazó realiza a adaptación dramatúrxica, escribe textos complementarios, dirixe e interpreta a peza en solitario.

 

Presentación do "Dicionario dos alcumes do Grove. As nosas chatas"

           DATA:

29 de setembro de 2011

LUGAR:

Discoteca “MOAI”, O Grove

DEPARTAMENTO:

Instituto Monte da Vila e o seu Equipo de dinamización lingüística

DESTINATARIOS:

Entrada libre

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: 

O pub Mohai acolleu na tarde do 29 de setembro a presentación de Dicionario dos alcumes do Grove. As nosas chatas, un volume que recolle e documenta máis de mil chatas mecas, que foi redactado polos filólogos grovenses Arximiro Fernández Cabanelas, Rosabel Magdalena, Patricia Arias Chachero e Antón Mascato.

Este traballo promovido polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos institutos de As Bizocas e Monte da Vila trátase dun volume no que se recollen máis de mil alcumes e a inmensa maioría deles acompañados dunha explicación das súas orixes e portadores. 

Para a elaboración deste dicionario, os autores contaron coa colaboración da comunidade educativa dos dous institutos grovenses. Como sinalaron, “foron moitas as persoas, entre alumnado e familiares”, as que axudaron a “botar luz sobre a orixe de cada unha das súas chatas”.

Na presentación, os autores estiveron acompañados por Tito Díaz e Rosabel Magdalena, en representación dos dous centros educativos promotores desta iniciativa. Ademais, o acto completouse coas actuacións da Orquestra Orff do IES As Bizocas, dirixida pola profesora Cecilia Iglesias, e polo grupo de pandereteiras Abiñadoira.

abc alcumes

concurso de fotografía







Participa no concurso de fotografía. 


O prazo de presentación das túas imaxes remata o 20 de Maio

Tema de Abril: "Arte na area"

Tema de Maio: "Fotomontaxes"

Para ver ás imaxes presentadas ata agora entra na nosa galería de imaxes.

Concurso de fotografía

Participa no concurso de fotografía, os temas de decembro e xaneiro son os seguintes

  • Decembro: ilusións ópticas
  • Xaneiro: Mascotas e animaís domésticos

O prazo de presentación remata o 31 de xaneiro

Recital poético musical "Empuñando el alma"

Éxito do recital homenaxe a Miguel Hernández. Na galería de imaxes tedes algunhas fotografías do evento.

Recital poético musical

Distribuir contido