![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Graduación de 2.º Bacharelato
Enviado por admin o Sáb, 22/05/2021 - 19:54
Este venres, 21 de maio, celebramos a despedida de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2019-2021. O propio alumnado organizou o acto cos tradicionais discursos e visionado das imaxes do seu paso polo centro. Entre outras contou coa intervención dos profesores titores Telmo de Paz e Miguel Gil. Salientamos a mención da matrícula de honra á alumna Sara Rodríguez Vilaboa.
Foi sen dúbida un ano duro. Co esforzo e mais a fortaleza da súa mocidade, o apoio das familias e do profesorado, esta promoción puido sacar o curso adiante.
Moita sorte, bachareis. Parabéns!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2bacharelato.png | 12.09 MB |