Skip to Content

Comunicacións para Pai/Nais

Información actividades alumnado

O profesorado do IES Isaac Díaz Pardo está traballando na programación en E-Dixgal e Aula Virtual de actividades relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar e facer o seguimento. NON TERÁN CARÁCTER DE AVALIABLES.

Recomendacións:

Tentar manter o horario escolar na casa.

Para as materias que manexan habitualmente E-Dixgal e Aula Virtual, continuar traballando como é costume.

Para o resto de materias que non empregaban E-Dixgal e Aula Virtual:

1º e 2º ESO: o profesorado está habilitando materias en E-Dixgal.

3º e 4º ESO e Bacharelato: o profesorado está habilitando materias en Aula Virtual.

Queremos trasladar ao alumnado que cursa 2º Bacharelato que contan co compromiso da totalidade do equipo docente. Estamos nas aulas virtuais e estamos á vosa disposición. Manter calma, traballar diariamente, contactar co profesorado e repasar. ÁNIMO

Canles de comunicación

Dende o IES Isaac Díaz Pardo queremos trasladar unha mensaxe de tranquilidade, insistindo na necesidade de ser responsables e seguir as instrucións das autoridades competentes, consultando as fontes de información oficial.

A través da páxina web, Abalar, E-Dixgal, aulas virtuais e correo electrónico mantemos o contacto coa comunidade educativa.

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.

Premer no enlace para consultar texto íntegro na web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

AVISO URXENTE: SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS E EXTRAESCOLARES DENDE O LUNS 16 DE MARZO!

Seguindo as indicacións do Presidente da Xunta de Galicia na comparecencia (10' 12") efectuada este mediodía do xoves 12 de marzo:

 "...suspendemos a actvidade lectiva e extraescolar en todos os niveis educativos a partires do luns de forma oficial e partir de mañá de forma recomendada, se os pais e nais teñen dificultades para organizarse van a estar abertos mañá, pero a partir do luns os centros dende o punto de vista de aceptación de alumnado estarán pechados....".

Formación alumnado mediador

O xoves 20 de febreiro está prevista unha xornada de formación de alumnado mediador

Nova funcionalidade abalarMóbil: Mensaxería

Dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS. Pemendo no enlace é posible consultar o manual de usuario.

Charla Cruz Vermella

Actualización Plan de Convivencia

Aprobada na reunión ordinaria de Consello Escolar celebrada o 27 de marzo de 2019.

TRATAMENTO FALTAS DE PUNTUALIDADE

No inicio da xornada escolar (primeiras sesións e sétima, no caso dos luns)

Será responsabilidade do equipo directivo e do profesorado de garda o control da puntualidade. Terá a consideración de conduta leve contraria á convivencia a acumulación de faltas de puntualidade nun número igual ou superior á metade das sesións de inicio dunha semana. A medida correctora aplicada será "amoestación por escrito".

Na incorporación ao resto de sesións

Será o profesorado de cada mateira quen determine a consideración de conduta leve contraria á convivencia en función da frecuencia

Diagnose e seguimento da convivencia escolar

Estimadas familias:

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta Estratexia, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia. Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento do clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran, faise necesario repetir o proceso referido.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa por cada centro no que teñan matriculado algún fillo ou filla, independentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro.

Cada familia dispón dun código de acceso á recollida de datos sobre convivencia escolar. O código serve só para evitar que xente allea ao centro entre na aplicación, pero non serve para identificalo a vostede.

A súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos que preste atención e responda con responsabilidade. Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con ela ou precisase unha nova pode poñerse en contacto coa dirección do centro.

Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

Atentamente,

NOTA:
Na seguinte ligazón pódese acceder ao formulario para a recollida de datos: https://edu.xunta.es/convfamil

Para garantir a seguridade do proceso a aplicación utiliza un certificado de seguridade da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que pode non ser recoñecido por todos os navegadores. Se recibe unha mensaxe de alerta non se preocupe. Pode confiar plenamente na seguridade da páxina.

Distribuir contido


by Dr. Radut