Skip to Content

Programa TEI. Prevención da violencia e o acoso escolar

Circular Informativa Familias dos Centros participantes no Programa TEI

Dende a Concellería de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada xunto co CFR A Coruña (Centro de Formación e Recursos) dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, previa petición dos centros escolares e a implicación dos seus claustros, este curso 2017-2018 implementarase o Programa TEI. Prevención da violencia e o acoso escolar”.

Trátase dun programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar, é institucional e implica a toda a comunidade educativa, oriéntase a mellorar a integración escolar e  traballa por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacions entre iguais sexan máis satisfactorias, dirixido á mellora ou modificación do clima e a cultura do centro respecto da convivencia, conflito e violencia (física, emocional ou psicolóxica). Baseándose na tutorización emocional entre iguais donde o respecto, a empatía e o compromiso son os pilares básicos do desenvolvemento nos centros educativos.

Entendendo que a prevención da violencia e a aposta por unha mellor convivencia nos centros escolares depende de todas e todos, agradecemos a participación dos docentes e das familias na formación (que tivo lugar os días 22, 23 e 24 de novembro de 2017) para implementar un programa que ten o respaldo especializado da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Barcelona e a Universidade de Alicante.



page | by Dr. Radut