VI Festival Montenegro
Xa está aquí a sexta edición do noso Festival Montenegro de Arte e Novela Negra, que comeza co II Certame de Microrrelatos Montenegro.
Podes atopar toda a información sobre o festival pulsando na imaxe inferior.
Actividades do centroNavegaciónIniciar sesión |
NovasVisita á exposición "This is Pop" (1º e 2º de Bacharelato de Artes)O pasado venres 14 de outubro, o alumnado das materias de Historia da Arte, Debuxo Artístico e Volume visitou a exposición “This is Pop” no Café Moderno de Pontevedra. A saída foi organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Debuxo.
A mostra "This is Pop" é unha colección de arte composta por máis de sesenta obras orixinais de figuras tan recoñecidas coma Andy Warhol, Yayoi Kusama, Roy Lichtenstein, Jeff Koons ou Damien Hirst, que o alumnado coñeceu da man das guías da Sede Afundación.
Despois da visita guiada, o alumnado participou nun obradoiro creativo. A través da ferramenta MakeCode e as placas MicroBit, aprendeu a programar o encendido dunha serie de LEDs que iluminase os seus propios deseños. Desta forma sinxela, o alumnado de Artes puido familiarizarse con técnicas artísticas actuais herdeiras da arte pop, coma a robótica aplicada ou o videomapping.
Charla sobre trasplantes e doazón de órganos (3º ESO)
A última semana de setembro, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha charla sobre trasplantes e doazón de órganos para o alumnado de Bioloxía de 3º da ESO. Marta, enfermeira da Organización Nacional de Trasplantes, acudiu ao centro con Dolores, unha paciente trasplantada que relatou a súa experiencia persoal. Durante dúas sesións explicáronlle ao alumnado o funcionamento do proceso, conseguindo conciencialo e sensibilizalo ante un tema tan importante: O 30 de setembro ás 09:35 acompañounos na clase de Bioloxía e Xeoloxía, da man da profesora Aránzazu Fernández Rodríguez, a Organización Nacional de Trasplantes. Concretamente estivemos cunha enfermeira chamada Marta, a cal explicounos a importancia dos trasplantes e de ser doantes, dando así unha nova vida a outras persoas. Contounos como ser doante en vida, que órganos doar e como é o proceso dende que unha persoa doa un órgano ata que outra o recibe. Tamés nos acompañou este día Dolores, que foi transplantada do fígado fai moitos anos e grazas a iso está aquí con nós. Aprendimos moitas cousas gracias a elas. Eu vou a doar. E ti, anímaste? Aitana García Martínez (3ºESO-B)
VI Festival MontenegroVI Festival MontenegroXa está aquí a sexta edición do noso Festival Montenegro de Arte e Novela Negra, que comeza co II Certame de Microrrelatos Montenegro.Podes atopar toda a información sobre o festival pulsando na imaxe inferior.
OLIMPÍADA ECONOMÍAO pasado mes de abril, varios alumnos e alumnas do centro participaron nas Olimpíadas de Economía celebradas na Facultade de Economía e Empresa, no campus de Elviña, da Universidade da Coruña. Orgullosos temos que estar toda a comunidade educativa porque, como xa sabedes, ás olimpíadas van sempre os mellores. Nas duras probas realizadas constatouse que o alumnado do IES Monte da Vila, está por encima da media, en coñecementos de economía, de Galicia. Inda que finalmente, ningunha alumna/o conseguiu clasificarse para a final nacional, celebrada en Sevilla do 20 ao 22 de xuño, lograron manter o estandarte ben alto do IES Monte da Vila do Grove. Así mesmo, tiveron a oportunidade de ter o primeiro contacto con unha facultade universitaria, non podendo resistirse a darlle o último repaso ao temario da proba nunha aula da facultade. Vémonos na obriga de darlle os máis sinceiros parabéns a María Agra Santaya, Uxía Aguiño Domínguez, María Cabanas e Breixo Iglesias Noya.
“La experiencia de participar en las Olimpiadas de Economía fue muy interesante, (...) adquirimos nuevos conocimientos y lo pasamos muy bien. (...) La recomendaría a cualquier estudiante” María Cabanas.
“(...) Tienes la oportunidad, no solo de visitar la facultad, sino también de conocer a gente con intereses similares a los tuyos(...)” María Agra Santaya.
Visita guiada ás Ruínas de San DomingosO pasado mércores 15 de xuño o alumnado de 2º ESO desfrutou dunha xornada cultural na cidade de Pontevedra, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. A actividade comezou cunha interesante visita guiada ás Ruínas de San Domingos, a cargo do persoal técnico do Museo de Pontevedra. As Ruínas de San Domingos son os restos da antiga igrexa e convento dominico, construídos entre os séculos XIV e XV. Estaba situado fóra da muralla da cidade, preto dunha das súas portas principais. A finais do século XVIII os frades proxectaron modernizar a igrexa cunha reforma, pero a obra non chegou a concluírse. A orde dominica foi expulsada trala desamortización de Mendizábal en 1836. De todo o complexo gótico só permanecen en pé a cabeceira da igrexa e o muro sur do cruceiro. É precisamente a súa cabeceira con cinco ábsidas a que lle confire singularidade no ámbito galego, xa que é a única igrexa do seu estilo que adoptou esta solución, fronte á máis habitual dunha ou tres ábsidas.
Alumnado de 2º ESO, na cabeceira da antiga igrexa gótica de San Domingos
Despois da visita guiada, o alumnado percorreu as rúas da cidade vella, visitando a Igrexa da Peregrina e o Convento de San Francisco. A xornada rematou cunha breve camiñata ata a Illa das Esculturas, onde os rapaces e rapazas gozaron dun tempo de lecer ao aire libre e nun espazo verde. Presentación do Proxecto AMECOMARO luns 13 de xuño o alumnado de 4º ESO participou nun parladoiro organizado pola cooperativa Amegrove e a Asociación Autismo BATA. As dúas entidades do Grove presentaron no noso instituto o seu proxecto conxunto AMECOMAR, no que mesturan coidado medioambiental e integración social. Presentación do Proxecto AMECOMAR
Zonas nas que se desenvolve o proxecto
O principal obxectivo deste é o de promover o coidado do medio mariño implicando ao sector pesqueiro na recollida e transporte a terra de lixos plásticos, aproveitando as saídas das embarcacións ao mar. O proxecto contempla tamén a colaboración cunha entidade de inclusión social (Asociación Autismo BATA), no que ten que ver coa sensibilización de armadores e armadoras, polo que este proxecto contribúe a reforzar o dinamismo social e ambiental da zona costeira. As súas campañas de recollida de residuos nas praias da contorna do Grove son un bo exemplo deste labor. Resultados da recollida de lixo nas praias
Efectos da contaminación na fauna mariña
Co proxecto preténdese coma resultado principal implicar ao propio sector acuícola no coidado do seu medio de traballo, concienciando da necesidade de introducir boas prácticas no seu día a día en favor do coidado do mar. Preténdese reducir a cantidade de lixo plástico na contorna do Grove, e colaborar coa entidade de inclusión social para transformar eses refugallos derivados da produción de mexillón en obxectos cunha segunda vida útil, colaborando para xerar un proxecto de economía circular. Este proxecto perseguirá a concienciación do sector pesqueiro e á sociedade en xeral, da necesidade de respectar o medio ambiente mariño e costeiro.
Un pequeno xogo por equipos puxo a proba os coñecementos do alumnado
Tanto a charla coma as dinámicas grupais foron de grande interese para o alumnado, que se achegou dun xeito ameno a cuestión tan relevantes coma a protección do noso mar e a inclusión social. Xornada arqueolóxica en Campo LameiroO pasado venres 10 de xuño o alumnado de 1º ESO desfrutou dunha xornada no Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro. A primeira actividade consistiu nunha visita guiada pola área arqueolóxica, que presenta unha das maiores concentracións de petróglifos de todo noroeste peninsular. Ante gravados milenarios coma a Laxe dos Carballos ou a Laxe da Forneiriña (ca. 4000 anos), o alumnado visitou unha reconstrución dun poboado prehistórico, e aprendeu a identificar os cervos, labirintos e cabalos que representaban sobre o granito as xentes da época. Ao mesmo tempo, os rapaces e rapazas puideron achegarse ao traballo dos profesionais da arqueoloxía, aventurándose eles mesmos a formular, a partir da cultura material, hipóteses científicas sobre a mentalidade e a sociedade da Idade do Bronce.
O alumnado, na recepción do Centro de Interpretación de Campo Lameiro
Visitando a reconstrución dun poboado da Idade do Bronce
Durante o percorrido pola área arqueolóxica, Fátima, a arqueóloga, axudou ao alumnado a identificar os cérvidos dos petróglifos
Diante da Laxe dos Carballos
A segunda actividade da xornada consistiu nun obradoiro de caza, no que os participantes amosaron a súa destreza no manexo da lanza e o propulsor. As dianas (con forma de cervo e xabarín) deron boa conta da excelente puntería do alumnado.
No obradoiro de caza aprenderon a manexar lanzas e propulsores
Escoitando con atención as explicacións da arqueóloga
Dous pequenos cazadores prehistóricos, en plena acción
En definitiva, foi unha estupenda xornada ao aire libre, desfrutando da arqueoloxía e medio natural. Agradecémoslles a Fátima e Iván, os arqueólogos e guías, o seu labor. Para repetir!
|