Skip to Content

Comunicacións para Pai/Nais

Charla Cruz Vermella

A hora do código UDC 2018

sábado 24 de Novembro ás 11:00, a Universidade da Coruña organiza Hora do Código UDC 2018, un evento destinado a rapaces de 8 a 12 anos co obxectivo de que se inicien na programación de ordenadores dunha forma amena, divertida e directa. 

 
Hora do Código é unha iniciativa de code.org, unha organización pública sen ánimo de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar. 

Para participar é preciso rexistrarse no evento, seguindo as instrucións da páxina web e achegarse á Facultade de Informática da UDC o sábado 24.

 Máis información en: http://hourofcode.fic.udc.es/index-gal.html

Reunións familias titores inicio curso 2019/20

O vindeiro luns 7 de outubro de 2019 celebraranse as reunións de inicio de curso para informar ás familias de cuestións fundamentais para a boa convivencia e funcionamento do centro.

Desenvolveranse nas aulas de grupo cos titores correspondentes e comezarán ás 18:30 horas.

Charla Cruz Vermella

Reunión informativa E-Dixgal familias 1º ESO

O mércores 19 de setembro, ás 19:00 horas, terá lugar unha reunión informativa dirixida ás familias que se incorporan a E-Dixgal no presente curso 2018/19

Deputación da Coruña: Programa Socioeducativo SUPRime o ConTRol

 

Finalidade: sensibilizar ás familias sobre a dimensión que ten o fenómeno da violencia de xénero en adolescentes e visibilizar as súas consecuencias. Falarase sobre o Programa Socioeducativo que se está impartindo no centro e dos resultados e experiencias obtidas ata o momento.

Co fin de facilitar a preparación da charla resulta preciso entregar cuberto no centro educativo o seguinte formulario para confirmar a súa asistencia.

Acto presentación programa TEI - Entrega de credenciais titores

PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLO COMPROMISO AMOSADO NA XORNADA DE COHESIÓN CELEBRADA O 23 DE FEBREIRO DE 2018!!

Circular informativa modificación Normas de Organización e Funcionamento e Plan de Convivencia, relativa ao emprego dos teléfonos móbiles no centro

Estimadas familias:

Pola presente comunicamos a modificación das Normas de Organización e Funcionamento do Centro (NOF) e do Plan de Convivencia, relativa ao emprego dos teléfonos móbiles no centro, que entrará en vigor o 1 de febreiro de 2018:

Queda prohibido o uso do teléfono móbil en todo o recinto escolar. Unicamente estará permitido se é necesario para o desenvolvemento dalgunha actividade académica e sempre baixo a supervisión e responsabilidade do profesor correspondente.

E lembramos que continúa en vigor:

Está totalmente prohibida a gravación, manipulación ou difusión de imaxes dentro do recinto escolar ou durante o desenvolvemento dalgunha actividade complementaria ou extraescolar fóra do mesmo sen a autorización expresa das persoas protagonistas das mesmas ou dos seus representantes legais en caso de que sexan menores de idade.

 Tipificación da conduta e medidas correctoras:

  • Uso do teléfono móbil en actividades distintas das académicas: terá a consideración de conduta leve contraria á convivencia e será de aplicación a medida correctora “amoestación por escrito”.
  • Uso do teléfono móbil para gravación, manipulación ou difusión de imaxes ou informacións: terá a consideración de conduta grave contraria á convivencia e suporá a incoación de procedemento corrector.

Non se trata de corrixir o uso da tecnoloxía senón o abuso e mal uso dos teléfonos móbiles. Agradecemos de antemán a colaboración das familias, que resulta imprescindible.

Atentamente,

O equipo directivo

Programa TEI. Prevención da violencia e o acoso escolar

Circular Informativa Familias dos Centros participantes no Programa TEI

Dende a Concellería de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada xunto co CFR A Coruña (Centro de Formación e Recursos) dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, previa petición dos centros escolares e a implicación dos seus claustros, este curso 2017-2018 implementarase o Programa TEI. Prevención da violencia e o acoso escolar”.

Trátase dun programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar, é institucional e implica a toda a comunidade educativa, oriéntase a mellorar a integración escolar e  traballa por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacions entre iguais sexan máis satisfactorias, dirixido á mellora ou modificación do clima e a cultura do centro respecto da convivencia, conflito e violencia (física, emocional ou psicolóxica). Baseándose na tutorización emocional entre iguais donde o respecto, a empatía e o compromiso son os pilares básicos do desenvolvemento nos centros educativos.

Entendendo que a prevención da violencia e a aposta por unha mellor convivencia nos centros escolares depende de todas e todos, agradecemos a participación dos docentes e das familias na formación (que tivo lugar os días 22, 23 e 24 de novembro de 2017) para implementar un programa que ten o respaldo especializado da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Barcelona e a Universidade de Alicante.

Abalar Móbil

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil.
 
 
É unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia. 
 
 
 
Pode instalarse no teléfono móbil ou nunha tablet. A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 
 
 

PASOS A SEGUIR PARA A INSTALACIÓN:

  1. BUSCAR EN PLAY STORE OU APPLE STORE "ABALARMOBIL" E INSTALAR.
  2. PEDIRANNOS UN NÚMERO DE MÓBIL PARA REXISTRARNOS (o mesmo que se facilitou na Secretaría do centro no momento da matrícula do alumnado).
  3. A ESE MESMO NÚMERO NOS ENVIARÁN UN CÓDIGO DE 9 DÍXITOS.
  4. CON ESE CÓDIGO XA PODEMOS FINALIZAR A INSTALACIÓN.

 

REQUISITOS CONTRASINAL:

  • Conter mínimo 8 caracteres.
  • Conter polo menos unha maiúscula, unha minúscula e un número.
  • Non coincidir coas últimas 5 contrasinais anteriores (debe ser distinta en 3 caracteres como mínimo)
  • Non pode estar composto polo DNI nin o nome ou apelidos do propio usuario.

CALQUERA PREGUNTA QUE TEÑAN NON DUBIDEN EN CHAMAR AO CENTRO

 

 Guía para as familias abalarMóbil 

Guía para as familias abalarMóbil
 
 
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades
  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Mensaxería
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Distribuir contido


by Dr. Radut