Saltar navegación.
Inicio

BO NADAL!!!!

Papiroflexia no IES García Barbón

O alumno de FPB-Auto 1 Aarón Infiesta Rodríguez impartiu un pequeno taller de papiroflexia ao alumnado de Debuxo Artístico I de Bacharelato coa dirección do Profesor José Carlos Mato Bugallo.

 

no enlace seguinte teredes acceso a máis fotos da actividade.

Plataformas de formación en liña e sen coste

Recursos de titoría para os estudantes

Artanomic - Arte creado por Alumnos de Anatomía de 1º de BAC

Elaboración de obras de arte mesturando elementos do día cotiá coa Anatomía, elaborado por alumnos de 1º de BAC da asignatura de Anatomía e da súa profesora Bea.

Celebración do 25 de Novembro - Día Internacional contra a violencia de Xénero

Mural feito con Pallet coa colaboración de Bea, Marta, Carmen, Elena, Cristina dos Departamentos de Lingua Galega e Literatura, Matemáticas e Economía, FP básica de 1º de Xestión Administrativa e Administrativo, e todolos seus alumnos.

Sexta semana Escolar da Provincia no IES García Barbón

Celabramos a 6ª Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación, este ano adicado ó Reino Suevo. O noso Centro, en colaboración co profesorado de diversos departamentos, especialmente a profesora Tania que elaborou os murais temáticos, levou a cabo unha serie de actividades. Dende o EDL creamos un espazo lector onde os alumnos puideron recoller os manuais e facer unha posta en común dos seus contidos xunto con outras actividades de aula.

Visita TCAE e Anatomía a Barcelona

Os días 13 e 14 de novembro @alumnos de TCAE , Anatomía de 1º BAC e as profes, visitamos Barcelona. Participamos en varias actividades, visita o museo #Cosmocaixa, aprendemos catalán coa conferencia la Magia de la Química en #IQS, resolvemos o asasinato de Manolo Latorre en #GoldenPop, e disfrutamos novamente coa exposición de #HumanBodies. Días intensos e xeniais.

Chega o Magosto O García Barbón!!!

MURAIS DE OUTONO 

Durante este de mes de novembro desenvolvéronse no IES García Barbón diversas actividades relacionadas coa estación outonal. Unha das máis creativas resultou ser a elaboración de varios decorados que ambientaron os corredores do centro cun remuíño de sensacións visuais cargadas de ocres, amarelos, verdes e vermellos saídos das platinas dos alumnos de FP Básica de Automoción e deAdministrativo que da man das súas profesoras Marta, Ana e Carme xunto co EDL puxeron as notas de cor.

Pódese aprender máis sobre a estación do outono: https://gl.wikipedia.org/wiki/Outono

 

SENSACIÓNS DE OUTONO. MAGOSTÍZATE

O Magosto é unha festa tradicional galega en que o lume e as castañas xogan un papel fundamental.Un ano máis o EDL celebramos o Magosto con produtos típicos da nosa zona e este ano quixemos abrir o abano ós doces elaborados con fariña de castaña así que alumnos e profesorado participamos nunha degustación de galletas, bica, tortas, pudin etc. Todo o repertorio tivo como ingrediente base a raíña do outono, a castaña e ao mesmo tempo demos a coñecer empresas que están a comercializar este tipo de produtos e que teñen máis proxección fóra ca dentro das nosas fronteiras así que dende aquí animámosvos a que investiguedes e consumades este tipo de delicias elaboradas en Galicia.

Para saber máis sobre o magosto: https://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto

 

 

Distribuir contido