Skip to Content

Comunicacións para Pai/Nais

Horarios: sesións videoconferencia

Premendo no enlace é posible consultar os horarios de grupos, nos que figuran sinaladas en vermello as sesións que empregan a videoconferencia (Webex) como ferramenta de comunicación co alumnado.

O alumnado pode acceder á videoconferencia empregando a información que previamente lle facilita o profesorado. Existen varias opcións:

  • Número de sala
  • Enlace de reunión
  • Número de reunión e contrasinal

A información de acceso á reunión será comunicada polo profesorado empregando o correo electrónico do alumnado ou a mensaxería das aulas virtuais e E-Dixgal.

3º Trimestre

Premer no enlace para consultar as Orientacións provisionais, publicadas pola Consellería, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/20(Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

Comunicado Consellería inicio terceiro trimestre

A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto.

Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.

Premer no enlace para consultar comunicado íntegro

Recollida de datos vía formulario: enlace

O venres, 3 de abril, enviamos un Aviso de centro por Espazo Abalar cun enlace para encher un formulario que nos permita coñecer as necesidades do alumnado na situación de crise e incerteza actual, co propósito de facilitar a axuda posible.

MOI IMPORTANTE: Encher un formulario por cada alumno/a matriculado/a no centro

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=DQSIkWdsW0yxEjajBLZtrQAAAAAAAAAAAAMAACrOHgdUNDdLTlM3UThMM0xMNlZDWjExUjFRQlE0WS4u

Cisco Webex: Servizo de Videoconferencia para o ámbito docente

Servizo de videoconferencias Webex (alumnado). Peme na imaxe.

Espazo Abalar: Publicación cualificacións

Rede saturada.

Reintentar máis tarde

Grazas

Avaliación 2º Trimestre

Tal e como establecen as Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario, sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre,  o IES Isaac Díaz Pardo procede a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre, co traballo desenvolvido ata a data de declaración do estado de alarma

Logo de realizar xuntas de avaliación por videoconferencia, o venres 3 de abril, ás 15:00 horas, publicaranse as cualificacións no Espazo Abalar. (No ficheiro adxunto é posible consultar a guía informativa para familias).

As familias que non teñan acceso a Espazo Abalar deberán comunicar co centro co fin de artellar outro medio de información.

As circunstancias excepcionais que estamos a vivir esixen revisións das programacións que poden ser consultadas nas adendas dispoñibles no bloque relativo ás Programacións.

É importante destacar que as cualificacións da 2ª avaliación teñen un carácter meramente informativo. As posibles dúbidas e consultas deben ser canalizadas a través das titorías (contacto por Espazo Abalar, correo electrónico, teléfono do centro).

Conscientes da dificultade do momento e comprometidos co noso alumnado e as súas familias, continuamos a traballar para avanzar no curso.  E-Dixgal e Aula Virtual son ferramentas imprescindibles.

Durante as vacacións de Semana Santa non habrá actividade académica.

A proposta á volta é respectar o horario de traballo de cada grupo, contactando profesorado e alumnado a través das plataformas dixitais  nas franxas horarias habituais do curso. Cisco Webex e outras plataformas facilitan o seguimento das clases por videoconferencia e xa están sendo empregadas por parte do profesorado en cursos como 1º e 2º Bacharelato. 

Traballando conxuntamente sairemos reforzados.

Os mellores desexos de saúde.

Acceso aula virtual para alumnado que accede por primeira vez

Usuario: Nome completo e apelidos separado de puntos (substituír ñ por n), todo en minúsculas: nome1nome2.apelido1.apelido2

Exemplo: María Sol Doval Casal. Usuario:mariasol.doval.casal

Contrasinal: Changeme

Mudar contrasinal no primeiro acceso

Comunicar  incidencias ao correo electrónico do centro para a súa resolución.

Distribuir contido


by Dr. Radut