Saltar navegación.
Inicio

Campamentos e campos de voluntariado 2023 da Xunta de Galicia

CAMPAMENTOS | 2023

Campamentos e campos de traballo

 

 A Xunta de Galicia pon á disposición dos mozos e mozas galegos un total de 36 instalacións xuvenís en Galicia -unha delas nova neste 2023- durante a época estival para levar a cabo as diferentes actividades de ocio e tempo libre. Así mesmo, e dentro dos programas de intercambios bilaterais, tamén se ofrece a posibilidade de que a xuventude galega coñeza a realidade social e cultural doutras comunidades autónomas. Este ano mantéñense os intercambios con País Vasco (Álava-Araba), Castela e León, Estremadura e A Rioxa e incorpóranse, como novidade, os de Castela- A Mancha, Madrid e Cantabria.

 

Para saber máis:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/suceso/campamentos-veran-2023-xunta-de-galicia/suceso/1453835195876

 

CAMPOS DE VOLUNTARIADO | 2023

 

A Xunta de Galicia oferta no verán deste 2023 un total de 730 prazas en 46 campos de voluntariado (incluíndo as cinco quendas nas Illas Cíes) que se desenvolverán por todo o territorio galego, prazas que se suman ás ofertadas en campos noutras comunidades autónomas e no estranxeiro. Galicia confírmase, un ano máis, como a comunidade de toda España coa maior oferta de campos de voluntariado. Neste programa, que se enmarca dentro da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, poden participar as persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos.

Para saber máis:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/suceso/campos-de-voluntariado-en-galicia-veran-2023/suceso/1453835161037