Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de Anuncios, Xunta de Delegados, Exames, Bolsas, Ofertas de Emprego

Participación de profesorado do IES García Barbón no Programa Erasmus

Profesorado do IES García Barbón- ven de participar nunha estadia formativa Erasmus no curso "Game-based Learning and Gamification" do 19 ao 23 de marzo de 2018.

Máis información premendo aquí.

Consellos entre estudantes, a mellor orientación académica.

Tania e Alex (do 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas) son protagonistas pola charla de orientación académica que impartiron aos estudantes de 2º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa (Proxecto ATEI- A Túa Experiencia Interesa). Moitas grazas pola vosa colaboración e polas interesantes aportacións realizadas.
A melllor orientación faise entre estudantes. 

 

A mellor orientación faise entre estudantes. Hoxe os estudantes de 2º de FPB de Mantemento de Vehículos contaron as súas experiencias formativas e persoais aos alumnos de 1º de FPB. Unha interesante proposta de información e orientación que lle agradecemos moito.

Día da Muller

Powered by emaze

Charla de tres exparlamentarios do Parlamento de Galicia no salón de actos do IES García Barbón.

Cástor Gago (PP), Manuel Luís Rodríguez (PSOE) e Iago Tabarés (BNG) comentarán a súa experiencia coordinados pola profesora Miryam Méndez e o profesor Álvaro Perez. O director fará unha breve presentación de cada un deles.
Moitas grazas polas súas aportacións! 


Despezando coches… en galego!

Os alumnos de 1º C.M. de Electromecánica de vehículosautomóbiles realizaron un inventario en lingua galega das distintas pezas dun coche. Esta é unha primeira versión, cuxo deseño será perfeccionado, dun material que consideramos moi útil para estender o emprego da lingua galega no eido dos establecementos relacionados coa automoción.

Pódense consultar premendo aquí.

Os nosos materiais… en galego!

No ciclo medio de Mantemento Electromecánico estamos realizando un pequeno glosario co nome en galego dos materiais que empregamos a diario nos nosos talleres. O obxectivo que queremos acadar é que este glosario chegue aos talleres da comarca e que podan facer uso del.

Pódese consultar premendo aquí.

Un modelo de esquela… en galego!

O modelo de esquela pódese consultar premendo aquí.

Documentación administrativa… en galego!

Os alumnos de Ciclo medio de Xestión Administrativa realizaron estes modelos de documentación administrativa, dispoñibles para descarga premendo aquí.

Doazón de sangue no IES García Barbón

Distribuir contido