Bitácoras
Curso Capacitación Dixital no IES García Barbón
Enviado por admin o Mar, 30/04/2024 - 15:20
No IES García Barbón continúase coa impartición, gratuita, dos cursos sobre Competencias dixitais básicas, destinado a persoas sen formación dixital previa, e que non estén a cursar ensinanzas regradas neste curso académico 23/24. O obxectivo é formar ós participantes en aspectos básicos da vida cotiá como poden ser enviar un correo electrónico, pedir unha cita na páxina do Sergas, ler un xornal dixital...
O curso terá unha duración de 30 horas lectivas, que se levarán a cabo nas datas comprendidas entre o 13 e o 27 de maio, ambos incluídos, en sesións diarias de 16:00-19:00 horas, nas instalacións do centro.
Todas as persoas interesadas en realizar dita formación deberán pasar polo centro a cubrir o formulario de matrícula.
Para máis información presencialmente no centro en horario de 9:00-14:00, ou ben no teléfono 988685085.
Axudas para estudantes con necesidade específica de apoio educativo (acneae) 2024-2025
Enviado por dveiga o Xov, 25/04/2024 - 09:55Guía Ti Elixes! 2024
Enviado por dveiga o Xov, 18/04/2024 - 09:49Presentación de O LIBRO DAS MARAVILLAS (Maite Jiménez)
Enviado por dveiga o Mar, 16/04/2024 - 12:22Bolsas do MEFP para o curso 2024/2025
Enviado por dveiga o Mar, 19/03/2024 - 10:24
· Prazo de solicitudes para o curso 2024/25: do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024.
·
Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
Cumprimentar a túa solicitude paso a paso
Teléfono de información sobre bolsas e axudas (Ourense)
Encontros Virtuais na Zona USC 2024
Enviado por dveiga o Xov, 14/03/2024 - 10:27Encontros Virtuais na Zona USC
Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...
Este curso 2023-2024 os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo. Os mesmos teñen como obxectivo dar a coñecer as titulacións e servizos que oferta a USC, están dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior.
Encontros virtuais: Oficina de Información Universitaria
Encontros virtuais: Proceso de Preinscrición e Matrícula nas Universidades de Galicia
Bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España
Enviado por dveiga o Ven, 16/02/2024 - 10:48Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2024
Enviado por dveiga o Ven, 16/02/2024 - 10:28Avaliación da satisfacción dos estudantes de Bacharelato 2024
Enviado por dveiga o Xov, 08/02/2024 - 14:09Gráfica Bacharelato 2024 by dveiga
Datos Bacharelato 2024 by dveiga
Avaliación da satisfacción dos estudantes de Bacharelato 2023 |
Avaliación da satisfacción dos estudantes de Bacharelato 2022 |
Avaliación da satisfacción dos estudantes de Bacharelato 2019 |
Máis información:
Avaliación da satisfacción dos estudantes de Formación Profesional 2024
Enviado por dveiga o Xov, 08/02/2024 - 14:07Gráfica Formación Profesion... by dveiga
Datos Formación Profesional... by dveiga
Avaliación da satisfacción dos estudantes de Bacharelato 2023 |
Avaliación da satisfacción dos estudantes de Bacharelato 2022 |
Avaliación da satisfacción dos estudantes de Bacharelato 2019 |
Máis información:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »