Novas

Orientación ás familias

         
         
    IGUALDADE DENDE PEQUENOS !    
         
    PAI  e NAI  sodes igual de necesarios no proceso educativo de vosos fillos    
         
    A VOSA COLABORACIÓN É IMPORTANTE !!    
         
    DPTO. DE ORIENTACIÓN    
         
         

CONFERENCIA SOBRE A FÍSICA NA MEDICIÑA

         
         
      O luns 29 de xaneiro, D. Luis López Losada, responsable da unidade de Radiofísica, xefe de servizo de protección radiolóxica do Complexo Hospitalario  Universitario de Ourense e actual vicepresidente da Asociación Galega de Física Médica, impartiu unha conferencia ó alumnado de cuarto da ESO, primeiro e segundo de Bacharelato deste instituto.

A charla "A Física na Mediciña" tratou sobre a relación entre dúas disciplinas que podería pensarse que non teñen aspectos en común. Os métodos de Radioterapia para o tratamento do cancro requiren do emprego de isótopos radioactivos e de sofisticados aparatos que deben ser calibrados e manipulados por físicos para aplicarlles ós pacientes as doses solicitadas polos médicos. Do bo manexo destes instrumentos dependerá que a irradiación do paciente elimine o tumor causando os mínimos danos sobre os órganos sans que están arredor.

 
     
         

 

CLUB DE LECTURA DE COMIC

         
             
              
       
             
             

VIAXE A PARÍS

       
         
      

Catorce alumn@s de primeiro e segundo de Bacharelato de Francés,  xunto coas profesoras Loló Villar e Uxía Fonseca viaxaron a París dende o 14 ao 19 de xaneiro. Foron cinco días nos que aproveitaron para familiarizarse co idioma e visitar os lugares máis bonitos e atraientes desta cidade tan cosmopolita: o Moulin Rouge en Pigalle,  paseo por Montmartre (Praza do Tertre, Basílica do Sacre Coeur), a catedral de Notre Dame, a torre Eiffel, o  Trocadero, o Arco do triunfo, ....;  visitas a museos: Orsay, Louvre, Pompidou; paseo por el Sena no Bateau Mouche.  Un grupo de rapazas gozaron coa maxia de EuroDisney durante un día e houbo tamen tempo para que un grupo de rapaces e rapazas disfrutaran de un partido de futbol do París Saint Germain no Parc des Princes

Todo esto acompañado polas riquísimas crepes de chocolate que tanto lles gustaron.

 

 
     
         
         

ACTIVIDADES NA NEVE

       
         
   
         
 

Durante a semana do 15 ao 19 de xaneiro o alumando de terceiro da ESO e primeiro de Bacharelato, acompañados pol@s profesor@s  Laëtitia Álvarez, Clara Martínez, Iago Alvite e Carlos Domínguez, gozamos dunhas magníficas xornadas de esquí na estación andorrana de PAL. O tempo acompañounos e a calidade da neve foi boa en todo momento. 

Despois das xornadas de esquí, houbo diferentes visitas: dúas veces á cidade de Andorra e a "La Massana".

Para despedir a semana, durante a tarde noite do xoves, visitamos o centro termal de Caldea.

 
         

separadores

ACTIVIDADES DO NADAL NO INSTITUTO

     
         
  nadal      

O pasado 21 de decembro leváronse a cabo as actividades de fin de trimestre e celebración do Nadal, durante as dúas últimas sesións da xornada. Tivemos un concurso de doces na cafetería, un torneo de birilé nas canchas, un obradoiro de maxia na aula de audiovisuais e outro de globoflexia na aula de plástica, partidas de xogos de estratexia e taboleiro na biblioteca, e karaoke nos soportais. Boa parte das actividades leváronse a cabo grazas a propostas do alumnado e á súa colaboración. 

 

 
     
     
     
         

separador

VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

       
     
  campolameiro  
   
   
     
 

No contexto dos contidos de bloque 3.9.3., "A prehistoria galega, megalítos e petróglifos", organizouse dende o departamento de Xeografía e Historia unha excursión ao PAAR de Campo Lameiro, o día 29 de novembro do 2018, co obxectivo de que o alumnado puidese experimentar e coñecer de primeira man as pegadas que os nosos ancestros deixaron na paixase, como era o poboamento da Idade do Bronce, a labor do arqueólogo e a dificultade que entraña en canto á interpretación dos petróglifos, ademais de experimentar dun xeito participativo e lúdico (coas actividades complementarias na visita de tiro con lanza, prendido de lume, ...) a dificultade que entrañaba o seu modo de vida.

Esta actividade contou coa participación de 48 alumnos de primeiro da ESO e estivo presente a TVG.  Pulsa aqui

 

 

 

 

separador

VISITA A INDITEX

     
         
 

No día 27/11, o alumnado de segundo de bacharelato  puido coñecer cada unha das fases do período de maduración da empresa, dende o deseño do produto ata que o produto está en tenda para ser vendido. Os deseñadores, en contacto directo cos comerciais e estes a súa vez cos proveedores. A área de prototipado, onde se fabrica unha talla de cada un dos deseños, comproban como funcionan e se sentan ben nos maniquíes ou modelos. A planta de produción, que comeza coa optimización do tecido, corte, confección (xeralmente en plantas externas), pranchado e control de calidade. O centro de distribución, un deles, porque teñen outros repartidos pola xeografía española. A área de Zara online, os estudos de fotografía, de escaparatismo, merchandising, etc.

En definitiva, puidemos ver nun mesmo lugar todas as fases do período de maduración dunha gran empresa multinacional.

 
     inditex2017  
         

                                                           

                                                                 separador

CLASE SOBRE CULTURA BRITÁNICA

 
 
         
      uniónjack    O día 24/11, unha persoa enviada pola editorial Burlington Books da unha clase a un grupo de alumn@s distribuidos en diferentes niveis (nesta ocasión foron catro sesións para tres niveis) sobre distintos aspectos da sociedade e da cultura británicas. A relatora utiliza medios audiovisuais e fala de distintas cuestións que pola súa curiosidade poden espertar o interese do alumnado. Por suposto, trata en todo momento de buscar a participación do alumnado por medio de xogos, concursos, cancións, pequenos premios, etc.  
         
         

 

                                                           separador

MAGOSTO 2017

         
         
                                     KARAOKEpartida_simultánea       
         
 

Durante o Magosto, celebrado o 17/11, e que se levou a cabo no segundo recreo e as dúas últimas sesións da xornada, realizáronse diversas actividades: repartíronse castañas, organizáronse torneos de futbol e baloncesto, houbo un espazo dedicado aos E-sports, un karaoke e, grazas á colaboración dos xadrecistas da zona, organizouse unha partida simultánea có gran mestre Ibragim Khramkulov.

Todo o alumnado puido participar das actividades, destacando a axuda na planificación e organización das actividades por parte do alumnado de segundo de Bacharelato.

Podes ver outras imaxes das actividades, picando nos enlaces de cor vermello:

Baloncesto, xadrez, reparto de castañas, karaoke, futbol, etc

     
         
         
         

 

separador 

Distribuir contido