Novas

Día da Internet Segura: obradoiros de Ciberseguridade

 

Polo 20º aniversario do Día da Internet Segura, o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) ofreceu varios obradoiros para o alumnado dos centros educativos, co obxectivo de promover o uso seguro dos dispositivos e da tecnoloxía entre os estudantes menores e a súa contorna.

O IES Monte da Vila participou o día 7 de febreiro no obradoiro “Aprendendo a configurar o noso dispositivo”. Trátase dun obradoiro en liña, a través da plataforma ZOOM. A relatora foi Rosa Liarte, profesora de Xeografía e Historia da Junta de Andalucía. Organizou a actividade o Departamento de Informática.

Foi un obradoiro interactivo sobre ciberseguridade no que o alumnado de 1º e 2º SMR coñeceu boas prácticas básicas sobre o uso de internet: utilización de contrasinais fortes e seguras, riscos das redes sociais (suplantación  de identidade, ciberacoso, fraudes, contidos inapropiados, etc.), precaución á hora de conectarse a redes públicas (xa que estas non teñen as mesmas garantías de seguridade que as redes privadas), importancia do acceso a internet cos equipos e aplicación empre actualizados para contrarrestar as ciberameazas, etc.

Dentro do obradoiro levouse a cabo unha actividade práctica a realizar individualmente por parte de cada alumno/a, e unha dinámica gamificada con todas as persoas participantes (Kahoot!).

Ademais, o INCIBE facilitounos os seguintes recursos de interese para toda a comunidade educativa:

  • Un repositorio web de xogos educativos
  • Un catálogo de recursos para un internet seguro para menores
  • O teléfono 017 para recibir axuda e poder denunciar calquera incidencia ocorrida en internet

 

Primeiros auxilios para o alumnado de SMR (FOL)

O 1 de febreiro o alumnado do 1º curso de SMR ampliou os contidos vistos na materia de Formación e Orientación Laboral (FOL) cun cursiño de primeiros auxilios impartido polo Servizo de Emerxencias do Grove. Organizou a actividade o Departamento de Informática.

En primeiro lugar, o alumnado escoitou atentamente as indicacións sobre maniobras de seguridade, a posición lateral de seguridade e os principios básicos dos primeiros auxilios.

Despois pasaron á parte práctica, con oito bonecos facilitados polo persoal do Servizo de Emerxencias do Grove: reanimación caridiopulmonar (RCP), asfixia, posturas de seguridade...

 

Desde aquí o noso agradecemento ao Servizo de Emerxencias do Grove, polo seu labor imprescindible.

 

 

Charlas da Facultade de Telecomunicacións (UVIGO)

 

O Departamento de Informática, en colaboración coa Factultade de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, organizou dúas charlas dirixidas ao alumnado do ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR).

 

O 17 de xaneiro o Dr. José Carlos López Ardao impartiu a charla "Érase unha vez internet...". Nesta charla fíxose un percorrido pola historia de internet ata hoxe, intentando explicar dunha maneira sinxela o seu funcionamento e o de moitas tecnoloxías que resultan familiares para a mocidade (ciberseguridade, bitcoins, internet das cousas, móbiles ,intelixencia artificial, big data, etc.). Todo isto acompañado de anécdotas que sacaron algún que outro sorriso.

 

O 25 de xaneiro foi o turno da Dra. Cristina López Bravo, que falou co alumnado sobre "Seguridade en dispositivos móbiles". O alumnado de 1º SMR e 2º SMR disfrutou da charla no salón multiusos, participando en todo momento dos contidos e experiencia da relatora. En primeiro lugar, analizáronse cales son as principais vulnerabilidades (a través de exemplos reais) que afectan aos dispositivos móbiles, para despois expoñer as medidas adoptadas para mitigalas e conseguir así dispositivos máis seguros. As medidas van desde a correcta configuración dos equipos ata a concienciación dos usuarios/as, pasando polo deseño e a programación de aplicacións seguras.

 

 

 

 

Momentos estelares da Ciencia

 

O 21 de decembro, xusto antes das vacacións de Nadal, tivemos a sorte de que David Ballesteros viñera ao noso instituto, convidado polo Departamento de Física e Química.

 

O encontro titulouse “Momentos estelares da Ciencia”. Foi unha charla interactiva cun enfoque de show de ciencia, na que o alumnado de 2º e 3º ESO tivo a oportunidade de poñer en práctica de inmediato o que se lle ía explicando.

 

Deste xeito ameno e entretido, o divulgador presentoulles aos rapaces e rapazas a evolución do pensamento científico ao longo da historia, para animalos de seguido a participar en diferentes experiencias científicas.

Sen dúbida, a maneira máis divertida de espertar a curiosidade e descubrir a ciencia da vida cotiá.

 

Ao alumnado arrepiáronselle os pelos... pola electricidade estática:

 

 

Por fin foi posible saber quen estaba concentrado (e quen non):

as ondas Beta non minten!

 

 

A xornada tamén deu para descargar un condensador e aprender que somos bos condutores eléctricos... gracias a un calambrazo colectivo:

 

Por último, comprobáronse en directo os efectos da forza segundo a superficie:

Visita ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC)

O pasado 14 de decembro, o alumnado da materia de Bioloxía de 2º de Barcharelato visitou as instalacións do INIBIC, un centro composto polos grupos de investigación do Hospital, a Universidade e a Área de Atención Primaria da Coruña.

 INIB, foto grupal

Así describe o propio alumnado a súa experiencia no INIBIC:

A nosa visita ao Instituto de investigación biomédica foi unha experiencia única. Grazas á impecable atención por parte de Juan Pérez Longueira, desfrutamos de interesantes actividades formativas dirixidas por Ignacio Rego, Valentina Calamia, Rocío Paz, Beatriz Carames Pérez e María Gloria Alfonsín. Todos eles son excelentes profesionais que nos explicaron o funcionamento de diferentes prácticas no laboratorio. Visitamos o departamento de proteómica, o de cultivo celular e o de xenómica. Concretamente no apartado de proteómica, nos ensinaron diferentes métodos de como realizan a electroforese que nos axudou a poñer en práctica a teoría estudiada en bioloxía no apartado das diferentes técnicas de separación de moléculas. Toda a información recollida alí nos pareceu tan interesante que provocou que moitos nos decidíramos a optar polo estudo das ciencias da saúde.

Tamén engadir que tivemos a oportunidade de acudir a un edificio de preparación para os médicos recén saídos da súa carreira ou aqueles que están case retirados, para preparalos para todo tipo de cirurxías ou para ensinar novas técnicas que saíron recentemente. Todos estes profesionais están moi centrados en atopar a resposta e a orixe de distintas enfermidades e condicións que cada vez afectan a máis persoas, así como a artrite ou diferentes tipos de cancro.

Encantounos e pareceunos unha idea xenial para ter así uns médicos incribles. 

Estamos moi agradecidos e agradecidas pola súa acollida, e esperamos que sigan co asombroso traballo que levan a cabo!

INIBIC, laboratorio

 

 

PROBAS FÍSICAS PARA O ACCESO AO GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

Probas físicas de acceso á titulación Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte do curso académico 2023-2024, e que se imparte na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física na Universidade da Coruña: https://inefg.udc.es/index.php/pruebas-especificas-de-acceso/ultimas-noticias-sobre-las-pruebas-de-acceso

Máis información en e-mail: administracion.inef@udc.es - Teléfono 881 014 046

 

 

Cros escolar

O pasado mércores 11 de xaneiro por fin se puido celebrar o cros escolar. Retrasouse desde novembro polas malas condicións meteorolóxicas. Acudimos co alumnado voluntario de 1º, 2º e 3º da ESO. Unha grande organización fixo desta edición unha xornada preciosa, nun gran lugar como é a praia de Montalvo coa Illa de Ons ao fondo. O alumnado comportouse moi ben e sobre todo, desfrutou.

Temos un alumnado marabilloso na secundaria e con gañas de repetir para a vindeira edición.

Ollade a reportaxe que trouxemos de Montalvo.

 

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2023

Xúntase a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información:

CHARLA CON TANIA ÁLVAREZ YATES

Tania, piragüista, graduada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e recente campioa do mundo do mundo en K2 na modalidade de maratón, conversa co alumnado de 2º de Bacharelato sobre como a súa organización diaria contribúe a lograr pequenos e grandes obxectivos coa finalidade de transmitirlle á rapazada o importante da organización, traballo diario e constancia no etapa de bacharelato.

Tamén lle dou consellos e dos erros que adoita a cometer.

Foi moi cercana, poñendo de exemplo a familia e o Clube Breogán do Grove como eixos importantes na súa traxectoria vital.

Roteiro Castelao e visita ao Museo de Pontevedra (2º ESO)

 

Alumnado de 2ESO en Pontevedra

O 23 de novembro o alumnado de 2º ESO realizou unha saída a Pontevedra, organizada polos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá.

Durante a xornada, pasearon pola cidade seguindo os pasos da vida de Castelao, nun roteiro literario. Tamén desfrutaron dunha visita guiada pola Sala castelao do Museo de Pontevedra, para achegarse á obra gráfica deste autor.

Sala Castelao

Sala Castelao

Alumnado de 2ESO en Pontevedra

Distribuir contido