10º CONCURSO EUROPEO DE MARCAPÁXINAS

O alumno de 1º FPB Kevin Rodríguez Martínez de Lagrán ven de gañar un premio no 10º Concurso Europeo de Marcapáxinas . Este concurso está enmarcado dentro do proxecto eTwinning Letras Galegas 2020. Ricardo Carvalho Calero” no que están a traballar os alumnos de 1º de Ciclo Medio e 1º de FP Básica nos módulos de "Aplicacións Ofimáticas" e "Ofimática e Arquivamento de documentos" ao longo deste curso.

Podedes ver o traballo gañador no seguinte enlace .

 

 

Vídeos cos traballos de Tecnoloxía realizados por alumnos de 2º ESO A

Neste enlace podedes ver o vídeo realizado cos traballos realizados por alumnos de 2º ESO A nun proxecto de tecnoloxía sobre mecanismos (plano inclinado), feitos no mes de abril nas súas casas.

Neste outro enlace podedes ver o vídeo realizado cos traballos realizados por alumnos de 2º ESO A nun proxecto de tecnoloxía sobre vehículos propulsados, feitos no mes de maio nas súas casas.

 

 

Vídeo cos traballos de Plástica realizados por alumnos de 1º ESO

 

No seguinte enlace podedes ver un vídeo cos traballos realizados polos alumnos de 1º ESO dende a casa.

Neste outro enlace podedes ver un vídeo cos traballos realizados por alumnos de 1º ESO A-B en ed. plástica, no mes de maio nas súas casas. Tratábase de crear texturas visuais usando a técnica da estampación.

 

IMPORTANTE!

 


ANTE A SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA O PROFESORADO ESTARÁ EN CONTACTO  CO ALUMNADO POR MEDIO:

  • DA AULA VIRTUAL
  • DO CORREO ELECTRÓNICO
  • DO TELÉFONO
  • DOUTRAS FERRAMENTAS DIXITAIS

O PROFESORADO CONTACTARÁ COAS FAMILIAS POR MEDIO:

  • DA APLICACIÓN ABALAR (importante tela instalada no teléfono móbil)
  • DO CORREO ELECTRÓNICO
  • DO TELÉFONO

 
AS FAMILIAS PODEN CONTACTAR CO PROFESORADO OU CO CENTRO EDUCATIVO:

  • APLICACIÓN ABALAR
  • TELEFÓNICAMENTE NO 645389888 DE 10 A 13 HORAS (DE LUNS A VENRES)
  • NO SEGUINTE  CORREO ELECTRÓNICO:  ies.monterroso@edu.xunta.es

SAÚDOS E SAÚDE

 

PROPOSTA DE LECTURAS POLO DÍA DO LIBRO

Dende a casa. No confinamento... propoñemos algunha lectura.

ABAU 2020. Modelos de exame

A CIUG ven de facer público os modelos de exame ABAU 2020.  

Pódense consultar en https://ciug.gal/gal/abau/modelos

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UDC: xoves 23 e venres 24 de abril

A UDC nun clic!

Como futuro estudante universitario queremos amosarche a Universidade da Coruña nestas Xornadas de Portas Abertas. Como somos, que facemos e que podemos ofrecerche para que se vexan cumpridas as túas expectativas vitais e profesionais na a túa traxectoria universitaria. Outros anos puidemos abrir literalmente as nosas portas e manter un contacto estreito e persoal contigo. Nesta ocasión, a COVID-19 obríganos a facelo de forma virtual mais iso non será impedimento para ensinarche a UDC con todo o noso agarimo. Achégate!


É o que propoñemos a través das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, na que os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a nosa Universidade e poderedes interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.


Tamén coñeceredes os servizos e unidades que lle van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, , cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...


Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que lles ofrecemos para o vindeiro curso 2020-2021.


Na ligazón: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/


E na aplicación móvil UDC.gal para Android<https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.udc.campusmobil> e para IOS<https://itunes.apple.com/us/app/udc-mobil/id1245551194?l=es&mt=8>


Disporedes de:

  *   Videoconferencia en directo de cada titulación
  *   Vídeos de Centros Universitarios
  *   Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado

Tamén teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guialos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderán facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na Universidade.

Temos un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.


Benvido/a á Universidade da Coruña!

Benvido/a ao teu futuro!

RECURSOS EDUCATIVOS

No apartado Alumnado -> Recursos educativos desta páxina web, o profesorado informará de recursos educativos que poden ser de interese para o alumnado.

“QUEDARSE NA CASA”. GUÍAS DE INTERÉS DIRIXIDAS ÁS FAMILIAS, AO PROFESORADO E AO ALUMNADO PARA AFRONTAR O CORONAVIRUS-COVID19.

Neste tempo de “recollemento” na casa, desde o centro gustaríanos compartir diferentes guías de interés, publicadas por diferentes profesionais e polo Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid, para axudar aos diferentes membros da comunidade educativa, a xestionar adecuadamente esta situación de alarma.

Distribuir contido