Saltar navegación.
Inicio

Compromiso do centro na realización de movilidades Erasmus+_Texto extraído do Proxecto Linguístico do centro.

  O IES García Barbón mantén unha aposta decidida pola internacionalización da nosa
tarefa educativa en dúas direccións que se complementan: por unha banda pretendemos
ampliar o horizonte vital e laboral do noso alumnado e por outra queremos que o noso
profesorado se implique neste tipo de actividades co fin de mellorar a súa práctica docente
diaria e adquirir unha visión más ampla da nosa profesión dentro do contexto europeo.
  Este doble eixe compleméntase coa aposta polo aumento da eficiencia lingüística en
inglés nestes dous colectivos da nosa comunidade educativa, xa que aprezamos carencias
neste campo que poden supoñer limitacións futuras, tanto nas expectativas laborais do noso
alumnado como na proxección profesional do profesorado.

AdxuntoTamaño
PROXECTO LINGÜÍSTICO-2014.pdf421.99 KB