Charla sobre trasplantes e doazón de órganos (3º ESO)

Alumnado de 3º ESO escoitando atentamente

A última semana de setembro, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha charla sobre trasplantes e doazón de órganos para o alumnado de Bioloxía de 3º da ESO. Marta, enfermeira da Organización Nacional de Trasplantes, acudiu ao centro con Dolores, unha paciente trasplantada que relatou a súa experiencia persoal. Durante dúas sesións explicáronlle ao alumnado o funcionamento do proceso, conseguindo conciencialo e sensibilizalo ante un tema tan importante:

O 30 de setembro ás 09:35 acompañounos na clase de Bioloxía e Xeoloxía, da man da profesora Aránzazu Fernández Rodríguez, a Organización Nacional de Trasplantes. Concretamente estivemos cunha enfermeira chamada Marta, a cal explicounos a importancia dos trasplantes e de ser doantes, dando así unha nova vida a outras persoas. Contounos como ser doante en vida, que órganos doar e como é o proceso dende que unha persoa doa un órgano ata que outra o recibe.

Tamés nos acompañou este día Dolores, que foi transplantada do fígado fai moitos anos e grazas a iso está aquí con nós. Aprendimos moitas cousas gracias a elas.

Eu vou a doar. E ti, anímaste?

Aitana García Martínez (3ºESO-B)