try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Blogue

Miscelánea- Lecturas, curtas, música, artículos

Ari

Ari 1"Ari" Unha curtametraxe de Alex Murawski. A historia de Ari (que significa "ser" en xaponés) un neno, con sobrepeso e introvertido, que quere participar no grupo de iguais, impulsado polos seus sentimentos cara a compañeira de clase Jess, tenta baixar de peso e facerse máis franco nun esforzo por conectarse cos demais. Pero isto só o leva a unha maior dor, unha maior soedade e tristura, ao realizar a súa procura inútil e humillante de converterse noutra persoa, Ari fai unha declaración pública de auto-aceptación e descobre que o seu xeito de ser ten un valor sorprendente.

 

"Ser un neno non é doado, sélo sendo tí mesmo é moito máis difícil. Ante a humillación o protagoniosta atopa a coraxe e a auto-aceptación do xeito máis insospeitado". 

 

Flipped Classroom

 O Flipped Classroom (aula invertida) é unha metodoloxía didáctica asentada nas teorías de Vygotsky respecto aos modelos da aprendizaxe social e ao constructivismo Piagetiano. Os fundamentos da “clase inversa” contemplan a educación dun xeito que supón unha simetría antagónica  respecto aos procedementos que se están a desenvolver comunmente nos centros de ensino. A maior parte do alumnado adica un importante espazo do seu traballo extraescolar á consolidación dos aspectos académicos que lle ofrece o profesorado na aula, ben sexa a través dun traballo individual ou coa axuda da familia e/ou academias que consolidan estas aprendizaxes e resolven as dúbidas derivadas da asimilación de contidos, unha situación que xera un desfase competencial respecto ás posibilidades socioeconómicas do alumnado. Mediante este enfoque revértese o proceso de ensinanza-aprendizaxe para que sexa a dinámica da aula a favorecedora da consolidación dos coñecementos, a reflexión proactiva e  a colaboración a través da participación grupal para enriquecer as aprendizaxes. O modelo tradicional de transmisión de coñecemento, no que un especialista imparte leccións maxistrais, está asentado nunhas premisas obsoletas respecto ao acceso a cultura e minimiza a riqueza que supón na actualidade dispor da biblioteca de Alexandría no sillón da túa casa, entendo que non é posible perpetuar unha educación arcaica e descontextualizada no marco dunha sociedade que funciona a un ritmo tecnolóxico ao que os docentes non podemos permanecer cegos asumindo a ineficacia do sistema educativo sen mostrar intención de cambio.      

Matar a creatividade + Mudando paradigmas

Conferencia maxistral de Ken Robinson reivindicando a creatividade como ferramenta indispensabel do proceso educacional, e un video clip no que se traduce en imaxes o seu discurso respecto das patoloxías asociadas aos actuais modelos paradigmáticos dos sistemas educativos, algunhas apreciacións son cuestionabels, pero en termos xerais tanto o contido como a forma son brillantes.

 

Recursos para a Aula Dixital

+ de 200 Recursos Dixitais para utlizar na aula. 

Distribuir contido