2º BAC
Samaín 2021
O alumnado de debuxo artístico de 2º de Bacharelato realizou estes debuxos inspirados nas ilustracións de Fernando Vicente. A edición de Drácula de Bran Stoker coas súas ilustracións atópase na biblioteca do centro.
GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO
O martes 18 de maio tivo lugar unha celebración no centro para despedir ao alumnado que cursou 2º de Bacharelato.
Debido á situación de pandemia non puideron asistir as familias, polo que se conectaron por videoconferencia. Ademais, o acto foi retransmitido en directo por youtube.
Conferencia de Manuel Portas
O día 23 de marzo tivemos o pracer de ter con nós a Manuel Portas, autor do libro Por puntos que lemos no primeiro trimestre en 2º de BAC e no Club de Lectura de Adultos, e co que o seu autor gañou o Premio Blanco Amor 2018.
Foi un encontro moi entrañable no que Manuel Portas nos estivo comentando o seu libro e respondendo ás preguntas do alumnado. Tamén nos deu a súa opinión acerca da situación actual do galego.
Guía de estudos superiores de Galicia 2020-2021 La Voz de Galicia
A Voz de Galicia publicou a 2ª edición Guía estudos superiores de Galicia “Que quero estudiar”.
Esta guía inclúe información de toda a oferta de estudos universitarios, ciclos formativos de grao superior e, outras ensinanzas organizadas nas catro ramas de coñecemento: Artes, Humanidades, Ciencias Sociais e Ciencias. Os diferentes estudos inclúen unha descrición básica sobre a titulación, os centros onde se ofertan, as notas de corte, as materias de bacharelato que ponderan para cada grao e as saídas profesionais. Ademais, inclúe información básica sobre másteres, aloxamento e bolsas de estudo.
Tamén podes atopar a información utilizando este buscador https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/, a través do que navegarás utilizando diferentes criterios de búsqueda.
ABAU 2020. Modelos de exame
A CIUG ven de facer público os modelos de exame ABAU 2020.
Pódense consultar en https://ciug.gal/gal/abau/modelos
GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO
Na tarde do martes 22 de maio celebrouse a cerimonia de graduación e despedida do alumnado de 2º de Bacharelato
Técnicas para a búsqueda de emprego
O vindeiro venres 30 de abril o alumnado de 2º BAC asistirá a un obradoiro orientado ao aprendizaxe de técnicas de emprego efectivas para a búsqueda do seu primeiro emprego.
Vilamor
O día 22 de marzo presentarase a película "Vilamor" dirixida por Ignacio Vilar. O director do filme e tres dos actores e actrices principais estarán con nós para dar unha pequena charla sobre a película que se estrea en Lugo o vindeiro 30 de marzo
