Saltar navegación.
Inicio

Unha antiga alumna do IES García Barbón acada un “Premio de Excelencia Académica”

Paula Alonso Campos, estudante de 2º de Bacharelato do IES García Barbón -durante o curso 2015/2016- recibirá o día 20 de abril un dos Premios de Excelencia Académica que concede a Universidade de Vigo aos mellores expedientes académicos –cunha nota media de 9.9-. Noraboa! para Paula de parte da comunidade educativa do IES García Barbón.

 

Excursión de TCAE por Santiago, A Coruña e Vilagarcía de Arousa

 

Durantes os días 29 de 30 de marzo os alumnos de TCAE fixeron unha saída a Santiago e A Coruña. Visitaron o día 29 as instalacións dos CHUS en Santiago e A exposición "Hablemos sobre drogas" en Villagarcía de Arousa.  O día 30 na Coruña visitaron a residencia xeriátrica Torrente Ballester e o CIFP Monte Alto.​

Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade

Presentación realizada por Lourdes Otero. Moitas grazas, Lourdes!

O IES García Barbón da a coñecer a súa oferta formativa no Agromáis Verín (II)

Segunda xornada de Agromáis Verín -domingo, 2 de abril-. O IES Castro de Baronceli e o IES García Barbón mostrando a súa oferta formativa.
Moitas grazas ao profesorado que estivo atendendo no stand!

 

O IES García Barbón da a coñecer a súa oferta formativa no Agromáis Verín (I)

Unha pequena mostra da nosa presenza co stand en Agromáis Verin o sábado día 1 de abril. O IES García Barbón e o IES Castro de Baronceli promocionando a súa oferta formativa.

Moitas grazas os estudantes de Automoción e Mantemento pola súa boa disposición para colaborar.
 

Entrega dos premios dos alumnos do IES García Barbón no V Concurso de Fotoentroido

O Concurso de Fotoentroido vai xa pola V edición, este ano os/as gañadores foron:
- 1º Premio: Marta Guede do Ciclo Superior de Administrativo
- 2ºPremio: Ian Fernández do Ciclo Básico de Automoción
Podedes ver todos participantes no blog: normacigarron.blogspot.com
Queda aínda por fallar o ganador/ganadora do concurso intercentros: IES García Barbón, IES Castro de Baronceli e IES Taboda Chivite

        

Charla “Comezar a andaina laboral… e non desfalecer no intento” para ciclos de Formación Profesional, no IES García Barbón

 O día 24 de marzo tivo lugar a charla de orientación laboral "Comenzar a andaina laboral... e non desfalecer no intento" por parte da orientadora Lorena Álvarez Martínez, do Servizo de Orientación da Mancomunidade de Verín. Nela fíxose patente a necesidade da formación continua, e de valores coma a inclusión ou a diversidade.

Máis información: PREMER O ENLACE

Distribuir contido