Skip to Content

Retorno actividade lectiva presencial con carácter voluntario para alumnado 2º Bacharelato

Premer no enlace para consultar a Resolución do 22 de maio de 2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019/20, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial

  • Mantéñense os horarios habituais dos grupos.
  • Actualizáronse os horarios de videoconferencias
  • A actividade presencial da aula poderá ser retransmitida por medios telemáticos para o alumnado que non acode ao centro educativo. A retransmisión realizarase preferentemente en directo coas ferramentas subministradas pola consellería e informarase ao alumnado de que a mesma non pode ser divulgada.
  • Non poden acudir ao centro os nenos/as con síntomas compatibles co COVID-19 o diagnosticados de COVID- 19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas o diagnosticado de COVID-19. As familias vixiarán o estado de saúde e realizarán toma de temperatura todos os días antes de saír da casa para ir ao centro educativo. Si o alumno/a tivera febre ou síntomas compatibles con COVID-19 non deberá asistir ao centro debendo chamar ao seu centro de saúde ou ao teléfono 900 400 116 e avisando simultaneamente ao centro educativo.
  • Dado que a incorporación é voluntaria, o alumnado que presenta condicións de saúde que os fai máis vulnerables para COVID-19 (como, por exemplo, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cáncer, inmunodepresión ou hipertensión arterial), poderá acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e o permita, e mantendo medidas de protección de xeito rigoroso.
  • Realizarase polos usuarios unha limpeza e desinfección dos postos de traballo en cada cambio de clase con especial atención ao mobiliario e/ou outros elementos susceptibles de manipulación, sobre todo naqueles utilizados por máis dun usuario.
  • Ocupación das aulas e outros espazos; a distancia interpersonal mínima será de 2 metros.
  • O desprazamento de grupos de estudantes polo centro reducirase ao mínimo.
  • O alumnado e profesorado ten a obriga de usar máscaras nos movementos
    que discorran polo centro.
  • A hixiene de mans é obrigatoria en cada cambio de aula
  • O alumnado non compartirá material de uso propio con ningún dos seus compañeiros
  • O alumnado debe permanecer no seu sitio durante os cambios de clase.
  • O uso dos aseos estará limitado a unha simultaneidade non superior a un terzo do seu aforo
  • Recreos: Na medida do posible limitaranse espazos para que un grupo de 50 alumnos/as poida estar distanciado de dous en dous metros, independizando espazos do mesmo aforo.


page | by Dr. Radut