Saltar navegación.
Inicio

bitácorea de admin

Excursión a Madrid de 2º CM de Electromecánica de Vehículos Automóbiles

Viaxe didáctica realizada polo departamento de automoción a Madrid os pasados días 15 e 16 de marzo de 6 alumnos de 2º CM de Electromecánica de Vehículos Automóbiles acompañados polos profesores José Luís Sampedro e Carlos Alberca. A excursión realizouse conxuntamente co IES Val do Asma de Chantada(Lugo).

As actividades que se realizaron foron as seguintes:

-O día 15 pola tarde visita á Feira Motortec no recinto ferial de IFEMA. Alí poderon ver a exposición de maquinaria, utillaxe e compoñentes do automóbil, maquinaria pesada e estacións de servizo. Tratase dunha exposición bastante grande xa que constaba de 9 pavillóns.

-O día 16 pola mañá, a visita foi ao Museo do Exército do Aire en Catro Ventos. Xa pola tarde, visitouse á Academia Drivex onde se forman mecánicos de competición e se preparan coches de competición.

Alumnos do IES Gracía Barbón en Inditex en A Coruña

 Os alumnos do ciclo medio de Mantemento Electromecánico e de Economía de 2º de Bacharelato achegaronse a Coruña para visitar as instalacións de Inditex e coñecer de primeira man os procesos productivos e tecnolóxicos da compañia textil máis importante a nivel mundial.

O Clube de Lectura con Antón Riveiro Coello

O pasado venres 10 de Marzo o Clube de Lectura de Bac e Ciclos do IES García Barbón, asistiu a unha tertulia co autor de "A ferida do vento", Antón Riveiro Coello, no Museo da Limia en Xinzo. Conversamos sobre a súa última novela, sobre a figura de Carlos Casares, o homenaxeado este ano nas Letras Galegas, e descubrimos os trucos que a ficción pode ter...Únete ó Clube e saberalos ti tamén!

AQUÍ E AGORA: Obradoiro de poesía con Xabier Xil Xardón

Obradoiro de escrita poética con Xabier Xil Xardón realizado o 6 de marzo.O alumnado reflexionou sobre a escrita, a creación e achegouse á linguaxe poética da man de Xabier Xardón, poeta actual.

Día do Cigarrón no Barbón

O mércores 22 visitounos Álvaro Ferreira e deunos unha charla moi interesante sobre o mundo do Cigarrón.Foi vestindo a dous Cigarróns alumnos do centro e describíndonos as partes do traxe.  Moitas grazas a Álvaro Ferreira, a Nelson, a Álvaro e Alejandro.

 

Éxito do I Concurso de Postres do Entroido do Barbón

O martes 21 celebramos o concurso de postres e foi todo un éxito. Os membros do xurado non pasaron fame, tivérono moi difícil para escoller o seu favorito. Todos os participantes foron premiados cunha das caretas de Cigarrón feitas polo noso alumnado da ESA.

 

Distribuir contido