Saltar navegación.
Inicio

Eleccións ao Consello Escolar

 

 

Toda a información das eleccións ao Consello Escolar atópanse nos documentos adxuntos de esta entrada.


INFORMACIÓN ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

A Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro) establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

A composición do Consello Escolar do IES García Barbón é como segue:

  • Presidenta: Directora
  • Xefe de Estudos de Diurno
  • Xefa de Estudos de Adultos
  • 1 Representante do Concello
  • 1 Representante dos Empresarios (con voz pero sen voto)
  • Secretaria (con voz pero sen voto)
  • 7 Representantes do Profesorado
  • 3 Representantes de Pais/Nais
  • 4 Representantes do Alumnado
  • 1 Representante do Persoal de Administración e Servizos

Nas presentes eleccións cómpre renovar ós seguintes membros por sectores:

  • 3 Representantes do Profesorado
  • 4 Representantes do Alumnado
  • 3 Representantes de Pais-Nais
  • 1 Representante do  Persoal de Administración e Servicios

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG do 30 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de toda a comunidade educativa.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

- A Directora do Centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un alumno ou alumna.
- Un representante do persoal de administración e servizos

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 28 de outubro, ás 11:30 na Biblioteca do Centro

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

AdxuntoTamaño
Constitución da Xunta Electoral708.13 KB
Información alumnado708.75 KB
Información familias706.95 KB
Calendario eleccións Consello Escolar 2022914.32 KB
Convocatoria eleccións dos representantes das familias714.86 KB
Convocatoria eleccións dos representantes do alumnado713.44 KB
Convocatoria eleccións dos representantes do profesorado713.92 KB
Convocatoria eleccións dos representantes do Persoal de Administración e Servizos714.87 KB