Novas

Entrega do Premio de Fotografía Matemática

 

Xa van 10 anos de Feira Matemática e outros tantos do Concurso de Fotografía Matemática que se convoca con motivo dela. Este ano, alumnado do IES Monte da Vila participou nas categorías de ESO e Bacharelato, conseguindo o alumno Javier Guillán Rial o premio correspondente á categoría de 2º ciclo da ESO e Bacharelato. O premio, outorgado pola Asociación Galega do profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Fundación Barrie foille entregado o pasado 27 de abril. A fotografía gañadora levaba por título “Reflexión”.

 

 

 

Galería de imaxes

"Descubrindo as rochas que pisas", Programa da AEPECT

 

"Descubrindo as rochas que pisas", Programa da AEPECT (Asociación Española Para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra).

 

O pasado día 21 de abril o Doutor en Xeoloxía José Francisco Canosa visitou o noso instituto da man do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. A súa actividade comezou cunha presentación de 50 minutos sobre o traballo dos xeólogos e a xeoloxía de Galicia en xeral e da zona do Grove en particular. Unha vez rematada a exposición, o alumnado de 1º de Bacharelato A, acompañados do profesor de Bioloxía e Xeoloxía, unha profesora de Debuxo técnico e o xeólogo, saíron cara a costa onde fixeron 4 paradas: praias de Montalvo, Bascuas e A Lanzada e Mirador da Siradella. Nestes puntos recoñeceron as características xeomorfolóxicas litorais e do sistema dunar, estudaron os procesos tectónicos (fracturas e pregamentos) e observaron os granitoides, o contacto cos xistos e presencia de rochas carbosilicatadas.

 

A actividade rematou ao día seguinte, no que se desenvolveu un obradoiro sobre recoñecemento e identificación de rochas de Galicia, con mostras de todas as rochas que podemos atopar na nosa Comunidade.

Galería de imaxes

Charla da ex-alumna Mar Benavides

 O martes 12 de abril Mar Benavides Prol, que o ano pasado rematou 2º de Bacharelato neste centro, pasou polo centro a contarlles a súa experiencia como au-pair ao alumnado de 4º da ESO. Despois de rematar os seus estudos de Bacharelato, e logo de buscar durante un tempo unha familia axeitada, Mar marchou a Londres a vivir unha experiencia que lle está axudando a mellorar o seu nivel de inglés, a coñecer unha nova cultura e a valerse por ela mesma nun país estranxeiro. Ademais da súa experiencia, Mar aportou valiosos consellos para aqueles que quixesen embarcarse nunha aventura similar.

Viaxe de fin de etapa de 4º da ESO

Na segunda semana de abril, do 6 ao 10, o alumnado de 4º da ESO compartiu uns días de convivencia en Tenerife acompañados das profesoras Uxía Fonseca, Clara Martínez e Inma Quintela. Foron poucos días, pero aproveitáronos ao máximo visitando a illa e o seu punto máis coñecido, o pico do Teide. Houbo tempo para a diversión no parque acuático Siam Park e tamén para coñecer e admirar as distintas especies animais do Loro Parque.

 

O Monte da Vila na visita a Inditex

Novamente o departamento de Economía organizou unha saída para visitar Inditex co alumnado de 2º de bacharelato. Como todos os anos a visita foi moi interesante. Cada ano temos algo novo que ver na Fundación Amancio Ortega, sede de Inditex en Arteixo. Este año, ademais dos departamentos que visitamos anos anteriores (deseño, aprovisionamento, loxística, escaparatismo, fabricación, ...), puidemos comprobar os cambios e ampliación na central de Zara online, onde chamaban a atención dos alumnos todos os equipos informáticos dos que dispoñían.

Visita interesante, que rematou cun almorzo e visita do centro comercial Marineda City na Coruña.

 

O equipo CDS do Monte da Vila na final do Young Business Talents

O pasado xoves 7 de abril o equipo CDS desprazouse ata Madrid para participar na final do Young Business Talents. A esta final asisten os mellores empresarios virtuais. Máis de 9.000 alumnos en toda España e 547 centros comezaron esta competición online no mes de novembro e agora tocáballe participar na final nacional aos 100 mellores equipos de España.

O venres, día da competición, todo estaba disposto no Palacio Duques de Pastrana , cen equipos divididos en 20 simulacións. Finalmente o equipo representante do Monte da Vila e do Grove, o CDS, conseguiu gañar a súa simulación e así voltar co cartel de gañador e 400 euros de premio.

Na clasificación xeral, dos máis de 2.500 equipos de toda España, o CDS quedou no 8º lugar cuns beneficios xerados (aínda que virtuais) de 78.658.637€.

 

 

Parabéns para Imanol Blanco, Damián Mascato, Anxo Soutullo e Manuel Vidal e agradecementos ao Concello do Grove pola colaboración.

 

Álbum de fotos

 

Parabéns do Conselleiro de Educación (PDF)

 

 

YBT na rede:

Una fábrica de jóvenes empresarios

O Concello do Grove apoia o equipo de rapaces e rapazas do IES Monte da Vila clasificado para a Gran Final do Nacional do Young Business Talents en Madrid

 

Cuatro alumnos de Monte da Vila, finalistas en un concurso nacional de talentos escolares

 

O IES Monte da Vila clasificado para a final do Nacional do Young Business Talents

 

 

 

TORNEO PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA

Por terceiro ano consecutivo, alumnado dos catro cursos da ESO do IES Monte da Vila participou no Torneo Intercidades “Panos Brancos contra a Droga”. Este torneo é unha iniciativa da “Fundación Galega contra o Narcotráfico” na que participan equipos de cidades de ambos lados da ría de Arousa. O torneo celebrouse na mañá do venres 1 de abril e nesta ocasión tivo como sede a vila do Grove. Como en anos anteriores, o equipo que representou ao Grove estivo formado por alumnado dos dous IES da vila, IES As Bizocas e IES Monte da Vila, que competiron no mesmo equipo contra os equipos de Cambados, Vilagarcía e Ribeira. O alumnado de 1º e 2º da ESO competiu en baloncesto e o de 3º e 4º en fútbol.

O torneo deportivo de Panos Brancos concíbese como un instrumento de sensibilización especialmente dirixido aos máis novos, buscando un posicionamento activo de mozos e mozas en prol dunha vida saudable.

Dende o IES Monte da Vila queremos agradecer ao Concello do Grove a colaboración tanto na organización e financiamento do evento como na cesión das instalacións. Así mesmo agradecemos a colaboración do IES As Bizocas na organización do torneo.

 

 

Álbum de fotos

 

O Torneo na prensa:

150 rapaces de 12 institutos disputan no Grove o torneo Panos Brancos Contra a Droga

La villa meca acoge el torneo interciudades de "Panos Brancos contra a Droga"  

Monte da Vila acoge mañana el torneo Panos Brancos

Un centenar de escolares compiten en Panos Brancos

Cambados e Vilagarcía impóñense no Torneo Panos Brancos contra a Droga 

Obradoiro de Xornalismo

O venres 18 de marzo, e dentro do programa “Xornalismo na escola” posto en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘La Caixa’, o xornalista Modesto del Río impartiu un obradoiro ao alumnado de 3º da ESO. Os obxectivos do obradoiro foron, entre outros: estimular o hábito de lectura, da comprensión lectora e da escrita entre o alumnado, favorecer o seguimento da actualidade, establecer conexións entre as noticias e as materias estudadas e fomentar  o uso dos medios de comunicación.

 

Encontro coa escritora Teresa González Costa

O martes 15 de marzo, a última hora da mañá, achegouse ao IES Monte da Vila a escritora grovense Teresa González Costa, autora do libro “A filla do ladrón de bicicletas”, libro de lectura obrigatoria para a 3ª avaliación en 1º da ESO. O obxectivo era comentar a obra co alumnado, que se amosou moi participativo e interesado coas reflexións da autora.

 

 

Álbum

Teatro Gregolatino en Lugo

O pasado 2 de marzo o departamento de Latín, como cada curso dende hai anos, organizou unha saída á cidade de Lugo aproveitando unha das Xornadas de Teatro Grecolatino. Asistiron os alumnos de Cultura Clásica e Latín dos cursos de 3º e 4º de ESO, así como os de 1º e 2º do Bacharelato de Humanidades; pola mañá gozaron da representación da comedia romana de Plauto Os Xemelgos pola Compañía de Teatro escolar Noite Bohemia. Típica comedia de equívocos que xoga coas confusións provocadas polo parecido de dous irmáns xemelgos e cunha estupenda posta en escena, vistosa coreografía, alocucións ao público e chistes moi actuais, que lles pareceu a todos realmente divertida. Non é casual que recibise este grupo numerosos premios.

Despois de comer no Centro Comercial As Termas, a tarde aproveitouse para ver parte da muralla romana, dar un pequeno paseo polo centro histórico e facer dúas visitas culturais: unha ao Centro de Interpretación da Muralla Romana e outra ao pequeno Museo dos Mosaicos ou Domus Oceani. Cara ás 6 da tarde emprendemos a volta, xa que a viaxe é longa, pero mereceu a pena.

 

Distribuir contido