![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios e profesores______________________________[Despregable]
2.º Bacharelato |
|||||||
Profesores/as | Programación | ||||||
Titora- A |
Inglés | ||||||
Historia de España | |||||||
Lingua castelá | |||||||
Micaela Rei | Lingua Galega | ||||||
Julio Otero |
Economía de empresa | ||||||
Tecnoloxía Industrial II |
Julio Otero | Fundamentos de administración e xestión |
Begoña Gómez | Métodos estatísticos e numéricos |
Olga Recio |
Francés |
Ofelia Lubián | Psicoloxía |
Olga Cabalar | Linguaxe e práctica musical |
Obradoiro de teatro | |
José Barcia | TIC II |
Manuel Vales | Relixión católica |
2ºBAC
Graduación de bacharelato. Promoción 2020-2022
Enviado por admin o Sáb, 21/05/2022 - 12:40A tarde do venres, 20 de maio, celebramos o acto de despedida da flamante promoción de bacharelato 2020-2022. Foi un acto emotivo para o alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
RECLAMACIÓNS, EXPEDICIÓN DE TÍTULO E MATRÍCULA NA ABAU
Enviado por admin o Mér, 18/05/2022 - 11:42Nesta entrada acharedes información sobre tres importantes aspectos a ter en conta unha vez superada a avaliación:
- Procedemento de reclamación das cualificacións
- Expedición do título de Bacharelato
- Matrícula na ABAU
PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS |
Ademais de solicitar unha revisión dagunha proba con explicacións do profesor/a, todas as cualificacións que consideres non axustadas a un dos seguintes supostos son reclamables: E ademais poderás facer constar as observacións que consideres oportunas para que sexan tidas en conta na reclamación. Tamén é moi importe o prazo:
A reclamación preséntase por rexistro de secretaría cun modelo de instancia ou o seguinte formulario.
Máis información: |
EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO |
En primeiro lugar, cómpre cubrir correctamento o impreso de pagamento das taxas:
As cantidades dos importes poden ser diferentes segundo a familia:
IMPORTANTE: o resgardo de aboamento na entidade bancaria, debidamente selado, débese entregar na oficina do instituto. |
MATRÍCULA NA ABAU |
TAXAS: Efectuar o pagamento na entidade bancaria. IMPRESO: Cubrir o impreso de matrícula do xeito máis claro e limpo posible. Impreso para pre-matrícula na ABAU (presentar no instituto) |
Protocolo ABAU 2022
Modelos de exame ABAU 2022
Horario das probas
Lugar
Comisión Delegada 1142
Escola Universitaria Politécnica. Campus de Serantes. Ferrol
Transporte:
O instituto ofrece autobús desde Ares e Mugardos só para o primeiro día (7 de xuño)
Circular 2: Familias 2.º bacharelato (Final de curso e ABAU)
Enviado por admin o Mar, 17/05/2022 - 17:29Graduación 2.º BACH.
Enviado por admin o Lun, 16/05/2022 - 11:36Acto de graduación de 2.º bacharelato
Promoción 20-22
LUGAR: pendente
HORA: pendente
VISITA A FORESTAL DEL ATLÁNTICO
Enviado por guillin o Mar, 19/04/2022 - 22:29Ás veces non somos realmente conscientes do que temos ao noso arredor e desde o punto de vista industrial é un pouco o que pasa en Mugardos. Forestal del Atlántico é unha empresa punteira dentro de Galicia e que despunta a nivel nacional. Podemos entrar no debate que sempre levan aparelladas este tipo de cousas e analizar os pros e as contras medioambientais, estéticas ou adxectivos varios. Pero o que é innegable e a cantidade que procesos físicos e químicos que se desenvolven nas súas instalacións e que están sometidos constantemente a un estricto sistema de control interno e externo para non saír nos xornáis por outros motivos que non sexan, por exemplo, por ser afortunada receptora dun proxecto a nivel europeo para financiar a produción de metanol por vías ecolóxicas (o chamado metanol verde), proxecto moi esperanzador de cara ao futuro. Se a isto lle engadimos que dispón dunha planta de coxeración de enerxía, dun laboratorio moi ben dotado para análise químico-físico, dunha parte dedicada á producción de colas moi importante na industria do taboleiro, outra que produce novolacas de uso en sanitarios (a empresa Roca é o principal destinatario), industria do automóbil...etc, que recepciona nas súas intalacións envíos marítimos como os de disolucións de sosa ao 50% da empresa Ercros e outros varios que se presten a empregar os seus pantaláns...non podíamos deixar de facer unha visita e comprobalo in situ.
Esta mañá, baixo a atencion exquisita de José Manuel Pena Salido, director do departamento de Seguridade, Medio Ambiente e Calidade e varios dos seus compañeiros ao longo de todas as instalacións, o alumnado de ciencias de 2º BAC do IES de Mugardos puido comprobar persoalmente todo o anteriormente mencionado. Parabéns a todos os responsables polas explicacións e o trato proporcionado e ao alumanado polo comportamento exemplar.
A partir de agora cando se fale de Forestal del Atlántico na súa presenza xa poden opinar con propiedade e fundamento, que diso se trataba.
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022
Enviado por admin o Dom, 06/02/2022 - 14:08
|
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 525 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia:
![]() Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
|
Recollida de alimentos non perecedeiros
Enviado por admin o Lun, 06/12/2021 - 21:30
DATAS: do 1 ata o 20 de decembro
LUGAR: entrada do IES de Mugardos
DESTINO: Cáritas
ENTREGA
Charla USC (2.º Bach.)
Enviado por admin o Sáb, 27/11/2021 - 00:14Charla informativa USC
14 de decembro
2.º Bacharelato
ENTREGA DE NOTAS (ESO, FPB, 1.º Bach.)
Enviado por admin o Ven, 26/11/2021 - 23:59Entrega dos boletíns de notas
- Alumnado: titores/as
- Publicación ABALAR: 16:00 horas
Miniprogramación FÍSICA 2ºBAC 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 22:31Aquí tedes a programación didáctica da materia de Física de 2ºBAC resumida, facendo fincapé nos contidos a impartir e no xeito de cualificar os distintos aspectos avaliables.
Miniprogramación QUÍMICA 2ºBAC 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 22:30Aquí tedes a programación didáctica da materia de Química de 2ºBAC resumida, facendo fincapé nos contidos a impartir e no xeito de cualificar os distintos aspectos avaliables.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
