Saltar navegación.
Inicio

Pilates no Barbón

Fantástica clase de Pilates!! Os alumnos de TCAE participaron nunha sesión de iniciación ao pilates na que ademáis de realizar exercicios para reforzar a musculatura da espalda tamén vimos o correcto uso das fitball para sentarse adecuadamente (que xa comezamos a empregar na aula en sustitución das cadeiras) Esta interesante sesión foi impartida por Guillermo García e na que colaborou Rubén Silva. Moitas gracias aos dous pola vosa colaboración e por facer que a actividade resultase tan entretida. 

Agora... a aplicar estes coñecementos na aula para mellorar a nosa hixiene postural e coidar a espalda.