Skip to Content

Comunicacións para Pai/Nais

Programa Alumnado Axudante

No curso 2020/21 ponse en práctica o programa Alumnado Axudante en 1º e 2º da ESO.

Consiste na selección dun grupo de alumnos/as en cada clase que desenvolven as seguintes funcións: escoitar e axudar aos compañeiros/as que o precisen, acompañar ao alumnado que se poida sentir só nalgún momento ou ao alumnado de recente incorporación.

O modelo de Alumnado Axudante é un programa que nos introduce no aproveitamento dun gran recurso humano: o propio alumnado. Diversas experiencias levadas a cabo en distintos centros educativos demostraron que, utilizando estratexias de axuda entre iguais, conséguese mellorar o clima do centro así como o desenvolvemento persoal e social dos axudantes e dos axudados/as.

Dende a coordinación de convivencia elaborouse unha presentación do programa que foi visualizada nas titorías por todos os cursos de 1º e 2º da ESO a finais do primeiro trimestre, coordinouse a selección do alumnado axudante e creouse unha materia en E-Dixgal para os titores de 1º e 2º ESO onde se publicaron diversas actividades para traballar a empatía, a escoita activa e a resolución de conflitos.

Reparto máscaras - Concellaría Educación e Deporte - Concello de Sada

No día de hoxe foron entregadas ao alumnado máscaras proporcionadas pola Concellaría de Educación e Deporte do Concello de Sada.

Achegamos carta ás familias

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Videoconferencias: Acceso Webex

Enlace acceso Webex

Que datos preciso para acceder?

  • Número de sala,
  • Enlace ou
  • Código de reunión e contrasinal

Quen facilita os datos?

O profesorado, empregando a mensaxería da Aula Virtual/E-Dixgal

Premer no enlace para completar información

Necesidades de conectividade e/ou equipamento dixital

Co fin de identificar as necesidades de conectividade e/ou equipamento dixital, pregamos que o alumnado responda ao seguinte cuestionario (cada alumno/a matriculado/a no centro deberá completar un formulario)

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=DQSIkWdsW0yxEjajBLZtrQAAAAAAAAAAAAMAACrOHgdUQ0FIQzJITkJHR1NBNzE2MkJDMjg2WU9XTy4u

Servizo cafetería

O mércores 7 de outubro inicia a súa actividade

Información Comunidade Educativa

Prezadas familias:

Comunicamos a confirmación de dous casos COVID no centro educativo.

O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 14 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

  • Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, as autoridades sanitarias contactarán coa familia para dar as indicacións necesarias.
  • Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 14 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 6 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
  • O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
  • Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS 3.

Transporte escolar: Usuarios excepcionais

O alumnado de Bacharelato que así o solicitou xa conta coa autorización de uso excepcional.

Curso 2020/21: Novos espazos

A Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada, colaborou renovando a pintura do espazo.

Probas extraordinarias Setembro 2020

Probas presenciais: 1 e 2 de setembro (conforme ó calendario publicado). Lugares de realización das probas: aula de usos múltiples e aulas da planta baixa (seguir as indicacións do equipo directivo e profesorado).

  • Obrigatorio o uso da máscara de protección.

  • Continua hixiene de mans. Habilitados dispensadores de solución hidoralcohólica na entrada e demais espazos.

  • Manter a distancia de seguridade interpersoal (1.5 metros).

  • Empregar material de uso propio. O alumnado non compartirá material  con ningún dos seus compañeiros/as.

  • Ventás, portas, persianas, dispositivos de funcionamento de iluminación serán unicamente empregados polo profesorado, coas medidas de seguridade e hixiene que proceda.

  • Uso de aseos da planta baixa e planta primeira (acceso individual).

  • Permanecer no centro o tempo indispensable para a realización da proba.

Entrega de notas: 3 de setembro (conforme ó calendario publicado)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut