Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

Entroido 2016 no IES David Buján

Aquí tedes as fotos do Entroido. Proximamente subiremos o vídeo da festa. Parabéns ao alumnado e ao profesorado pola súa imaxinativa participación. Ata o ano que ven.

Entroido 2016

Orgullosos do noso alumnado

Parabéns a toda a Comunidade educativa do IES David Buján que fixo posible esta actividade solidaria, Pedalando pola paz. Aquí tedes a foto destes rapaces e rapazas que poden sentirse orgullosos pola súa implicación nesta actividade. Os cartos recadados e que aparecen recollidos nese cheque simbólico, van ser ingresados na conta facilitada por ACNUR. Déixovos aquí o enlace á carta de agradecemento enviada por esta ONG.

Pedalando pola Paz

Dentro das iniciativas solidarias que traballamos no IES David Buján, hoxe presentamos a nosa “pedalada solidaria”. Unha iniciativa que pretende concienciar ao alumnado do problema dos refuxiados en zonas de guerra, así como fomentar o sentir solidario e o traballo cooperativo na Comunidade educativa. No seguinte enlace tedes a información sobre esta actividade que remata o vindeiro 29 de xaneiro.

 

t

25 anos

logo_25_web

Este curso 2015-2016, o IES David Buján cumpre 25 anos. A nosa celebración comeza coa presentación dun logo conmemorativo deseñado pola nosa compañeira de debuxo, Silvia Fernández. O lema que o acompaña -25 anos abrindo camiños- é o resultado do traballo cooperativo do alumnado e do profesorado.


Ao longo deste ano afondaremos no significado dese lema, mostrando ao noso alumnado novas vías de coñecemento, espertando ilusións e, sobre todo, traballando todos xuntos o valor da cooperación e da solidariedade.

O pasado 26 de novembro, o IES David Buján festexou o inicio do seu 25 aniversario. Aquí tedes un recordo fotográfico desta entrañable festa. Tamén podedes visualizar as páxinas dun libro -recordo no que atoparedes as vivencias e os proxectos de moitas persoas ligadas a este centro ao longo destes 25 anos-.

Acto inaugural 25º aniversario

 

Aquí tedes a ligazón ás distintas actividades e celebracións que temos previstas, arredor desta conmemoración. Para calquera suxestión que queirades facer, podedes utilizar o seguinte enderezo: 25anosabrindocaminhos@gmail.com

25 anos do IES David Buján

Este ano conmemoramos os 25 anos do IES David Buján. Con motivo desta celebración:logo 25

  • O profesorado e o alumnado traballaron na elección dun lema que recolle o que foi este percorrido e o que pretendemos cara o futuro: 25 anos abrindo camiños. Este lema vai incorporado no logo conmemorativo deseñado por Silvia Fernández, a nosa compañeira de Educación Plástica. O logo e o lema anexo estarán presentes en distintos lugares do instituto e acompañarán todos os eventos relacionados co 25 aniversario.
  • O día 26 de novembro faremos un acto inicial no que estará representado o pasado e o presente do IES David Buján, así como representantes municipais e membros da inspección educativa. Ao longo deste acto poderemos escoitar as palabras da actual directora do centro, María Mosquera Castro, así como as intervencións de antigos directores, ex alumnos e representantes municipais; así como actuacións musicais do alumnado. Ao final, teremos un pequeno ágape. Este mesmo día, inauguraremos unha exposición sobre obxectos de hai 25 anos, aportados por toda a comunidade educativa. Grazas á colaboración do profesorado, faremos pública unha orla na que figurará todo o alumnado que conviviu  no centro durante estes 25 anos.
  • En datas sen determinar, faremos un encontro entre o alumnado do centro e exalumnos que acadaron algunha relevancia social.
  • Cara ao final de curso, temos pensado facer unha gran festa na que invitaremos a participar a todas as persoas que estiveron ligadas a este centro ao longo destes anos.
  • É moi importante sinalar que este 25 aniversario non pretende ser unicamente unha celebración, senón que o IES David Buján vai procurar –coa implicación de toda a comunidade educativa- ser un modelo de acción solidaria. Así, aos proxectos que xa temos en marcha (Plan Proxecta: Rede de centros solidarios; Mulleres colleiteiras ou colaboración cunha ONG) ao longo do ano queremos sumar:
  • Plan proxecta: Correspondente xuvenís 3.0.
  • Carreira solidaria.
  • Teatro solidario.
  • Actividade de recollida de móbiles dentro do proxecto: Salvemos  a selva.
  • Colaboración  coa Concellería de Asuntos Sociais de Cambre e coa oficina do Voluntariado.
  • Queremos destacar a implicación da corporación municipal de Cambre neste evento, ofrecendo a súa colaboración nas distintas necesidades que puideramos ter.
Distribuir contido


by Dr. Radut