Novas

Saída á Coruña

 

O pasado 9 de febrero de 2017 os alumnos de 4º ESO e 1º BAC da materia de Deduxo Artístico I e Volume foron Á Coruña para practicar patinaxe sobre xeo. Tamén poideron realizar unha visita guiada ás exposicións temporais do Museo de Arte Contemporánea (MAC): O dobre da mitade de Rubén Ramos Balsa e Traballo absoluto de Juan Luis Moraza. Finalmente, os alumnos disfrutaron dun obradoiro sobre imaxe 3D, no que fixeron unha aproximación práctica á cuestión da imaxe estereoscópica dende unha dobre perspectiva: biolóxica (anatomía e utilidade da visión en relieve) e tecnolóxica (funcionamento e aplicacións para simular este efecto).

Enlace a páxina Museo MAC

 

Enlace a galería fotos

 

 

 

 

Enquisas a clientes potenciais

 

O mércores 1 de febreiro, os alumnos de cuarto de ESO que cursan a materia Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, saíron á rúa para realizar enquisas aos seus potenciais clientes. Están a desenvolver unha aplicación móbil para axudar a aforrar aos consumidores na súa compra diaria nos supermercados da contorna.

 

 

Actividades do Departamento de Electrónica

O Departamento de Electrónica  realizou diferentes actividades co alumnado do ciclo.

 

24/10/16

 

Práctica para o grupo de segundo  da unidade Infraestructura de redes locais de datos. O obxectivo da actividade é que os alumnos vexan os distintos equipos de redes e cableado dos mesmos dentro do armario. Posteriormente fan o análise da colocación dos equipos, consumo, estética, normas, etc. Finalmente propoñerán una distribución mellorada (se é posible).

 

04/11/16

 

Práctica para o grupo de primeiro da unidade A xestión da prevención. O alumnado durante esta actividade fai un estudo do plan de autoprotección do centro para aprender oas pasos a seguir na hora de realizar una evacuación.

 

08/11/16

 

Práctica para o grupo de primeiro da unidade A xestión da prevención. Durante aactividade os alumnos estudaron o plan de autoprotección do centro e elementos de seguridade como extintores, mangueiras, botiquín, etc, así como a súa localización e indicación nos planos, caducidade, etc. 

Actividades fin de trimestre do 21 de decembro de 2016

 

Durante as dúas últimas horas do 21 de decembro suspendéronse as clases para que o alumnado participara nas seguintes actividades e obradoiros:

 

  • Torneo de fútbol e birilé.

  • Karaoke

  • Obradoiro de papiroflexia

  • Obradoiro de pintura en camisetas

  • Xogos populares

  • Contacontos

 

Galería de imaxes 

 

 

 

Le Petit Prince no Teatro Principal de Pontevedra

 

Os alumnos que cursan a materia de Francés no IES Monte da Vila disfrutaron o día 22 de novembro da representación da obra teatral Le Petit Prince no Teatro Principal de Pontevedra da man da compañía Eina da Escola.

Ademais, os alumnos de 4º de ESO divertíronse nunha actividade de estratexia e coordinación grupal onde, seguindo probas e instrucións, os participantes teñen que buscar a saída dun espazo concreto, coñecido como Scape Room e foi realizada empregando como lingua o francés.

Magosto 2016 no Monte da Vila

 

Durante 5ª e 6ª hora do 18 de novembro de 2016 celebrouse o Magosto no IES Monte da Vila coas seguintes actividades:

Magosto: asáronse castañas para todo o centro contando tamén coa colaboración da ANPA que proporcionou e repartiu refrescos.

Actuación do Coro Infantil da Confraría de pescadores de San Martiño que se celebrou ás 13:00 h. Puidemos escoitar as voces de nenos dende catro anos ata algúns dos nosos alumnos.

Ademais todo o alumnado puido pasalo ben cos xogos populares que puxo á nosa disposición o Concello do Grove.

 

Galería de imaxes

 

Saída de 2º de bacharelato ao CGAC

O día sete de outubro os rapaces de 2º de bacharelato, asistiron no Centro Galego de Arte Contemporánea a unha charla por parte do compositor Jesús Díaz, onde se explicaron os procesos de creación dunha banda sonora, a evolución da mentalidade do mundo artístico e como defenderse nese mundo laboral de artistas. Ademais, a continuación,  os alumnos puideron falar con un equipo de técnicos de Radio 3 que ían a gravar nese momento o programa “El séptimo vicio”.  O presentador, Javier Tolentino, explicou aos alumnos como se levaba a cabo un programa na radio.

 

Libros de texto Curso 2016-2017

A listaxe de libros de texto para o curso 2016-2017 atópase dispoñible na seguinte ligazón e permanecerá exposta ao público nos taboleiros do centro.

Debe advertirse que hai novos libros nos cursos de 2º e 4º da ESO debido á entrada en vigor da LOMCE. Asimesmo, prodúcense algúns outros cambios no Bacharelato.

Graduación 2º de bacharelato – Curso 2015/2016

 

O pasado sábado 18 celebramos a graduación do noso alumnado de segundo de bacharelato.

Noraboa a todos e moita sorte!

 

Galería de imaxes

 

 

Os resultados de Selectividade

Acodiron á proba 20 alumnos e alumnas, cun 100% de aprobados. Cabe dicir tamén que a nota media na fase xeral foi de 7,6 e que un 25% do alumnado obtivo nesta fase unha nota igual ou superior a 9. Ademais, o alumno Francisco Prol Lucio obtivo a segunda mellor nota de toda Galicia, sacando 10 en todas as materias salvo dúas (9,75 e 9,5).

Cremos que estes resultados son dignos de mención e nós, como profesorado, estamos moi satisfeitos do esforzo e traballo do noso alumnado ao longo do curso e, concretamente, nestas probas de acceso á universidade.


Rafting no Miño

O xoves 12 de maio o alumnado de 3º da ESO achegouse a Arbo para descender un tramo do río Miño facendo rafting. Os alumnos puideron gozar dunha actividade no medio natural na que puxeron en práctica o traballo en equipo e fixeron deporte dunha forma divertida e diferente.

 

Galería de imaxes

 

Distribuir contido