“QUEDARSE NA CASA”. GUÍAS DE INTERÉS DIRIXIDAS ÁS FAMILIAS, AO PROFESORADO E AO ALUMNADO PARA AFRONTAR O CORONAVIRUS-COVID19.

Neste tempo de “recollemento” na casa, desde o centro gustaríanos compartir diferentes guías de interés, publicadas por diferentes profesionais e polo Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid, para axudar aos diferentes membros da comunidade educativa, a xestionar adecuadamente esta situación de alarma.

Teatro Grecolatino

Conforme vén sendo habitual, o alumnado de latín, grego e cultura clásica  acudiu  un ano máis  ao Festival  de Teatro Grecolatino celebrado en Lugo, para asistir á representación da traxedia  “Coéforas” de  Esquilo  e da comedia “Gurgullo” de Plauto, interpretadas, nesta ocasión, polo grupo In Albis Teatro do I.E.S. Fuente Nueva de Morón de la Frontera.

Convocadas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior - 2020

Publicada a Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.

   1- CICLOS MEDIOS 

  •  PRAZO DE INSCRICIÓN: Entre o 2 e o 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos
  •  REALIZACIÓN DA PROBA: 28 de maio de 2020.       

   2- CICLOS SUPERIORES

  • PRAZO DE INSCRICIÓN:  Entre o 10  e o 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.
  • REALIZACIÓN DA PROBA:  23 de Abril de 2020

Máis información: 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS INSPIRADOS NA OBRA DE LOUISE BOURGEOIS

Dentro do proxecto "Mulleres na sombra", o alumnado de Artes Plásticas realizou uns traballos tomando como modelo a obra da artista Louise Bourgeois e reciclando lámpadas usadas. Ditos traballos atópanse expostos no vestíbulo do centro.

En Lugo con María Solar

O 22.01.2020 o alumnado de 3º acudiu a Lugo para asistir a unha xuntanza coa escritora María Solar, tras a lectura da súa interesante novela Os nenos da varíola.

 

A autora describiunos o seu roteiro vital, inzado de aprendizaxes diversas e de experiencias que lle foron saíndo ao paso, oportunidades que non desaproveitou e das que botou man para crecer como escritora. María, bióloga; María, xornalista; María, actriz de dobraxe; María, mestra; María, presentadora de televisión; María, locutora de radio; María, coordinadora de programas culturais… todo serve na vida e todo obedece a unha inquedanza: a curiosidade incansábel de quen quere aprender.

 

Os nenos da varíola ten a súa orixe nun afán de rescate: a memoria de Isabel Zendal e, sobre todo, dos meniños expósitos que levaron a vacina ao Novo Mundo para salvar vidas. O libro é unha homenaxe á ciencia e ás persoas que abren camiños para unha sociedade mellor, fronte á intolerancia de quen se aferra á ignornacia; un intento por resarcir do esquecemento aquelas persoas das que ela non soubo nada durante os seus estudos de Bioloxía, malia seren persoas galegas e pese á proximidade dos lugares nos que viviron: o Hospital Real, na actualidade hotel de cinco estrelas para xente podente, que aínda hoxe conserva a portiña pola que aqueles cativos de antano entraban a través dun torno.

María Solar, todo corazón

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR

O martes 4 de febreiro o alumnado de 1º e 2º ESO participou nunhas charlas do Plan Director orientadas a mellorar a convivencia no centro. Ditas charlas foron organizadas polo Departamento de Orientación e trataron sobre a prevención do acoso escolar e sobre o uso correcto das novas tecnoloxías.

EXPOSICIÓN DE POSTAIS DE NADAL 2019

No recibidor do instituto están expostas as postais de Nadal realizadas polo alumnado para participar no concurso convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS SOBRE SONIA DELAUNAY

Desde o día 8 de xaneiro pódese ver na entrada do instituto unha exposición de traballos realizados polo alumnado de plástica sobre a artista Sonia Delaunay. Dita exposición está incluída no proxecto interdisciplinar "Mulleres na sombra".

ACTIVIDADES DE NADAL 2020

O venres 20 de decembro desenvolvéronse diferentes actividades como antesala das vacacións de Nadal.

Contamos coa actuación de Mircromina títeres, patrocinada pola ANPA do instituto, á que asistíu o alumnado da ESO.

A continuación disfrutamos dunha actuación musical organizada polo departamento de Música.

Distribuir contido