Skip to Content

Comunicacións para Pai/Nais

Probas extraordinarias Setembro 2020

Probas presenciais: 1 e 2 de setembro (conforme ó calendario publicado). Lugares de realización das probas: aula de usos múltiples e aulas da planta baixa (seguir as indicacións do equipo directivo e profesorado).

  • Obrigatorio o uso da máscara de protección.

  • Continua hixiene de mans. Habilitados dispensadores de solución hidoralcohólica na entrada e demais espazos.

  • Manter a distancia de seguridade interpersoal (1.5 metros).

  • Empregar material de uso propio. O alumnado non compartirá material  con ningún dos seus compañeiros/as.

  • Ventás, portas, persianas, dispositivos de funcionamento de iluminación serán unicamente empregados polo profesorado, coas medidas de seguridade e hixiene que proceda.

  • Uso de aseos da planta baixa e planta primeira (acceso individual).

  • Permanecer no centro o tempo indispensable para a realización da proba.

Entrega de notas: 3 de setembro (conforme ó calendario publicado)

 

Paso a Secundaria

Preme no enlace para unha visita virtual

O xoves 11 de xuño desenvolveranse reunións informativas por videoconferencia Webex, organizadas pola dirección do centro e o departamento de orientación.

  • 17:30 - 18:50 horas: CEIP Sada y sus Contornos
  • 19:00 - 20:30 horas: CEIP Pedro Barrié de la Maza

Información toma de decisións matrícula curso 2020/21

Videoconferencias organizadas polo equipo directivo co fin de asesorar ao alumnado na toma de decisións para formalizar a matrícula do curso 2020/21.

Luns, 1 de xuño 2020

  • 09:35 - 10:25 h: 1º Bacharelato B
  • 17:20 - 18:10 h: 4º ESO B

Martes, 2 de xuño 2020

  • 11:30 - 12:20 h: 3º ESO A
  • 13:30 - 14:20 h: 4º ESO A

Mércores, 3 de xuño 2020

  • 11:30 - 12:20 h: 3º ESO B
  • 13:30 - 14:20 h: 1º Bacharelato C

Lunes, 8 de xuño 2020

11:30 - 12:20 h: 3º ESO C

Martes, 9 de xuño 2020

  • 13:30 - 14:20 h: 1º Bacharelato A

Mércores, 10 de xuño 2020

  • 13:30 - 14:20 h: 4º ESO C

Instrucións complementarias

Premer no enlace para consultar as Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Os centros educativos non poderán realizar probas de modo presencial ao alumnado.
  • As probas extraordinarias do mes de setembro, realizaranse na modalidade presencial ou non presencial, en función das condicións sanitarias existentes no momento da súa celebración. Ditas probas versarán exclusivamente sobre os obxectivos, as aprendizaxes e as competencias desenvolvidas en modo presencial durante o primeiro e o segundo trimestre.
  • En educación secundaria obrigatoria, en formación profesional básica e en bacharelato, independentemente de que a adopción da decisión sobre promoción se adopte por parte do equipo docente na convocatoria ordinaria de xuño ou na extraordinaria de setembro, os alumnos e as alumnas que promocionen dun curso a outro dentro da mesma etapa con materias non superadas terán dereito a presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro, a fin de posibilitarlle a recuperación desas materias.
  • Os centros educativos poderán flexibilizar, de maneira excepcional, os criterios para a obtención do título de bacharelato sen ter en consideración as limitacións que afecten ao número de materias non superadas , cando a xuízo do equipo docente, o alumno ou a alumna teña adquiridos suficientemente os obxectivos xerais de etapa que lle permitan continuar o seu itinerario académico En todo caso, a nota media da etapa debe ser igual ou superior a 5.

Retorno actividade lectiva presencial con carácter voluntario para alumnado 2º Bacharelato

Premer no enlace para consultar a Resolución do 22 de maio de 2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019/20, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial

  • Mantéñense os horarios habituais dos grupos.
  • Actualizáronse os horarios de videoconferencias
  • A actividade presencial da aula poderá ser retransmitida por medios telemáticos para o alumnado que non acode ao centro educativo. A retransmisión realizarase preferentemente en directo coas ferramentas subministradas pola consellería e informarase ao alumnado de que a mesma non pode ser divulgada.
  • Non poden acudir ao centro os nenos/as con síntomas compatibles co COVID-19 o diagnosticados de COVID- 19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas o diagnosticado de COVID-19. As familias vixiarán o estado de saúde e realizarán toma de temperatura todos os días antes de saír da casa para ir ao centro educativo. Si o alumno/a tivera febre ou síntomas compatibles con COVID-19 non deberá asistir ao centro debendo chamar ao seu centro de saúde ou ao teléfono 900 400 116 e avisando simultaneamente ao centro educativo.
  • Dado que a incorporación é voluntaria, o alumnado que presenta condicións de saúde que os fai máis vulnerables para COVID-19 (como, por exemplo, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cáncer, inmunodepresión ou hipertensión arterial), poderá acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e o permita, e mantendo medidas de protección de xeito rigoroso.
  • Realizarase polos usuarios unha limpeza e desinfección dos postos de traballo en cada cambio de clase con especial atención ao mobiliario e/ou outros elementos susceptibles de manipulación, sobre todo naqueles utilizados por máis dun usuario.
  • Ocupación das aulas e outros espazos; a distancia interpersonal mínima será de 2 metros.
  • O desprazamento de grupos de estudantes polo centro reducirase ao mínimo.
  • O alumnado e profesorado ten a obriga de usar máscaras nos movementos
    que discorran polo centro.
  • A hixiene de mans é obrigatoria en cada cambio de aula
  • O alumnado non compartirá material de uso propio con ningún dos seus compañeiros
  • O alumnado debe permanecer no seu sitio durante os cambios de clase.
  • O uso dos aseos estará limitado a unha simultaneidade non superior a un terzo do seu aforo
  • Recreos: Na medida do posible limitaranse espazos para que un grupo de 50 alumnos/as poida estar distanciado de dous en dous metros, independizando espazos do mesmo aforo.

Adaptación Programacións Curso 2019/20

Co fin de dar cumprimento ás Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, premendo no enlace é posible consultar as adaptacións das programacións que informan:

  • Estándares de aprendizaxe imprescindibles
  • Procedemento para o cálculo da cualificación final ordinaria
  • Proba extraordinaria de setembro
  • Procedemento e instrumentos de avaliación alumnado con materias pendentes de cursos anteriores
  • Actividades, metodoloxía, materiais e recursos

Titorías telefónicas

Chamando ao teléfono 881880942 as familias poderán concertar cita para contactar telefonicamente co profesorado (con anterioridade ao día e hora de atención semanal  do docente).

Premer no enlace para consultar a hora de atención semanal a pais/nais do profesorado do centro.

Horario de atención ao público

De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.

Co obxectivo de evitar o contacto entre persoas ou, de non ser posible, se reduza a súa frecuencia, a atención farase preferentemente por teléfono: 881880942/625889867

Para atención no centro educativo, é preciso solictar cita previa nos teléfonos indicados.

No centro será preciso observar as medidas de seguridade establecidas: respectar as distancias mínimas de seguridade, de polo menos 2 metros, tanto nos accesos como nos espazos de atención ao público, facer uso da solución hidroalcohólica posta a disposición  dos usuarios, aportar o seu propio bolígrafo no caso de ter que cubrir documentación

Matrícula Curso 2020/21

O prazo de formalización de matrícula irá do 1 ao 10 de xullo e o extraordinario do 1 ao 10 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut