Skip to Content

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.

Premer no enlace para consultar texto íntegro na web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional



page | by Dr. Radut