Saltar navegación.
Inicio

Bitácoras

As actividades do IES García Barbón no Barrios do mes de xuño (2016)

O programa Erasmus+ KA1 en Finlandia para os alumnos de CAE e as Xornadas de Fabricación Mecánica son os temas recollidos no periódico dixital Barrios deste mes:

As novidades más visitadas do IES García Barbón en Facebook

O IES García Barbón trata de usar as novas tencologías para que cada unha das as súas noticias e actividades e así achegalas a todos. Proba diso é a súa conta de Facebook, para mostra un botón

Avaliación da satisfacción do alumnado de Formación Profesional (maio 2016)

Do mesmo xeito que en Bacharelato, tamén están aquí os resultados das valoracións dos nosos alumnos de Formación Profesional. Todas estas valoracións dinnos por onde podemos mellorar e reforzan aquelas que están ben consideradas. 

Avaliación da satisfacción do alumnado de Bacharelato (maio 2016)

Porque a opinión dos nosos alumnos é moi importante: fainos mellorar e que eles mesmos dean a coñecelas realidades do noso instituto. Estas son os resultados das valoracións dos alumnos de Bacharelato:

Clausura do XVI Congreso de Fabricación Mecánica "Enfamec" no IES García Barbón

Pechouse o XVI Congreso de Fabricación Mecánica "Enfamec" que tivo lugar o venres 10 e sábado 11 no IES García Barbón. Foi un éxito e todo un acontecemento. Para mostra, así o recolle a web do Concello de Verín: "Durante os días 10 e 11 de xuño, 70 profesores de fabricación mecánica de toda Galicia participaron no XVI Congreso de ENFAMEC que se celebrou, por primeira vez, no IES García Barbón de Verín coa finalidade de crear un lugar de encontro entre docentes do sector e as institucións no que intercambiar experiencias, e ampliar coñecementos desta especialidade formativa." Se queres ler o resto do artigo, preme na ligazón seguinte:

XVI Congreso de Fabricación Mecánica "Enfamec" na web do Concello de Verín 

  

O Programa Erasmus+ KA1 (2016) en Finlandia para CAE do IES García Barbón

O IES García Barbón foi elixido no Programa Erasmus+ KA1 (2016) para levar adiante un Proxecto de Formación “European Healthcare Alliances” con alumnado e profesorado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría en Finlandia.

 

 

O congreso de Fabricación Mecánica que se celebra no IES García Barbón, no xornal "La Región"

(Preme na imaxe para ir a nove na web)

O xornal La región de Ourense informa de que "O IES García Barbón acollerá un Congreso de Fabricación Mecánica os días 10 e 11 de xuño de 2016". Se premes na imaxe poderás velo na páxina web deste xornal.

Actividades de información e orientación académica

Ofrecemos unha coidada selección de recursos de información e orientación académica. As actividades propostas refírense ás seguintes cuestións:-Hábitos e técnicas de estudo: avaliación e recomedacións serias, específicas e audiovisuais.-Oferta de estudos universitarios de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.-Vídeos explicativos do conxunto da oferta de estudos de Formación Profesional.-Información detallada e audiovisual dos distintos graos universitarios.-Programa Informático Orienta 2015-16.

Facendo Ciencia en Galego

Ó longo desta 3ª avaliación, os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato levaron a cabo diversas investigacións científicas, todas elas, iso si, en galego, contribuíndo deste xeito á normalización do noso idioma neste ámbito. Despois de moito pescudar,  quixeron compartillar con nós as conclusións ás que chegaron estes novos, pero prometedores científicos, e por iso deixámosvos os vídeos que elaboraron. Desexamos que aprendades moito véndoos!!! 

Distribuir contido